Mostrando entradas con la etiqueta Onde me Encontro?. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Onde me Encontro?. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de abril de 2018

Onde se encontran os escornabots?: Leoteca Canosa-Rus


Un ano máis compartimos experiencias escornabóticas coa Leoteca de Canosa-Rus.


O alumnado de infantil amósanos as plantillas do seu proxecto: Lendario.


As voluntarias de 6º deixáronnos abraiados co panel de reciclaxe para facer circuitos en inglés.


Os nosos nenos e nenas de 4º explicáronlles en que consiste a Okupación Escornabótica.


 Os de 5º a modificación que fixeron no avance do escornabot para que pase de andar 10cm a 15cm.


 Os de 6º falaron da modificación que lle fixeron no xiro, para que en vez de xirar 90º xire 60º.


Rematamos cun circuito:


 Grazas a estos nenos e nenas e as súas mestras por compartirnos o seu proxecto escornabot!!!

jueves, 1 de junio de 2017

Onde se encontran os Escornabots? III


Hoxe aprendimos máis do traballo cos Escornabots grazas ao alumnado do CEIP Virxe do Carme de Sober.
Recibíronnos na súa Biblioteca e faláronnos de abellas, retos, formación de usuarios, música oralidade e escrita...

Noraboa a tod@s polo voso traballo!!!


E nós lles falamos das mochilas viaxeiras, música, rutinas, da caixa de repostos e do Escribabot...


sábado, 11 de febrero de 2017

Onde se Encontran os Escornabots? II


Os maiores do CEIP Milladoiro de Malpica, contactaron con nós desde a súa biblioteca para contarnos do seu traballo co escornabot no taller dos venres robóticos.
Nós presentámoslles as plantillas coas que xogamos nas titorias e na aula de A.L., da impresora 3D ...
Canto aprendemos uns dos outros !!!
Tamén recibimos un encarguiño: imprimirlles unha roda xa que lles rompeu unha.

Grazas a Marta e aos rapaces e rapazas de Malpica !!!



jueves, 26 de enero de 2017

Onde se Encontran os Escornabots?


Queremos saber ...

Queremos saber onde viven os escornabots...

Quermos saber que están a facer outros coles...

E arrancamos cun fantástico Encontro cos nenos e nenas de 5º de EP do CEIP Canosa-Rus.
Desde a Leotecae coa axuda de Diego, amosáronnos un fermoso traballo co Guernica para o Día da Paz. Tamén vimos o proveitoso que resulta facer cousas en grupo ... orixinais plantillas e disfraces para o Escornabot...

Estupendo traballo !!!
GRAZAS por compartilo!!!







viernes, 4 de marzo de 2016

Vídeoconferecia con Javier Gómez Noya


Pois atopábase en Sudáfrica, e desde alí, Javier Gómez Noya tivo a xenerosidade de agasallarnos cun pouco do seu valioso tempo para contarnos moitas cousas...
Agradecemos a Sonia Braña, mamá de Lucía, a súa axuda para que este Encontro fora posible.
E a Javier e o seu entrenador Carlos por formar parte do noso proxecto.




               

lunes, 25 de mayo de 2015

Onde me Encontro ? : Floraría O Moucho

Mostrando ONDE ME ENCONTRO  MAIO.jpg

Un grupo de nen@s da aula de 3, acompañados por Cloti e Celia, achegáronse a floraría O Moucho para que os demáis adiviñasemos onde estaban. Aproveitaron para encargarlle a Cris as flores para facer o Maios e disfrutaron de todo o que alí lles ensinaron.
Grazas a Cris pola súa colaboración!!!



Mostrando floraría1.jpg

Mostrando floraría2.jpg


                  

lunes, 9 de febrero de 2015

Onde me Encontro ? : Entroido


Emma achéganos ata o IES Pastoriza onde todos os anos celebramos o Entroido. Tamén vemos a Escola Infantil onde moitos de nós iniciamos a nosa vida escolar.



martes, 27 de enero de 2015

Onde me Encontro? : Rúa da Paz

Celia e Ainhoa, protagonizaron o 5º CiberEncontro a través do skype. Viaxamos virtualmente á Rúa da Paz.


jueves, 11 de diciembre de 2014

ONDE ME ENCONTRO?: NOMEARTE


Videoconferencia de Sara e Celia.
Sara achéganos a súa rúa e á figura dun importante pintor : Pedro Berruguete. 
Inauguramos : NOMEARTE





                       
                    

martes, 18 de noviembre de 2014

Onde me Encontro? : Ciencia na Rúa

Os da aula de 5 protagonizaron a videoconferencia de hoxe.
Previamente buscaron información na clase para preparar a saída.


miércoles, 5 de noviembre de 2014

Onde me Encontro ? II


Hoxe Natuska estableceu videoconferencia desde A Tenda de Ros, onde foi comprar as castañas para o Magosto.