martes, 31 de marzo de 2020

GRAZAS FAMILIAS






#QUEDANACASA X: Cada día un conto "What shall we do with the Boo-hoo baby?

E como somos plurilingües... hoxe o conto en Inglés

CESIÓN IMPRESORA 3D PARA ELABORACIÓN MATERIAL SANITARIO

A impresora 3D é un dos recursos TIC que máis usamos na nosa escola desde a súa adquisición.

Tal e como require a situación actual que estamos a vivir, non tiña sentido que estivese parada esperando a chegada dos nenos e nenas, por iso todo o claustro estivemos de acordo en cedela para que mentres a escola estea pechada, se poida sacar o máximo partido dela.
Por iso estamos a colaborar co Laboratorio de fabricación dixital da ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña) na realización de viseiras 3D no proxecto colaborativo coronavirusmakers.org de protección para o persoal sanitario. Ademais unha das nosas mestras está facendo viseiras a man con todo o acetato para que o nosos sanitarios poidan levar a cabo o seu traballo protexidos durante esta crise sanitaria.
Algunhas das viseiras xa están sendo utilizadas, e desde aquí queremos enviar forzas e dar as grazas a todo o colectivo sanitario polo intenso traballo destes días.
GRAZAS!!




lunes, 30 de marzo de 2020

#QUEDANACASA: Proxecto #mesturarte

A SEMANA PASADA PUBLICAMOS O RESULTADO DA ENQUISA DO NOSO PROXECTO #MESTURARTE, NA QUE SAIU GAÑADORA "O TIPI"

AGORA TOCA COMEZAR AS PESCUDAS, A PRIMEIRA PREGUNTA QUE NOS PODERÍAMOS FACER É "QUE É UN TIPI?"
  1. BUSCAR E VER IMAXES DE TIPIS E AVERIGÜAR QUE SON, FALAR DELES...
  2. DEBUXAR UN TIPI (QUE FORMA TEN? A QUE SE PARECE?), ESCRIBIR A PALABRA "TIPI" (INSISTINDO NOS SONS DE CADA LETRA). PERFILAR CON ROTU O DEBUXO E COLOREAR. POÑER O NOSO NOME POR DETRÁS.
  3. ENVÍANOS O DEBUXO DO TEU TIPI PARA COMPARTIR COS COMPAÑEIR@S

#QUEDANACASA IX: Cada día un conto "Sopa de calabaza"

Unha fermosa historia sobre a amizade e convivencia ao redor dunha rica "Sopa de calabaza"

viernes, 27 de marzo de 2020

#QUEDANACASA: Proxecto #mesturarte

NESTES DÍAS ESTIVEMOS A FACER UNHA ENQUISA PARA SABER QUE VOS GUSTARÍA INVESTIGAR E VELAIQUÍ O RESULTADO....

ESTIVO BEN AXUSTADO PERO GAÑA... O TIPI INDIO!
DE SEGUIDA COMEZAREMOS A PEDIRVOS INFORMACIÓN, ESTADE BEN ATENTOS!!

#QUEDANACASA: RECEITAS

Ao longo destas semanas iremos compartindo algunha receita saudable que podedes facer na casa durante a fin de semana cos nenos e nenas. Facer unha receita da pé a traballar moitos aspectos: lecto- escritura (escribindo o nome dos ingredientes nun papel), lóxica-matemática (xogando a ir engandindo un alimento na báscula (ata chegar a 250 gramos), conteo ("axúdasme a coller 4 ovos?"), ver os cambios que poden sufrir os alimentos (como están as espinacas antes e despois de batelas, bater os ovos e observar a transformación, como están os alimentos antes de ir ao forno e despois...), a motricidade... se vos apetece animámosvos a que o intentedes, e que observedes como os nenos desfrutan con esa manipulación. 






#QUEDANACASA VIII: Día mundial do teatro




DESPOIS, AS AULAS PROPOÑERÁN PARA ESTE DÍA A ELABORACIÓN DUNS TÍTERES MÁIS UN TEATRIÑO PARA REPRESENTAR A SÚAS PROPIAS OBRAS.
AULA AZUL
AULA LARANXA
AULA ROSA

E ADEMÁIS.... PARA CELEBRAR ESTE DÍA QUE MELLOR QUE UNHA ACTUACIÓN MUSICAL DOS NEN@S DA ESCOLA DE BARRIONOVO INTERPRETANDO O TEMA "FEMINIST BABY" CREADO POLAS MESTRAS LARA E LUCÍA, OU MILLOR DITO AS "PINK AND BLUE"


jueves, 26 de marzo de 2020

#QUEDANACASA: Ritmos do mundo


#QUEDANACASA VII: Cada día un conto "Rato de campo e rato de cidade"

De viaxes vai a nosa historia...pero ás veces volver a casa é necesario. De iso vai este conto...

Proposta: falar do que mais nos gusta da casa, do que mais nos gusta da escola, do que mais nos gusta de estar fóra....

miércoles, 25 de marzo de 2020

#QUEDANACASA: Taller de mates "Descomposición numérica"


#QUEDANACASA VI: Cada día un conto ou poesía "Pompas de Cores"

Como cada mércores, na BiblioBn temos Poesía Express, a de hoxe está extraída dun libro de Miguel Anxo Romero e Leandro Lamas, titulado "Pompas de Cores".
O poema trata dunha babosa ou lesma que ve voar sen parar a unha fermosa bolboreta chea de cores, as cores que xustamente ela precisa.


domingo, 22 de marzo de 2020

We will rock home

Estamos a preparar unha cantiga moi especial! Axudádesnos?

Unha vez máis queremos contar coa participación das familias para a elaboración do videoclip dunha nova canción. Porque queremos buscarlle o lado positivo a ter que quedar na casa!

Como o imos facer?

1. Busca algo que teñas na casa para facer o noso ritmo.
2. Grabade uns segundos.
3. Envíao a calquera dos mails da escola:

abibliobn@gmail.com
aulaazulbn@gmail.com
aularosabn@gmail.com
aulalaranxa@gmail.com

Animádevos!!


#QUEDANACASA ENQUISA: SEGUIMOS INVESTIGANDO?

Este curso, coma ben sabedes, estamos a viaxar polo mundo e a investigar a cultura, costumes, idioma, música, sostenibilidade...
a partir da arquitectura vernácula.
Nestes días gustaríanos investigar un novo lugar entre todas as aulas e ir poñendo en común o aprendido. 

E ti... cal escolles?
Elixe a túa opción e preme enviar
Publicaremos os resulatados e... a investigar para poder compartir as nosas pescudas.
A túa opinión é fundamental!!!

jueves, 19 de marzo de 2020

MONOPOLI ESCORNABÓTICO

Novo reto escornabótico para o noso proxecto #mesturarte
Preme na imaxe para velo todo

#QUEDANACASA NESTA PONTE E DESFRUTA EN FAMILIA: Máis recursos


  • Actividades TIC

 




Moitos máis xogos de conceptos traballados no blogue Os laretas do barrio
  • Contos

  • Actividades musicais e motrices
E ademáis...deixámosvos unha recompilación dos Gratest Hits de Barrionovo, cancións con baile que xa temos practicado en música ou pisco para que movades o esquelete en familia durante a ponte!
Clica para acceder:

1. Borboletinha


2. Epo e ta e ta


3. Canção, brincadeira, leitura 


4. Eram sam sam


5. A miña amiga Dolores



6. Bugui-bugui



7. Paquete tu me tata


8. Bonfire Dance



9. A castaña viaxeira 


10. Wallflowers



11. Don Melitón


12. Mi barba tiene tres pelos




  • Actividades creativas:

DESFRUTADE!! 
E SE CREAS ALGO...
CÓNTALLE A BIBLIOBN
abibliobn@gmail.com
(ou os correos das aulas)



miércoles, 18 de marzo de 2020

#QUEDANACASA III: GRAZAS FAMILIAS

As familias dende a casa están a ver as nosas propostas e a participar delas lendo os contos, as poesías... e xogando en familia.
GRAZAS!!!



#QUEDANACASA: Jorge Peteiro

Seguindo co calendario e aproveitando que onte visitamos virtualmente a torre de hércules podemos xogar a topala no cadro de peteiro e despois podemos debuxala e/ou pintala con témperas, acuarelas, ceras...


