Mostrando entradas con la etiqueta colaboración familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta colaboración familias. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de mayo de 2026

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA

 Onte puidemos desfrutar da recompensa obtida no Escape Room das Letras Galegas: unha xornada de xogos en familia no pavillón de Galán.

A empresa galega Velaísca encargouse de organizalo todo para que crianzas e familias só tiveran que preocuparse de gozar xogando xuntas.

Xogos tradicionais galegos elaborados por artesáns de Chantada como: os birlos, os ovos, a ponte, os sacos... cos que puxemos a proba as nosas habilidades e pasamos unha mañá moi divertida.






Moitísimas grazas pola vosa participación, familias!

lunes, 26 de enero de 2026

Tardes de Biblio en Familia: Os inicios do cine

Hoxe, nas tardes de Biblio en Familia, contamos coa presenza da familia de Andrea grandes expertos no mundo do cine.

Primeiro, a nai e o pai de Andrea fixéronnos unha presentación sobre os inicios do cine.


E, a continuación, o seu avó proxectounos dúas pequenas películas en formato Super8. Encantounos!


Moitas grazas pola vosa colaboración e implicación, familia!

miércoles, 17 de diciembre de 2025

Entrega Cartaces de Nadal

Hoxe as aulas de 4 e 5 anos saliron ás rúas de Pastoriza para entregar á veciñanza e establecementos os cartaces de Nadal " Unha panxoliña, un alimento".






Agardámosvos o vindeiro venres 19 de decembro para intercambiar panxoliñas por alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Rías Altas.

domingo, 23 de noviembre de 2025

ENCONTRO: Día da Música

 O MAGNETÓFONO DO AVÓ MANUEL


Unha viaxe ao pasado na nosa máquina do tempo para conmemorar o día da música.

Descubrimos e escoitamos música gravada en vinilos, casetes ou CD, e como non no MAGNEFÓFONO do avó de Estefanía.

Ademaís bailamos ao son da armónica, das cunchas e cantamos a nosa canción  A MÁQUINA DO TEMPO.








lunes, 27 de enero de 2025

Tardes de Biblio: Taller Educación Sexual a cargo das familias


 Jennifer, mamá de Andrea, compartiu connosco unha charla en familia sobre a educación sexual e a importancia de traballalo dende a infancia.
Ela, máis dúas compañeiras do Comité Antisida, levaron a cabo un obradoiro que constou de dúas partes: Unha charla ás familias e un obradorio cos nen@s


Finalizamos a xornada tod@s xuntos na biblioteca lendo o conto “Monstro de ollos vermellos” e visualizando a importancia de contar os segredos “malos” a un adulto de confianza.
MOITÍSIMAS GRAZAS AS TRES POLO VOSO TEMPO E DEDICACIÓN 

martes, 17 de diciembre de 2024

EncontRos BN: Sanitario Uci Pediátrica

Hoxe recibimos a visita de David, pai de Xandre, que nos explicou o seu traballo na UCI cos neonatos con cardiopatías. 
Mediante dúas maquetas e o fonendoscopio vivenciamos o importante traballo do corazón e dos pulmóns.


 




Grazas familia!!!

martes, 10 de diciembre de 2024

EncontRos BN: Taller Educación Sexual




Jennifer, mamá de Andrea, compartiu xornada connosco para achegarnos a educación sexual a partires do conto “Kiko e a man”, unha guía sinxela para familias e educadores que desexan axudar a nenas e nenos a poñer límites evitando un contacto físico non axeitado.
Grazas Jennifer polo teu tempo

 

viernes, 22 de noviembre de 2024

Intervención artística 25N

Este curso queremos conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero cunha intervención artística na entrada da nosa escola para o que necesitamos a axuda e colaboración das familias.

O vindeiro luns ao chegar, vos invitamos a escribir nos cristais da entrada unha palabra que fomente o respecto e o cariño nas relacións entre persoas.

Porque a importancia do respecto e a loita contra a violencia é cousa de todos/as e cada un/ha de nós.




Mulleres en acetato de cores cortadas coa Impresora de corte.






miércoles, 30 de octubre de 2024

Samaín 24

Festexamos o Samaín cun obradoiro terrorífico no Fedelleiro e unha xuntanza no noso patio ao redor das cabazas aportadas pola familias.