Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de enero de 2026

Encontxo: Día da paz e non violencia

 Aínda que en Barrionovo falamos todos os días da importancia da resolución dos conflictos e da non violencia, hoxe aproveitamos a conmemoración do día da paz para a lectura dramatizada do conto "Un pouco de mal humor" da autora Isabelle Carrier. 

Con el aprendemos que basta un pouco de vontade e responsabilidade individual para desfacer os nós que nós mesm@s creamos e ás veces enlean a convivencia. 











jueves, 30 de enero de 2025

EncontXos BN “Día da paz e Non Violencia”: O Pau da palabra

Hoxe a biblio bn convertiuse en PURO TEATRO!
As profes representaron o conto “Con mis palabras” de Cristina Tébar.
Dúas nenas teñen un conflicto que non son quen de resolver, ata que ao final un pau é a solución.


 
E velaiquí o pau da palabra!
Cada un decorou o seu pau da palabra para levar a casa e poder utilizar cando xurda un conflicto.


lunes, 5 de febrero de 2024

Árbores pola paz

 


Actividade realizada a través da gravación con Dron.

Grazas a Raquel e Pedro “@Nietdrone” pola axuda na realización desta actividade!!

martes, 30 de enero de 2024

EncontXos BN: Árbores pola paz


Coñecemos a Wangari Maathai, e a súa contribución ao desenvolvemento sostible a través da protección da natureza é máis en concreto das árbores.



 

lunes, 30 de enero de 2023

EncontXos BN: Festexando o Día da Paz

 Para festexar este día, escoitamos o conto do Dinosaurio Belisario de Pepe Cácamo


Despois cantamos e celebramos coa canción “Un bico porque sí” da Banda dos Cueiros


Por último visionamos o vídeo #pegadasdepaz

domingo, 30 de enero de 2022

Semana EsPAZcial!

 Esta semana foi especial e EsPAZial!

Comezamos a semana coa Poesía Express "De Mayor", de Miki Naranja, coa que reflexionamos sobre o espazo, a ingravidade, e a paz que nos transmite. 

A partires dela decidimos imitar a profe Aida e facer o noso propio Croma EsPAZial, flotando no espazo.

E máis, coma esta semana era o Día da Ilustración, fixemos a nosa propia Ilustración, a partires da foto no croma.



E para darlle un toque especial... iluminamos a nosa ilustración cun led que deixou Barri nas clases


E rematamos a festa... Bailando!!


Feliz Semana da Paz!

miércoles, 29 de enero de 2020

Poesía-Express: Paz, Paz, Paz...

Hoxe comezamos o día con este precioso poema de Rafael Alberti e unhas pombiñas de Origami.





jueves, 25 de enero de 2018

Impresión 3D: Cociñando o Día da Paz

Estanse a cociñar as actividades para o Día da Paz.
O alumnado de 5 anos coa app La pizarra de Lucas deseñou, nas mesas multitáctis, un corazon e unha pomba.


Tras pasalos polo Selva 3D, imprimímolos.

 

domingo, 29 de enero de 2017

Escribabot: PAZ

Resultado de imagen de escriba de tebas

ESCRIBA: Na Antigüedad,copista, amanuense.


ESCRIBABOT: Na BiblioBN, Escornabot que escribe.

Agradecemos a Xoel a invención desta palabra que dará moito xogo dentro do noso proxecto.

E así o Escribabot sumouse ao Día da Paz:



O alumnado de 4 anos, no taller TIC, programou o Escornabot para que avanzara a medida dunha das pezas Gigi.
Entre todos compuxemos a palabra PAZ coas pezas e fixemos ao Escornabot avanzar para que a escribise cos rotuladores que lle adosamos.



Seguide todo o proceso neste Time Lapse:

Guía de Lectura Día da Paz: EU SON PERSOA




viernes, 27 de enero de 2017

Encontro: Drons pola PAZ



Despois de ver a curta de Sadako e coñecer o motivo polo que imos lanzar os nosos drons de papel o Día da Paz, Celia preséntanos un Dron e como se manexa:


Achegámonos aos usos pacíficos destes aparellos:






Venres de EnCURTAS: Sadako & las Mil Grullas de Papel