Mostrando entradas con la etiqueta PFPP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PFPP. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de abril de 2025

Xoves de Ambientes

 TÓDOLOS XOVES SEGUIMOS A TRABALLAR POR AMBIENTES DE APRENDIZAXE

ROTAMOS POLAS 3 AULAS E MÁIS POLO ESPAZO FEDELLEIRO


ESPAZO FEDELLEIRO AMBIENTE CREATIVO
“EXPERIMENTAMOS CON LUCES E SOMBRAS”


“AMBIENTE LECTOESCRITURA”
LECTOESCRITURA CREATIVA, LEGO, MESA DE LUZ…

jueves, 27 de febrero de 2025

Fedellando cos novos robots

Esta semana, a través da nosa formación do PFPP, estivemos a aprender a manexar os novos robots que chegaron a nosa escola. 
O intelino, a través de códigos de cores, realiza diferentes accións, aprendemos e experimentamos con pequenos retos.
O matatalab achéganos aos inicios da programación a través de fichas manipulativas de codificación. Axudaranos a achegar aos máis pequenos a adquirir as primeiras habilidades de pensamento computacional a través de retos.

 

miércoles, 12 de febrero de 2025

Fedellando coa electrónica básica

Esta semana, dentro do programa de formación do noso PFPP de centro, estivemos a fedellar coa electrónica básica manipulativa. Leds, pilas e plastilina conductiva para crear os nosos peixes con luz.
Aproveitando o noso PDI, no que estamos a investigar os animais mariños, decidimos crear peixes (peixe lanterna e peixe arco da vella)
Seguindo esta narrativa traballamos ao redor do peixe "Arco da vella" que acende a súa luz cando decide repartir as súas escamas cos demáis peixes do mar.
Actividade que despois levamos á aula.

 

jueves, 18 de abril de 2024

ENAPA: “Uso saudable da tecnoloxía” Antonio Rial

 


Hoxe tivo lugar na Nosa escola un encontro no que puidemos compartir a necesidade do uso responsable das tecnoloxías e os perigos que estas poden significar nun futuro non moi lonxano para @s nos@s pequen@s.


Quedou claro que esta é unha labor conxunta da comunidade educativa, de ahí a necesidade un traballo conxunto, común e consensuado no que familia e escola traballen xuntas. 
Non tentamos de denostar as novas tecnoloxías senón de saber utilizalas con sentido e finalidade, seleccionando contidos, tempos, con control, seguridade…

martes, 21 de noviembre de 2023

ENAPAS: Bibiana Infante “Disciplina Positiva”


Unha xornada para a reflexión ao redor da maneira de educar e coma afrontar novos retos.
Dúas palabras clave, Amabilidade e firmeza, as claves do éxito, e coma non, paciencia e perseverancia.
Mestras e familias traballamos na mellora das nosas habilidades da man dunha experta como é Bibiana Infante.