Mostrando entradas con la etiqueta Ambientes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ambientes. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de mayo de 2026

ÁMBITO CIENTÍFICO FEDELLEIRO 3*TRIMESTRE

 NO ÁMBITO CIENTÍFICO ESTE TRIMESTRE ESTAMOS A TRABALLAR AO REDOR DA ESPIRAL COMA PATRÓN QUE SE REPITE DA NATUREZA. COÑECEMOS E INVESTIGAMOS ALGÚNS COMA: GALAXIAS, TORNADOS, ANIMAIS, PLANTAS…

PARA ISTO CONTAMOS COAS SEGUINTES PROPOSTAS:

- ESPELLO E PEDRAS VARIADAS: onde podemos reproducir a forma seguindo diferentes consignas

- LUZ NEGRA: Debuxamos aspectos investigados nun soporte diferente e ambientado na luz negra


- ESPAZO CREATIVO: Este espazo foi evolucionando, partindo da espiral de Calder, representamos, exploramos diferentes ténicas plásticas, facemos pequenos experimentos científicos… E coma remate final construiremos a nosa espiral que recolla o traballado no PDI anual.



- Minimundos con luces e sombras


- Recuncho de investigación: A partir dun panel visual escollemos diferentes animais, fenómenos… para investigar 


- Manipulación e clasificación: de cunchas según a forma. Este Recuncho evolucionou dende a manipulación e clasificación nos orbits ata un espazo de clasificación medioambiental en area.


- Mesa de luz: reproducción e creación de diferentes patróns con materiais translúcidos.


- Impresión 3d e Xogos en inglés: Recuncho que non é permanente no que están a reproducir co lápiz 3d o engranaxe que da significado ao noso PDI. E cando contamos no ambiente coa auxiliar de conversa esta leva a cabo xogos en inglés.


ÁMBITO DE LÓXICA E ARQUITECTURA

Neste último trimestre, no ámbito de Lóxica e Arquitectura, contamos coas seguintes propostas:

-Construción con pezas Meli Stick


-Bandexas con propostas de lóxica 


-Parchís

-Gran construción


-Crebacabezas en parella


-Xogos cooperativos


-Modelado con plastilina

lunes, 18 de mayo de 2026

Ámbito ARTE e LETRAS

Algunhas das propostas:


 Facemos a vidrieira chea de de as "!FLORES! de Herve Tulet.






Descubrimos o mundo dos COMICs ( banda deseñada) e as súas particularidades: VIÑETAS e BOCADILLOS...
Lemos e inventamos pequenas historias.






Traballamos con xiz e auga trazos e direccionalidade da man como "entrenamento" para o control da psicomotricidade fina, e adaptándoo a cada nivel madurativo.













Tardes de biblio: Ambiente lóxico-matemático


 

jueves, 19 de marzo de 2026

Engrenaxes con impresión manual

No ámbito do Fedelleiro estamos a empregar os lápices de impresión 3D (dotación do programa "Polos Creativos") para imprimir engrenaxes da Máquina do Tempo de xeito manual. 




Comparando os engraxes feitos na impresora 3D cos que fixemos nós, podemos apreciar ás diferencias entre os productos artesanais, feitos á man e os producidos por unha máquina.



sábado, 17 de enero de 2026

ÁMBITOS DE APRENDIZAXE 2º TRIMESTRE

 Segundo trimestre no ámbito de arte e letras


Experimentamos coas misturas de cores do PANTONE do inverno e facemos unha nova colección, creamos un escenario aprendendo vocabulario en lingua galega sobre a nova estación do ano.

Engadimos a mesa de luz para o xogo de minimundos, onde crear historias en INVERNALIA.

A zona de modelaxe, transformase nun espazo de "escritura" onde trazar con materiais do día a día.

A través do conto "Os mil brancos dos esquimós", collemos destreza coa tesoira para crear con collage os MIL BRANCOS dos esquimós.

A imprenta creada durante o primeiro trimestre, integrase na aula para o seu uso autónomo.
#amaquinadotempo, tamén propón debuxar a tras luz edificios do pasado de Pastoriza : UN HORREO E A CAMPÁ DA IGREXA DE PASTORIZA.

A caixa das cores do PANTONÉ invita a xogar coas tonalidades do inverno, e aprendemos vocabulario asociado ao mesmo.




Segundo trimestre no ámbito de Vida Práctica
Neste ámbito o espazo de xogo simbólico mudou cara unha Clínica Veterinaria, Clínica Barrionovo



Cada doutora ou doctor terá que levar o rexistro do seu paciente e anotar os seus coidados 


Por outra banda reforzaremos con actividades da vida práctica que ademáis requiren de motricidade fina, precisión, atención, conteo…




Na zona de costura traballamos na elaboración dos nosos propios peluches, coma facían os nosos maiores 




Segundo trimestre no ámbito de Arquitectura e Lóxica

A zona dos imanix deu paso ás pezas korbo cun montón de engrenaxes cun sinfín de posibilidades de creación tanto en plano como en altura.


Cambiamos os materiais do espazo de grandes construcións con animais introducindo as pezas gigi, teas, paus e insectos.


Renovamos os crebacabezas e introducimos novas bandexas con diferentes propostas relacionadas coa lóxica, a orientación espacial, a concentración ou a resolución de problemas.


A nova proposta guiada de miniarquitectos consiste na libre creación con cartón e ferramentas makedo. Como punto de partida, estamos iniciándonos no uso do punzón e do desparafusador.

 Segundo trimestre no ámbito do espazo Fedelleiro 

Neste ámbito temos a Caixa Escura na que podemos investigar e experimentar coas luces e sombras a través de diferentes elementos sensoriais.
O recuncho de abalorios onde elaboraremos accesorios traballando a atención, espera, motricidade fina, aproximación a lectoescritura, etc.
A mesa de experimentación con trasvases, precisión, comparación de magnitudes…
E por último o English corner onde poden desfrutar da lectura de contos en Inglés