Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de febrero de 2026

POESÍA EXPRESS: CALDO DE GLORIA

Hoxe celebramos o día de Rosalía coa poesía "Caldo de Gloria", para honrar a poetisa e novelista Rosalía de Castro. 

A Fundación Rosalía de Castro puxo en marcha a iniciativa "Caldo de Gloria", inspirada no poema "Miña casiña, meu lar", na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a supervivencia a que se tiña que afrontar acotío.



Así na BiblioBn fixemos tamén un caldo de gloria, cos ingredientes do poema. Logo, nas aulas, rematouse a xornada cun traballo de escritura de palabras significativas.



martes, 25 de febrero de 2025

Tarde de Biblio: Rosas para Rosalía

Repasamos a vida e obra de Rosalía co libro "Rosalía de Castro. Unha vida feita poema" de Ed. Cumio.



Despois e coa axuda das familias fixemos rosas con papel, gomas e limpiapipas.

As nosas rosas para Rosalía!!!!

lunes, 24 de febrero de 2025

Día de Rosalía 25

Festexamos o Día de Rosalía (23 de febreiro) coa lectura dun poema extraído do libro "Paseniño, paseniño" de Antonio García Teijeiro no que homenaxea a Rosalía de Castro.

Letras e rosas realizadas coa impresora de corte e extraídas do cartel da Fundación Rosalía de Castro.

Empregamos as rosas para estampalas e engadilas ao mural colectivo.

Todo o proceso foi recollido nun Stopmotion que será visionado este Venres de EnCurta.

Como colofón deste día, levamos de agasallo os medallóns elaborados no Obradoiro de Flores Silvestres.



miércoles, 23 de febrero de 2022

#SementadePensamentos. Día de Rosalía 2022

En Barrionovo levamos todo o mes falando de Rosalía de Castro e facendo diferentes actividades para conmemorar o aniversario do seu nacemento.

Agora tócanos ensinarvos o noso produto final froito de moitos días de traballo. Seguindo a proposta feita pola AELG titulada #SementadePensamentos elaboramos os nosos propios vídeos empregando a técnica do stop motion nos que os cativ@s sementaron os seus pensamentos e deles naceron as flores favoritas de Rosalía, os pensamentos.

Aquí deixámosvos as producións de cada aula. Agardamos que vos gusten!

Feliz Día de Rosalía! 

Aula de 3 anos

Aula de 4 anos

Aula de 5 anos

miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA

 Hoxe celebramos o día de Rosalía. Como sabedes, durante este día tan especial levamos a cabo a gravación do videoclip do novo éxito das PUNK&BLUES teachers, Rocksalía. Para isto empregamos a técnica croma.


Velaí o resultado:

E como na nosa escola rebosamos arte en todas as súas expresións, rematamos o día acuarelando o retrato desta icónica poetisa galega.





jueves, 27 de febrero de 2020

Día de Rosalía 2020


Hoxe fixemos un pequeno percorrido pola biografía e obra de Rosalía de Castro para despois escoller versos dos seus poemas que invadirán todo o noso cole.
Marabilloso video realizado pola rapazada da BiblioAnxo, biblioteca do CEIP Anxo da Garda da Coruña, para conmemorar o Día de Rosalía, e no que se ilustra perfectamente o emigrante da Galicia daquela época.
Grazas por compartir este traballo!


Despois de ver o vídeo falamos do que viron, que estarían a facer... e lemos outra poesía de Rosalía que fala da emigración, da morriña e da nostalxia.
De seguido vimos o conto en imaxes "Morriña" de Paula Ventimiglia, que ben podería ilustrar a historia de Rosalía de Castro.
E coma Rosalía foi a poeta dos emigrantes escoitamos "Adios Ríos, adios fontes" musicado por Evoéh
 Por último decidimos escoller algúns destes versos, e por equipos interniveis, escribilos para encher as nosas escaleiras.

Agora os versos de Rosalía acompañarannos acotío!!



viernes, 16 de febrero de 2018

Impresión 3D: Día de Rosalía

Imprimimos a imaxe de Rosalía, tratada no Selva 3D, que nos acompaña dende primeiros de curso para identificar a Literatura no noso proxecto.


Pegámola sobre a cara da escritora:


E xa está lista para Abrirlle a Fiestra:

domingo, 19 de febrero de 2017

#RosalíaTe: Día de Rosalía de Castro 2017

Un ano máis celebramos a Rosalía sumándonos á proposta da AELG: creamos, dixitálmente, as nosas máscaras de Rosalía e fotografámonos en familia.




Así as fixemos empregando os editores Prisma e Paint Art:

miércoles, 24 de febrero de 2016

Día de Rosalía 2016

Celebramos a Rosalía xuntos na biblioBN, escoitando o recitado do alumnado de 5 anos e visionando o Stopmotion que fixeron co seu poema:




                       

Así o fixeron:

                      

Parabéns polo traballo realizado e 

FELIZ DÍA DE ROSALÍA !!!


Este é o noso agasallo para o día de hoxe: flor e poesía para Rosalía.


E así traballamos nas aulas:



Rosalía en Imaxes

A Deputación da Coruña súmase á celebración de hoxe liberando catro imaxes de Rosalía:







viernes, 19 de febrero de 2016

#mobilizarosalía

Hoxe levamos á caixa de correos as postais coas que nos sumamos á iniciativa da AELG
Na postal retratamos a Rosalía e pegamos a composición do seu poema que fixeron os nenos e nenas de 6º na mesa de luz coas pezas do scrable.



Despois, os encargados de cada aula foron á Libraría de Pili para mercar os selos:



Coas postais preparadas, achegámonos á caixa de correos: