Mostrando entradas con la etiqueta prensa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta prensa. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de noviembre de 2022

TRABALLAMOS COA PRENSA

BUSCAMOS A DATA E O TEMPO NO PERIÓDICO.

FACEMOS UNHA LECTURA RÁPIDA DAS IMAXES DAS NOTICIAS PARA LER AQUELAS QUE MÁIS NOS CHAMEN A ATENCIÓN.

CANDO ALGUNHA DESAS NOTICIAS ESTÁ RELACIONADA CO PROXECTO OU ASPECTOS QUE TRABALLAMOS NA AULA, RECORTAMOS A NOTICIA E REXISTRÁMOLA NA NOSA LIBRETA.



NESTA OCASIÓN, SELECCIONAMOS UNHA DAS VIÑETAS DO PERIODICO QUE FACÍA ALUSIÓN AO TERMO "ONE HEALTH/UNHA ÚNICA SAÚDE" RELACIONADO CON ESAS PEGADAS QUE DEIXAMOS NO PLANETA E OS ODS 2030.








miércoles, 10 de noviembre de 2021

Reto #barrionautasEastronovos: Hubble

UNHA FOTO MISTERIOSA APARECE NA CLASE, QUE PODE SER? SEGURO FOI BARRI
PENSAMOS, FALAMOS, OBSERVAMOS... ATA QUE ALGUÉN DI... "ESO LO VIMOS EN UN LIBRO DE LOS DE INFORMACIÓN!!"
POIS SÍ ESE ERA, O TELESCOPIO HUBBLE, QUE VIÑA ACOMPAÑADO DUNHA NOTICIA QUE DESPOIS TRABALLAMOS NA CLASE

FALAMOS DO TELESCOPIO, PARA QUE SERVIRÍA, ONDE ESTABA... E POR SUPOSTO DA NOTICIA QUE DESPOIS DEBUXAMOS E REESCRIBIMOS PENSANDO O NOSO PROPIO TITULAR




 

miércoles, 11 de marzo de 2020

Poesía-Express: Once Damas atrevidas

Esta semana a poesía express versa sobre mulleres, mulleres atrevidas como as do conto de kalandraka, de Oli e Helle Thomassen.
Unha conta atrás divertida a deste conto rimado, estades preparad@s!...

Despois recordamos que estamos na semana da prensa e aproveitamos para ver diferentes seccións do xornal e máis recordar onde temos o noso recuncho da Hemeroteca.




jueves, 14 de marzo de 2019

Encontros BN: Plan de xestión de residuos

Hoxe tivo lugar no centro un obradoiro no que aprendimos un pouco máis da xestión de residuos.
Dende o concello viñeron a contarnos en qué consiste o seu plan de xestión, e a presentarnos os novos contedores instalados en todo Arteixo.

Falamos da necesidade de reciclar e cómo debemos facelo.

Por último puxemos en marcha o aprendido botando cada cousa no colector correspondente.
Despois, xa nas aulas, aproveitaremos para traballar unha recente noticia do xornal que fai referencia a instalación deste novo sistema de xestión e que foi a noticia destacada no noso novo recuncho da Hemeroteca.

domingo, 27 de enero de 2019

Buzón das suxerencias: Hemeroteca na BiblioBn!

Tódolos días recibimos o periódico na escola e na clase aproveitamos para ver a data, o tempo e se hai algunha noticia interesante que estea relacionada co noso proxecto. Pero un día surdiu unha idea... e se houbese un recuncho na bibliobn para que tod@s poidamos consultalo en calquera momento?
 Despois duns días tivemos resposta
E uns días máis tarde... apareceu esto na biblioteca
 Rápido pensamos que sería para o periódico e contamos a idea aos nosos compañeir@s


Agora só queda...buscarlle un recuncho