lunes, 18 de mayo de 2026
No mes das letras… As familias contan EN GALEGO!
sábado, 31 de mayo de 2025
domingo, 18 de mayo de 2025
Encontros BN: Celebrando as letras con Ana Edreira
Hoxe na biblioBN conmemoramos o Día das Letras Galegas co obradoiro "As cantareiras" a cargo de Ana Edreira, directora das pandereteiras de Xacarandaina e nai dun antiguo alumno da nosa escola.
lunes, 3 de junio de 2024
As familias contan: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
domingo, 19 de mayo de 2024
LETRAS GALEGAS 24: ALMA DE VIOLINO
O xoves día 16 conmemoramos o Día das Letras Galegas con diferentes actividades.
Recibimos na biblioBN a Alma, compañeira de Luísa Villalta, quen saíu do violino para contarnos moitas cousiñas da vida da autora homenaxeada.
Baseámonos no libro "Alma de violino" de Beatriz Maceda e Eli Ríos.
Despois empregamos a nosas palabras favoritas en lingua galega, elixidas na casa coas nosas familias, para completar o mural co skyline da cidade de A Coruña e os seus monumentos máis relevantes.
Por outra banda, nas aulas tamén traballamos con estas palabras para facer creacións poéticas como a que podedes ver no seguinte vídeo.
Para finalizar o día, levamos para casa unha lingua feita coa impresora 3D e un código QR que enlaza á páxina do blogue do EDLG na que se atopa o repositorio de todas as cantigas en lingua galega empregadas nos calendarios deste curso.
http://barrionovofalagalego.blogspot.com/p/barrionovo-canta-en-galego.html
viernes, 17 de mayo de 2024
martes, 14 de mayo de 2024
Martes Poesía Express: Obelisco
Na semana das letras representamos o poema "Obelisco" de Luísa Villalta xogando coas luces e as sombras ao compoñer o skyline da Coruña.
lunes, 13 de mayo de 2024
Encontros BN en familia: Ana Edreira
Hoxe, para inaugurar o Mes das letras, contamos con Ana Edreira, intérprete da canción “Isto é Pastoriza”, escrita por Pablo Mariño. Os dous familias de alumn@s e exalumn@s da nosa escola.
Pero antes da esperada canción quentamos motores coa profe Lara, a súa música e instrumentos tradicionais.
Despois, xa con Ana cantamos a canción de Pastoriza, que estamos a traballar neste mes das Letras.
MOITÍSIMAS GRAZAS ANA E MARTÍN
por adicarnos o voso tempo e agasallarnos coa voz e o acompañamento musical
As familias contan: O paseo de Rosalía
Nunca un paseo foi á vez tan pracenteiro e tan arriscado. Cruzando a granxa, un raposo axexa a galiña Rosalía pero, tan torpe e desafortunado, que todos, menos os propios protagonistas, riremos con tantas peripecias..
Grazas a mamá de Lara por este divertido conto que nos trouxo a BiblioBn.
GRAZAS FAMILIA!
jueves, 9 de mayo de 2024
As familias contan no Mes das Letras
lunes, 6 de mayo de 2024
As familias contan pero en Maio…EN GALEGO
Os cambios impostos polo desenvolvemento da personalidade, o crecemento, a socialización e a conquista de espazos de independencia son factores que desestabilizan e dan lugar a enfados e comportamentos negativos; de aí a importancia de buscar mecanismos para controlar a situación, esquecer o mal humor e fomentar a alegría, o autocontrol e o benestar.
Esta sinxela historia da relación entre un can e un gato axuda a proxectar situacións conflitivas na mente dos nenos e a comparalas, consciente ou inconscientemente, con outras experiencias emocionais. Igual que nesta historia, a ledicia e a aceptación dos outros fannos sentir agarimo e converten o mal humor en optimismo.
Esta magnífica e sinxela historia foi a elexida por Julia e Adriana para contarnos neste mes das letras.
GRAZAS FAMILIA!
domingo, 28 de mayo de 2023
Mes das Letras: Nai de Noa
martes, 23 de mayo de 2023
Mes das letras: Nai de Marina
miércoles, 10 de mayo de 2023
Mes das letras: Nai de Leo
viernes, 6 de mayo de 2022
Venres de EnCurtas: "Aí ven o Maio"
Adaptación musical dos versos de Florencio Delgado, homenaxeado polo Mes das letras 2022, cantada polo alumnado do Ceip "Julio Gurriarán" do Barco de Valdeorras
lunes, 17 de mayo de 2021
Feliz Día Das Letras Galegas: Stopmotion Xela Arias
Neste mes das letras seguimos a traballar no Atelier PI-XELA-ME do noso Espazo Fedelleiro, onde esta semana elaborouse este Stopmotion a partires de fotos sacadas por eles mesmos coa cámara Polaroid e letras creadas cos materiais de refugallo do noso espazo.
Por outra banda, despois de escoitar o relato "Hai un Monstro no Váter", do libro Non te amola!, crearon este outro Stopmotion pintando... con escobillas do váter!
viernes, 14 de mayo de 2021
jueves, 13 de mayo de 2021
Mes das Letras: Atelier Audiovisual "PI-XELA-ME"
Este mes das letras o Espazo Fedelleiro e o Equipo de Normalización presentan...
O atelier Audiovisual "PI-XELA-ME"
Nel poderemos experimentar con diferentes técnicas e medios audiovisuais.
Stopmotion, Video, Croma e Fotografía (Cámara Reflex e Polaroid) para coñecer un pouco máis a escritora homenaxeada este curso "Xela Arias"
domingo, 17 de mayo de 2020
#QUEDANACASA: Letras Galegas 2020
Grazas pola marabillosa proposta!!
E estas son as nosas achegas...
































