Mostrando entradas con la etiqueta Arteixo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arteixo. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de abril de 2023

Visita á Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande”

Visitamos a biblio de Pastoriza para escoitar un marabilloso conto
 Á saída agasalláronnos cun conto para cada un, contos en bo estado que están a expurgar

Se queres enterarte de todas as actividades podes facelo por whatsapp, toda a información na biblio Miguel Sande
Ademáis tódolos mércores pola tarde contacontos en familia.
Anímate!


viernes, 24 de marzo de 2023

Versos no bosque: Día dos bosques e a poesía

 Para conmemorar o Día mundial da poesía e dos bosques realizamos un precioso percorrido polo paseo fluvial de Arteixo no que descubrimos diferentes especies de Flora e Fauna.
Nas diferentes paradas aproveitamos para recitar poemas relacionados coa natureza extraídos de diferentes poemarios da nosa biblioteca, entre eles “Versos no bosque”, “Os soños na gaiola”...
Tamén reflexionamos sobre a necesidade de cuidalo e protexelo.
Esta saída foi ofertada polo Concello dentro do programa Educatízate.


jueves, 16 de febrero de 2023

Obradoiro Textil

Esta semana desfrutamos dun marabilloso Obradoiro Textil da man do Concello de Arteixo


 

 

miércoles, 20 de junio de 2018

Visita das Escolas Deportivas do Pastoriza

Hoxe recibimos a visita de Pablo Mariño, das escolas do Pastoriza para falarnos das súas actividades e da importancia do deporte e da lectura para manter unha mente sana nun corpo sano.




sábado, 11 de marzo de 2017

Encontro en Igualdade


Resultado de imagen de cim arteixo igualdade

Un curso máis, o alumnado de 6º participa dos talleres de igualdade do CIM. Traballamos a través dun conto e as actividades posteriores:



domingo, 10 de abril de 2016

martes, 13 de octubre de 2015

Acción Poética XXV


Muíños, Muiñadas e Muiñeiras : XVI Feira Histórica



Falamos do que vemos na imaxe ...




Vemos, no almanaque que o Concello editou no 2014 sobre os oficios tradicionais, a un muiñeiro e sabemos do seu traballo:



Escoitamos :"Unha noite no muíño ..."



Traballamos nas aulas .
3 anos


4 anos :


5 anos :






sábado, 30 de mayo de 2015

III Concurso de Maios :"Pastoriza 101 Nomes"

Hoxe participamos no III Concurso de Maios do Concello, como en anos anteriores o tema reflectía o noso proxecto anual.
Escollemos o lugar de Pastoriza máis significativo para nós : a escola e participamos no modalidade artística.




martes, 3 de marzo de 2015

A Muller nas Rúas de Pastoriza

Este é o tríptico, elaborado coa información buscada polo alumnado de 5º e 6º de Infantil , sobre as mulleres que dan nome ás rúas de Pastoriza.
Como vimos que son poucas o alumnado de 6º escribiu unha carta ao Alcalde solicitando unha nova rúa con nome de muller.





  Mostrando ruas mulleres.jpg


martes, 3 de febrero de 2015

Carta ao Alcalde

O alumnado de 5 anos ven de remitirlle ao Sr.Alcalde de Arteixo unha petición para nomear a unha rúa de Pastoriza "Rúa Ángeles Alvariño" en lembranza desta científica galega.


viernes, 16 de enero de 2015

Traballando en Igualdade : "Rosa Caramelo"

Onte, o alumnado de 6º de E.I. participou nun Taller de Igualdade organizado polo CIM.
A actividade desenvolveuse arredor do conto: Rosa Caramelo.




martes, 13 de enero de 2015

Presentación Calendario 2015

Presentamos o calendario 2015 de noso Concello, no que se adica un mes a cada parroquia.
Nós temos adxudicado o mes de novembro.
Este material pasa a integrar os fondos do proxecto deste curso : "Pastoriza : 101 Nomes"






jueves, 8 de enero de 2015

Memorias de Arteixo

Unha web para achegarnos á memoria do noso Concello.