lunes, 24 de noviembre de 2025

Lectura e Familias: 25N #NonCales

 Lectura do cartaz de Bea Lema en familia e elaboración dunha pancarta onde, xogando coa pintura invisible, quixemos resaltar a importacia de pedir axuda e non quedar en silencio. 

#NONCALES





Conmemoramos o 25 N sacando a mensaxe oculta na entrada da escola coa participación das familias, e na BiblioBn unha lectura de POESÍA EXOPRESS.





domingo, 23 de noviembre de 2025

ENCONTRO: Día da Música

 O MAGNETÓFONO DO AVÓ MANUEL


Unha viaxe ao pasado na nosa máquina do tempo para conmemorar o día da música.

Descubrimos e escoitamos música gravada en vinilos, casetes ou CD, e como non no MAGNEFÓFONO do avó de Estefanía.

Ademaís bailamos ao son da armónica, das cunchas e cantamos a nosa canción  A MÁQUINA DO TEMPO.








miércoles, 19 de noviembre de 2025

CUÑAS 3D

Fixemos cuñas coa impresora 3D para replicar a escritura cuneiforme en tabliñas de arxila.








lunes, 17 de noviembre de 2025

Tardes de Biblio en Familia: O Ourizo

 Este luns con motivo do Magosto desfrutamos dunha poesía en familia de Manuel María, recollida no Álbum “Soños na gaiola”


Despois puidemos ler contos relacionados co outono e máis deixar voar a nosa creatividade coas follas ollando  un libro creativo da nosa BiblioBN

viernes, 14 de noviembre de 2025

MAGOSTO 2025

Hoxe celebramos o Magosto na escola, onde non faltaron as nosas familias, os xogos de tradición, a degustación de castañas e unha boa fouliada.

Moitas grazas a ANPA pola axuda e colaboración, a Paula, mestra en prácticas polo achegamento a cultura galega, e a todas as familias pola participación no día de hoxe.