Mostrando entradas con la etiqueta poesías diversas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesías diversas. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de febrero de 2026

POESÍA EXPRESS: CALDO DE GLORIA

Hoxe celebramos o día de Rosalía coa poesía "Caldo de Gloria", para honrar a poetisa e novelista Rosalía de Castro. 

A Fundación Rosalía de Castro puxo en marcha a iniciativa "Caldo de Gloria", inspirada no poema "Miña casiña, meu lar", na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a supervivencia a que se tiña que afrontar acotío.



Así na BiblioBn fixemos tamén un caldo de gloria, cos ingredientes do poema. Logo, nas aulas, rematouse a xornada cun traballo de escritura de palabras significativas.



martes, 2 de diciembre de 2025

Poesía Express: Notas musicais

Este curso festexamos a diversidade con música, unha linguaxe universal que nos conecta, inclúe e une. Diso fálanos o poema desta semana.







                        




miércoles, 15 de octubre de 2025

martes, 14 de octubre de 2025

Poesía Express: Negra Sombra

Houbo un tempo en que as mulleres foron sombras na escritura. 

Como dixo Virginia Woolf "Durante a maior parte da Historia, Anónimo era unha muller”.

Para todas elas vai a representación desta Poesía Express dunha grande escritora con nome e apelidos: Rosalía de Castro.




martes, 25 de febrero de 2025

Tarde de Biblio: Rosas para Rosalía

Repasamos a vida e obra de Rosalía co libro "Rosalía de Castro. Unha vida feita poema" de Ed. Cumio.



Despois e coa axuda das familias fixemos rosas con papel, gomas e limpiapipas.

As nosas rosas para Rosalía!!!!

lunes, 24 de febrero de 2025

Día de Rosalía 25

Festexamos o Día de Rosalía (23 de febreiro) coa lectura dun poema extraído do libro "Paseniño, paseniño" de Antonio García Teijeiro no que homenaxea a Rosalía de Castro.

Letras e rosas realizadas coa impresora de corte e extraídas do cartel da Fundación Rosalía de Castro.

Empregamos as rosas para estampalas e engadilas ao mural colectivo.

Todo o proceso foi recollido nun Stopmotion que será visionado este Venres de EnCurta.

Como colofón deste día, levamos de agasallo os medallóns elaborados no Obradoiro de Flores Silvestres.