Mostrando entradas con la etiqueta Arquitectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arquitectura. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de mayo de 2026

ÁMBITO DE LÓXICA E ARQUITECTURA

Neste último trimestre, no ámbito de Lóxica e Arquitectura, contamos coas seguintes propostas:

-Construción con pezas Meli Stick


-Bandexas con propostas de lóxica 


-Parchís

-Gran construción


-Crebacabezas en parella


-Xogos cooperativos


-Modelado con plastilina

sábado, 30 de octubre de 2021

Planetario no Espazo Fedelleiro

 Estes días @s nen@s de 5 anos están a construír unha pequena cúpula que será o noso "planetario" para o atelier do mes da ciencia

Coa axuda dos "Palitroques" convertíronse en pequen@s arquitect@s









miércoles, 9 de junio de 2021

ENCONTROS BN: VOO


Durante a festa de fin de curso tivemos a sorte de contar coa actuación de Ánxela Blanco con Voo, unha peza de danza na que emprega unha estrutura de palitroques.
Grazas a ela puidemos coñecer este novo material que cobrará protagonismo de cara ao curso que vén como posible recurso co que o alumnado cree estruturas para o redeseño do noso patio.
Grazas inmensas por compartir con nós o teu arte, Ánxela.
 


miércoles, 27 de enero de 2021

lunes, 18 de enero de 2021

Atelier creativo: "Pedras no camiño"

Que pensas que andarán a argallar no Espazo Fedelleiro estes días??
Unha pista... un monumento emblemático relacionado co noso proxecto #camiñanteSIhaicamiño, que formará parte do noso Atelier deste mes "Pedras no camiño"



Tes xa unha idea??



 

jueves, 23 de enero de 2020

XOGANDO A CONSTRUIR: LUPO

Esta semana tivemos a inmensa sorte de contar na nosa escola coa presenza dos arquitectos Patricia e Fermín de Lupo.


Pola mañá levaron a cabo un obradoiro cos nenos e nenas nos que lles explicaron o funcionamento do sistema Lupo. Nel puidemos tocar, experimentar, xogar e tamén aprender, nen@s e mestras, distintas aplicacións didácticas deste sistema.
Pola tarde, as mestras levamos a cabo unha xornada de formación na que, xuntos, puxemos os alicerces dunha remodelación do noso patio.O potencial pedagóxico do espazo exterior, a naturalización do contorno e a posibilidade de que o alumnado teña capacidade para se mover de xeito san e seguro, estiveron moi presentes en todo momento.

miércoles, 4 de diciembre de 2019

Visita ao Museo de Belas Artes

Hoxe visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña. Alí fixemos un percorrido por diferentes edificacións a través da arte.





domingo, 22 de enero de 2017

Arquitecturas Imposibles na biblioBN

Neste Territorio das Artes que é a nosa biblioteca, ao alumnado de 4 anos déuselle por desafiar as leis físicas coas súas construcións con pezas Kapla:






viernes, 2 de diciembre de 2016

Encontro co Mestre Mateo


       

Achegámonos á figura do Mestre Mateo a través das obras expostas no Museo del Prado.


Preparamos, así, o traballo de Arte desta semana:




jueves, 15 de octubre de 2015

Encontro no Templo das Musas


Día grande na biblioBN...


Ahí están as Musas ...
Parece un Museo ...

As Musas chegan para inspirar a nosa viaxe Olímpica:




Vemos a seguinte presentación e intentamos adiviñar que Musa é cada mestra pola descrición dos seus atributos :


                               




E, por suposto, adiviñámolas todas :




Coñecemos algo máis do país na que naceron os Xogos Olímpicos :

                               


Tras coñecer a data dos primeiros Xogos e o lugar da súa celebración, colocámola na liña do tempo:


Damián, aula de 3, sabe o lugar onde temos que colocar as primeiras Olimpiadas:


Victoria e Sara, aula de 5, escriben a data e o texto:




Así o preparamos ...


viernes, 9 de enero de 2015

Construíndo Cidades de Cores

Arrancamos ano cun EncontXo arredor do libro co que nos agasallaron as nosas profes de prácticas:

Mostrando PicMonkey Collage 2.jpg

E construímos, colectivamente, a nosa cidade de cores.



              









Poñemos cor no noso patio: