lunes, 11 de diciembre de 2023

Tardes de Biblio en familia: Adornos de refugallo

No taller de hoxe, coa axuda do ANPA, estivemos a realizar os nosos adornos de Nadal a partir de refugallo para as nosas árbores de Nadal.
Grazas familias


 

martes, 5 de diciembre de 2023

Martes Poesía Express: Lo que nos hace únicos

Na semana da diversidade presentamos unha adaptación deste precioso álbum que visibiliza as nosas diferencias e realza a importancia de querernos tal e como somos.






lunes, 4 de diciembre de 2023

Día da Música

 O pasado 22 de novembro foi o día da música, pero como tiñamos unha actividade de teatro na escola, aplazámolo para hoxe.


E como a música está en todas partes, hoxe enchemos o noso barrio de música:

Fumos ao mercado de Benjamín, onde nos picou unha formiga:


Tras a picadura, tivemos que visitar a farmacia a ver que remedio nos iba mellor...e lembramos todo o que necesitou "o burro" da canción tradicional para curarse...






Para a convalecencia...unha parada na librería para descansar lendo un conto...






E que mellor que unhas flores para por fin atoparnos moito mellor, e poder volver a xogar e brincar como unha bolboreta no xardín..




Tardes de Biblio en familia: O noso Nadal perfecto

Este luns propoñemos ás familias gravar o noso Nadal perfecto imitando “O meu Nadal perfecto”de Iván Vale, e que xa estamos a traballar nas clases 







domingo, 3 de diciembre de 2023