Este venres apareceu unha sorpresa no cole, a profe Lucía agasallounos ca árbore do amor “Cercis siliquamstrum”
E con ela recitounos unha fermosa poesía
“Cuando estoy entre los árboles”
Este venres apareceu unha sorpresa no cole, a profe Lucía agasallounos ca árbore do amor “Cercis siliquamstrum”
E con ela recitounos unha fermosa poesía
“Cuando estoy entre los árboles”
Esta semana, con motivo do 8M a profe Lucía leunos o libro en verso Feminist Baby, sobre a importancia de que os nenos e nenas sexamos libres para decidir os nosos xogos e vestiario, alén dos estereotipos de xénero prefixados.
Para rematar bailamos e puidemos xogar con coches, bonecas, instrumentos e disfraces libremente.
Hoxe celebramos o día de Rosalía coa poesía "Caldo de Gloria", para honrar a poetisa e novelista Rosalía de Castro.
A Fundación Rosalía de Castro puxo en marcha a iniciativa "Caldo de Gloria", inspirada no poema "Miña casiña, meu lar", na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a supervivencia a que se tiña que afrontar acotío.
Así na BiblioBn fixemos tamén un caldo de gloria, cos ingredientes do poema. Logo, nas aulas, rematouse a xornada cun traballo de escritura de palabras significativas.
Este curso festexamos a diversidade con música, unha linguaxe universal que nos conecta, inclúe e une. Diso fálanos o poema desta semana.
Lectura do cartaz de Bea Lema en familia e elaboración dunha pancarta onde, xogando coa pintura invisible, quixemos resaltar a importacia de pedir axuda e non quedar en silencio.
#NONCALES
Houbo un tempo en que as mulleres foron sombras na escritura.
Como dixo Virginia Woolf "Durante a maior parte da Historia, Anónimo era unha muller”.
Para todas elas vai a representación desta Poesía Express dunha grande escritora con nome e apelidos: Rosalía de Castro.E para rematar co cole un poema que nos fala do derradeiro mes do curso, extraído do libro "Versos del Tiempo" da Ed.SM.
Reivindicamos alto e forte o ecoloxismo coa letra da canción "Ecoloxista" de Pablo Díaz, extraída do libro musical "TOC TOC" da Ed. Galaxia.
Festexamos o Día de Rosalía (23 de febreiro) coa lectura dun poema extraído do libro "Paseniño, paseniño" de Antonio García Teijeiro no que homenaxea a Rosalía de Castro.
Letras e rosas realizadas coa impresora de corte e extraídas do cartel da Fundación Rosalía de Castro.
Empregamos as rosas para estampalas e engadilas ao mural colectivo.
Todo o proceso foi recollido nun Stopmotion que será visionado este Venres de EnCurta.
Como colofón deste día, levamos de agasallo os medallóns elaborados no Obradoiro de Flores Silvestres.