domingo, 28 de mayo de 2023

Colaboración intercentros: deseño e impresión 3D “Torre de Hércules”

Desseñamos e imprimimos torres de hércules en forma de moldes para pasta de modelar coa que farán os agasallos de fin de curso

 

Martes Poesía-Express: Bechopoemas

Este martes desfrutamos do poema “O Grilo”, de Bechopoemas, de Leire Bilbao, a través dun teatriño de sombras. Rematamos coa canción “O grilo e a rá” de Fol do vento.


Mes das Letras: Nai de Noa

A Nai de Noa leunos “Boas noites a todos” de nubeocho ediciones
Case quedamos tod@s a durmir!
Grazas familias por compartir a lectura connosco!




 

 

miércoles, 17 de mayo de 2023

Semana das letras Galegas: As cousas de Don Paco

 Así foi a Semana das Letras Galegas levada a cabo polo noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega 

Para comezar a xornada do martes contamos coa visita do noso Don Paco particular quen nos agasallou cunha fermosa poesía express de Manuel María titulada "Galicia".

A continuación, fomos subindo á biblioBN en equipos mixtos para descubrir "As cousas de Don Paco", as cales estaban agochadas en 5 caixas coas súas respectivas adiviñas. Os nenos e nenas maiores foron lendo as adiviñas e, entre todos, tentamos descifrar o obxecto escondido.

Unha vez resolto o acertixo, explicamos a historia de cada obxecto (lapis, reloxo, lupa, máquina de escribir e cámara fotográfica) e a importancia do mesmo na vida de Don Paco.




Como agasallo por ter superado este reto, conseguimos as lentes de Don Paco e fixemos unhas fotos con elas para levalas para casa como recordo deste día tan especial.



Para facer esta actividade baseámonos na obra teatral creada por Eva Mejuto e ilustrada por Lucía Cobo para a Real Academia Galega en  primaveradasletras.gal

lunes, 15 de mayo de 2023

Mes das letras: Pai de Alejandro

Hoxe, o papá de Ale, visitou a nosa biblio para seguir festexando o mes das letras, e de que mellor xeito que cun conto en galego “Unha cor propia”
Grazas Familia!

 

viernes, 12 de mayo de 2023

Tardes de biblio en familia: Sonia Hermida

 Este luns contaremos coa presenza de Sonia Hermida, narradora oral e periodista especializada en educación y crianza. 


Coma ela ben di “ Me gustaría pensar que la poesía puede cambiarnos y que la inclusión acabará siendo una realidad en el siglo XXI. Por si acaso, mientras tanto, les leo poemas a mis hijos y lleno las trincheras de la diversidad de libros y cojines desde los que observar las estrellas.”





Venres de encurtas: Phao

miércoles, 10 de mayo de 2023

Mes das letras: Nai de Leo

A Nai de Leo leu “Once damas atrevidas” de Kalandraka
Grazas Romina por vir a ler a nosa biblio e formar da nosa escola



 

 

Mes das letras: Yaya de Brayan

 A yaya viu a nosa biblio a ler en galego polo mes das letras

Grazas Isa por participar sempre das actividades da nosa biblio




martes, 9 de mayo de 2023

miércoles, 3 de mayo de 2023

Mes do libro en Familia: Manu e a súa Nai

Hoxe Carolina, nai de Manu, contóunos “Te quiero (casi siempre)” de Ana Llenas.
Fabuloso conto en Pop-up sobre as emocións e sentimentos 
Grazas familia por ser parte da nosa Escola!

 

martes, 2 de mayo de 2023

Poesía-Express: Quebracabezas

“Máis aínda que sexamos tantos e parezamos tan distintos, hai algo en que todos somos iguais: 
TODOS SOMOS DIFERNTES”