Mostrando entradas con la etiqueta pedagoxias activas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pedagoxias activas. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de mayo de 2026

ÁMBITO CIENTÍFICO FEDELLEIRO 3*TRIMESTRE

 NO ÁMBITO CIENTÍFICO ESTE TRIMESTRE ESTAMOS A TRABALLAR AO REDOR DA ESPIRAL COMA PATRÓN QUE SE REPITE DA NATUREZA. COÑECEMOS E INVESTIGAMOS ALGÚNS COMA: GALAXIAS, TORNADOS, ANIMAIS, PLANTAS…

PARA ISTO CONTAMOS COAS SEGUINTES PROPOSTAS:

- ESPELLO E PEDRAS VARIADAS: onde podemos reproducir a forma seguindo diferentes consignas

- LUZ NEGRA: Debuxamos aspectos investigados nun soporte diferente e ambientado na luz negra


- ESPAZO CREATIVO: Este espazo foi evolucionando, partindo da espiral de Calder, representamos, exploramos diferentes ténicas plásticas, facemos pequenos experimentos científicos… E coma remate final construiremos a nosa espiral que recolla o traballado no PDI anual.



- Minimundos con luces e sombras


- Recuncho de investigación: A partir dun panel visual escollemos diferentes animais, fenómenos… para investigar 


- Manipulación e clasificación: de cunchas según a forma. Este Recuncho evolucionou dende a manipulación e clasificación nos orbits ata un espazo de clasificación medioambiental en area.


- Mesa de luz: reproducción e creación de diferentes patróns con materiais translúcidos.


- Impresión 3d e Xogos en inglés: Recuncho que non é permanente no que están a reproducir co lápiz 3d o engranaxe que da significado ao noso PDI. E cando contamos no ambiente coa auxiliar de conversa esta leva a cabo xogos en inglés.


ÁMBITO DE LÓXICA E ARQUITECTURA

Neste último trimestre, no ámbito de Lóxica e Arquitectura, contamos coas seguintes propostas:

-Construción con pezas Meli Stick


-Bandexas con propostas de lóxica 


-Parchís

-Gran construción


-Crebacabezas en parella


-Xogos cooperativos


-Modelado con plastilina

lunes, 18 de mayo de 2026

Ámbito ARTE e LETRAS

Algunhas das propostas:


 Facemos a vidrieira chea de de as "!FLORES! de Herve Tulet.






Descubrimos o mundo dos COMICs ( banda deseñada) e as súas particularidades: VIÑETAS e BOCADILLOS...
Lemos e inventamos pequenas historias.






Traballamos con xiz e auga trazos e direccionalidade da man como "entrenamento" para o control da psicomotricidade fina, e adaptándoo a cada nivel madurativo.