Mostrando entradas con la etiqueta Día da Ilustración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Ilustración. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de enero de 2022

Semana EsPAZcial!

 Esta semana foi especial e EsPAZial!

Comezamos a semana coa Poesía Express "De Mayor", de Miki Naranja, coa que reflexionamos sobre o espazo, a ingravidade, e a paz que nos transmite. 

A partires dela decidimos imitar a profe Aida e facer o noso propio Croma EsPAZial, flotando no espazo.

E máis, coma esta semana era o Día da Ilustración, fixemos a nosa propia Ilustración, a partires da foto no croma.



E para darlle un toque especial... iluminamos a nosa ilustración cun led que deixou Barri nas clases


E rematamos a festa... Bailando!!


Feliz Semana da Paz!

lunes, 1 de febrero de 2021

Día da ilustración 2021: Lolita Díaz Baliño

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de Xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao.
Ademáis de lembrar o papel dos profesionais da ilustración, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. A protagonista deste ano é Lolita Díaz Baliño


Na escola traballaremos o seu legado a través desta magnífica ilustración dunha peregrina de camiño a compostela.


 

jueves, 30 de enero de 2020

EncontXos BN: Día da Paz e da Ilustración


HOXE A PROFE LARA ILUSTROU O DÍA DA PAZ CO CONTO PORQUE? DE KALANDRAKA.
LEMOS AS ILUSTRACIÓNS E PENSAMOS QUE COUSAS PODERIAMOS FACER PARA NON CHEGAR A UNHA GUERRA.
REMATAMOS FALANDO DAS MALAS NOTICIAS DIARIAS DOS XORNAIS, NOTICIAS QUE NON NOS GUSTAN POLO QUE DECIDIMOS ROMPER CON ELAS E FACER UN BARCO, COMA O VELEIRO VERDE, E POÑER NEL UNHA PALABRA DE PAZ.

FINALMENTE FIXEMOS UNHA INSTALACIÓN DE PAZ CON TÓDOLOS VELEIROS QUE PODEREDES VER NA ENCURTA DE MAÑÁ.



miércoles, 30 de enero de 2019

Día da Ilustración

Para este día, aniversario do nacemento de Castelao, entramos grazas ao Croma nunha das súas ilustracións, extraídas do libro "Cousas da Vida. Animais" da ED. Galaxia.







Continuouse o traballo artístico nas aulas dándolle cor cos fluorescentes.