Mostrando entradas con la etiqueta Día das bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das bibliotecas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de octubre de 2025

EncontXo: Os libros non son para os osos

Para conmemorar o Día das Bibliotecas fixemos un Encontxo na nosa, a biblioBN, con todo o alumnado e visionamos distintas bibliotecas.





lunes, 20 de octubre de 2025

Tarde de Biblio en familia: Os libros non son para os osos

Na semana da conmemoración do Día das Bibliotecas, lemos un conto que nos fala de que os libros e as bibliotecas son para todas e todos.







"A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS."





Despois da lectura proxectamos pequenos espazos lectores para todos os animais empregando materiais non estructurados.










jueves, 24 de octubre de 2024

Día das Bibliotecas 24: "Por un futuro sostible"



O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

Para conmemorar esta data tan importante reunímonos na biblioBN para analizar o cartel deste ano e coñecer diferentes bibliotecas en entornos naturais. 



Despois fixemos unha nova intervención no noso patio reutilizando materiais cos que construímos un recuncho para lectura no exterior.


Como remate fixemos entrega dos carnés da nosa biblioteca aos novos usuarios.


martes, 24 de octubre de 2023

Día das bibliotecas 2023

Celebramos o día das bibliotecas cun conto de Samaín “Escola de monstros”
E despois… Entrega de carnets da BiblioBN aos novos usuari@s.
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS 

 

lunes, 24 de octubre de 2022

EncontXos BN polo Samaín: "A pantasma das bragas rotas"

Hoxe, día das bibliotecas, celebrámolo con este fantástico conto "A pantasma das bragas rotas", de Nube ocho ediciones, a través dun teatriño de sombras.
Pasámolo de MEDO!!

E despois... fixemos entrega dos carnés dos novos usuarios da biblioteca.
Feliz Día das Bibliotecas!!







 

martes, 26 de octubre de 2021

EncontXo "Día das Bibliotecas": Lili la ladrona de libros

Para seguir celebrando o Día das Bibliotecas "Barri", a nosa mascota, convidounos a este EncontXo con agasallo, para celebrar este día, que coincide co seu aniversario.
Despois, xa na clase debuxamos e representamos


 Feliz aniversario!!

lunes, 25 de octubre de 2021

Celebrando O Día das Bibliotecas

De que mellor maneira podiamos celebrar este día que a través da nosa biblioteca, na que coma di o cartel: LEMOS, APRENDEMOS E DESCUBRIMOS!


E ahí vai o noso mellor agasallo para este Día das Bibliotecas, o noso logo en 3D do proxecto deste curso co enlace aos recursos e entradas do mesmo.




viernes, 23 de octubre de 2020

Día das bibliotecas 2020


Celebramos o día das Bibliotecas retomando as boas costumes da nosa biblioteca... 
Volta o préstamo semanal á BiblioBn!
E así de ben o explican os nen@s da aula azul

 

Tamén queremos presentar o noso videoprotocolo das novas normas da biblioteca

E por último!! Coñecemos a "Barri", o logo da nosa biblioteca, creado por María López Pousa, cobrou vida!
Foi @ encargad@ de facer a videochamada, presentar os videos das novas normas, o préstamo semanal e máis os novos carnés da nosa biblioteca.






jueves, 25 de octubre de 2018

Día da Biblioteca


Inspirándonos no bonito póster deste curso decidimos facer un CROMA coa axuda das familias para festexar este importante día.



Co alumnado creamos as transicións co Ipad mediante o programa STOPMOTION STUDIO.




E este foi o resultado:



Feliz Día das Bibliotecas!!!


EncontXo Día das Bibliotecas



Celebramos o día da Biblioteca con diferentes actividades: analizamos o cartel, escoitamos o conto "Poppi, la niña del gorro rojo, y la biblioteca del árbol", coñecemos diferentes bibliotecas en entornos naturais coma a do conto e para rematar...desfrutamos do croma que gravamos coas nosas familias.


martes, 24 de octubre de 2017

Día da Biblioteca 2017



Celebrámolo co seguinte programa:

  • A volta a Galicia nunha Biblioteca
  • Faladorio: "Nós e as Bibliotecas"
  • Participación na convocatoria  #EstoyenlaBiblio e #DíaDeLaBiblioteca


Comezamos a xornada dando unha volta pola rede de bibliotecas de Galicia. Coñecemos os espazos que adican ao público da nosa idade e aos persoeiros que dan nome a algunha delas:

 

      

De seguido, visionamos o Faladoiro no que as familias e mestras falamos de Bibliotecas:



E gravamos as nosas opinións sobre o que é unha biblioteca: