jueves, 27 de febrero de 2020

Día de Rosalía 2020


Hoxe fixemos un pequeno percorrido pola biografía e obra de Rosalía de Castro para despois escoller versos dos seus poemas que invadirán todo o noso cole.
Marabilloso video realizado pola rapazada da BiblioAnxo, biblioteca do CEIP Anxo da Garda da Coruña, para conmemorar o Día de Rosalía, e no que se ilustra perfectamente o emigrante da Galicia daquela época.
Grazas por compartir este traballo!


Despois de ver o vídeo falamos do que viron, que estarían a facer... e lemos outra poesía de Rosalía que fala da emigración, da morriña e da nostalxia.
De seguido vimos o conto en imaxes "Morriña" de Paula Ventimiglia, que ben podería ilustrar a historia de Rosalía de Castro.
E coma Rosalía foi a poeta dos emigrantes escoitamos "Adios Ríos, adios fontes" musicado por Evoéh
 Por último decidimos escoller algúns destes versos, e por equipos interniveis, escribilos para encher as nosas escaleiras.

Agora os versos de Rosalía acompañarannos acotío!!



domingo, 23 de febrero de 2020

Escorna-Boom

Katrina, nas súas clases de inglés, mostróunos unha nova idea para xogar co escornabot. 
Trátase do xogo Kaboom aplicado o escorna:
Escorna-Boom!!


viernes, 14 de febrero de 2020

Encontros BN: #mesturarte I

Neste primeiro trimestre tódalas clases estiveron a viaxar polo mundo coñecendo diferentes formas de vida, cultura, costumes... Agora chega o momento de poñer en común todo o aprendido e selar os nosos pasaportes de viaxe.
Neste mapa tedes os videos dos lugares traballados.
AULA 3 ANOS:

AULA 4 ANOS:

AULA 5 ANOS:

 TRAS O VISIONADO CADA UN SELOU O SEU PASAPORTE DE VIAXE DOS LUGARES VISITADOS.
 PARA SELAR UTILIZAMOS UN SELO CUN MAPA DO MUNDO IMPRESO EN 3D
E DESPOIS DISTO... A SEGUIR INVESTIGANDO NOVOS LUGARES!!!

Venres de EnCurtas: Cuida el agua

miércoles, 12 de febrero de 2020

Poesía-Express: A noite estrelada

Esta semana fusionouse a Poesía e o Arte para desfrutar desta marabillosa poesía de Laura Rey "A noite estrelada" da man de Lucía.
Baixo a lúa chea e unha preciosa música desfrutamos desta preciosa poesía de Laura.
E para rematar o encontro poético "El Giraluna" de Luis Eduardo Aute.




martes, 11 de febrero de 2020

Día internacional da Nena e a muller na Ciencia

Este martes celebramos o Día da Nena e a Muller na Ciencia lendo o conto dunha nena moi especial, Isa, amante dos inventos, leva sempre con ela as súas ferramentas. Con moito esforzo Isa conseguirá o seu obxectivo.
E como Isa nós tamén xogamos a ser científic@s, e levamos tempo a observar un experimento e registrar a súa evolución: Canto viven os plásticos?

E velaiquí o resultado...
Por último un pequeno vídeo que nos fala unha nena que tamén quere ser científica


domingo, 9 de febrero de 2020

Taller internivel: Land Art

O land Art ou arte da terra, é unha corrente artística que une a paisaxe e a natureza. Dos materiais que nos rodean: pedras, area, madeira,... nacen estas obras efémeras, expostas ao vento, o sol, a auga...
Despois de coñecer as obras de artistas como Joanna Hedrick, Richard Long, Motoi Yamamoto, Denisse Openheim ou Lévy Gorky... esta semana na creación internivel presentamos esta proposta onde pode xogar, experimentar, vivir,... e a creatividade virá a sorprendernos.





jueves, 6 de febrero de 2020

Robots na gran cidade

Esta semana no espazo Fedelleiro os robots invadiron una gran cidade chea de rañaceos. O alumnado tivo que deseñar o camiño para chegar aos altos edificios e logo guiar aos diferentes robots ata o seu destino.

miércoles, 5 de febrero de 2020

Poesía Express: ¿Que es la vida?

Hoxe Mayte sorprendeunos cunha poesía de Teresa de Calcuta que nos falaba de cómo é a vida e para ilustarla montou este vídeo a modo de "scrabble" e as palabras más significativas da poesía.


Despois xogamos a compoñer palabras relacionadas co poema.
 Por último un pequeno traballo da poesía para as aulas