#QUEDANACASA III: Día da Poesía e dos Bosques "Verdedades"






Poema extraído do libro "Verdedades" de Yolanda Castaño


A actividade proposta para casa podería ser facer un semilleiro con lentellas, fabas...



... rexistrar o seu crecemento diario



... crear o voso propio espantallo,




E desfrutar da cantiga do Espantallo divertido de Migallas



Seguimos convidándovos a que mandedes as vosas fotos facendo algún traballo ao redor dos contos, poesías, ou simplemente lendo.
abibliobn@gmail.com
Estas son as primeiras aportacións:



GRAZAS FAMILIAS

martes, 17 de marzo de 2020

Doodle 3D: Rañaceos

Preme na imaxe

#QUEDANACASA II: Cada día un conto ou unha poesía "BN RAP"

Esta é unha boa mostra de como podemos xogar coa poesía. O autor desta é un pai amante dos versos que nos agasallou con este poema musicalizado.

Estaba pendente unha entrevista, un coloquio e todo isto plasmalo nun PODCAST, pero de momento o que podemos ir facendo é ir aprendendo o noso RAP.

Gracias Mariño:
(Pai de Galicia)

HAI UN COLE EN PASTORIZA
ONDE EU SEMPRE XOGO
COAS AMIGOS, COS AMIGOS
É O COLE BARRIONOVO

HAI MESTRAS FABULOSAS 
BIBLIOTECA COMPLETIÑA
E O ESPAZO FEDELLEIRO
UNHA EIRA XEITOSIÑA

VAMOS DE EXCURSIÓNS
DA CORUÑA A CARBALLO
APREDEMOSCHE BEN COUSAS
SOMOS LIST@S COMO ALLOS

QUEROTE BARRIONOVO MOITO, MOITO , MOITO!


Asi estabamos ensaiando. A base rítmica fixemola coa APP incredibox


#QUEDANACASA II: Recursos

Apps para iniciarse na programación e creatividade
Aprende xogando

domingo, 15 de marzo de 2020

#QUEDANACASA I: Recursos

Preme nas imaxes

Contos en Galego


Contos, cancións e moito máis...

Aulas Galegas, recursos para todos os niveis educativos



#QUEDANACASA

Seguiremos a colgar recursos e propostas para estes días na casa
Estade ben atentxs!!

viernes, 13 de marzo de 2020

Atelier Creativo VIII: Atelier Sonoro

Unha viaxe sonora a través de instrumentos de todo o mundo

Atelier realizado grazas a adquisición de novos materiais musicais para o noso Espazo Fedelleiro

miércoles, 11 de marzo de 2020

Poesía-Express: Once Damas atrevidas

Esta semana a poesía express versa sobre mulleres, mulleres atrevidas como as do conto de kalandraka, de Oli e Helle Thomassen.
Unha conta atrás divertida a deste conto rimado, estades preparad@s!...

Despois recordamos que estamos na semana da prensa e aproveitamos para ver diferentes seccións do xornal e máis recordar onde temos o noso recuncho da Hemeroteca.




martes, 10 de marzo de 2020

Reducción de plásticos e arte

O símbolo da reciclaxe representa un proceso sinxelo, cada frecha é un paso: 

- recollida dos residuos,
- tratamento,
- compra de produtos reciclados,

de maneira que podamos repetir este proceso unha e outra vez.

Da mesma forma Romuald Hazoumé, critica a situación do seu país (República de Benín) coma unha serpe que se morde a cola, xa que traballa co lixo que envían doutros países e el devolve ás galerías de arte coa cultura africana dentro delas.



Este artista africano expón fotografías, esculturas, vestimentas, instalacións e máscaras nas que reflicte a vida real Beninesa.

Coa nosa profe Mayte, dende o noso taller de arte e co compromiso que temos na actualidade coa redución dos plásticos, sumámonos a esta protesta elaborando as nosas propias máscaras con material de refugallo, dando unha segunda oportunidade a aqueles materiais que atopamos nas nosas casas e na escola e que xa non utilizamos.

Así foi o proceso:








Cando @s nos@s artistas remataron as súas creacións, organizamos no Espazo Fedelleiro unha exposición para que tod@s @s compañeir@s puidesen gozar da nosa creación.