As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!!
Atopamos fondos na BiblioBn e buscamos información...
As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!!
Atopamos fondos na BiblioBn e buscamos información...
Perigo!Natureza. A canción from biblio BN on Vimeo.
REMATAMOS O PROXECTO DO CURSO 23-24 FACENDO UNHA ACCIÓN DIRECTA NO BARRIO.
PARA QUE A NATUREZA PERDURE, HAI QUE COIDALA.
OS NOSOS CARTEIS XA SON VISIBLES NO BARRIO.
O enredo do abelleiro from biblio BN on Vimeo.
E coma non podía ser doutra maneira convidamos ás familias a desfrutar desta actividade coma peche do noso Proxecto
Cunha romería das canción traballadas este curso, a gran estrea do noso novo hit “Perigo!…Natureza” (interpretado por David, Alejandro e Triny e dirixido pola mestra Lara) e presentación dos carteis de concienciación medioambiental (que colgaremos estes días pola parroquia) pechamos o noso PDI
“Perigo!…Natureza!”
Grazas familias pola colaboración ao longo de todo o proxecto!
En especial ao noso grupo “Lacón con grelos” que interpretou a canción “Perigo!…Natureza”
(de edición propia)
Guitarra principal: David González
Guitarra Rítmica: Alejandro Tobío
Voz principal: Triny Alvarado
Dirixidos por: Lara Fernández
GRAZAS!!
- A cor das camelias. Estampamos co martelo e elaboramos o recuncho das flores (se atopades flores polo camiño á escola, son benvidas.
-Xa que co aceite das camelias se elabora xabrón, a nosa mesa de experimentación convertiuse nun laboratorio de pompas
Hoxe celebramos o Día das árbores e a poesía Cunha xornada de investigación no Monticaño
Comezamos cunha asamblea cantada para despois, por clases, ir de ruta en busca de tesouros, árbores, prantas… que despois seguiremos a investigar nas aulas
Paramos para merendar e xogar e rematamos a xornada cunha poesía adicada a primaveira, que deu comezo onte