Mostrando entradas con la etiqueta colaboración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta colaboración. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de junio de 2025

Recomendacións lectoras para o verán

 📚 Recomendacións lectoras para un verán cheo de aventuras ☀️

Chegan as vacacións… e con elas, unha oportunidade perfecta para gozar da lectura sen présas! Desde a microrrede de bibliotecas escolares As Mariñas, formada pola EEI de Barrionovo, o CEIP de Galán, o CEIP Sofía Casanova e o CRA de Culleredo, preparamos unha selección de recomendacións lectoras para este verán, pensadas para todas as idades e gustos.

Historias emocionantes, divertidas, sorprendentes… para seguir descubrindo o mundo a través dos libros tamén durante as vacacións.

Podedes consultar xa a guía completa no noso blog e nos espazos da biblioteca.

📖 Boas lecturas… e feliz verán!



domingo, 28 de mayo de 2023

Colaboración intercentros: deseño e impresión 3D “Torre de Hércules”

Desseñamos e imprimimos torres de hércules en forma de moldes para pasta de modelar coa que farán os agasallos de fin de curso

 

viernes, 12 de febrero de 2021

MADRIÑAS E PADRIÑOS

Queremos dar as gracias ás persoas e entidades que, desinteresadamente, están a colaborar con nós e nos proporciónan valiosa información para o noso proxecto.

A Asociación Galega de Amigos do Camiño facilitounos o acceso a credenciais, panfletos informativos e agasallounos as súas marabillosas revistas e un libro.


Por outra banda Jennifer, a nosa auxiliar de conversa irlandesa vén de agasallarnos un libro informativo sobre o Camiño de Santiago explicado aos nenos e nenas en inglés.

Grazas pola vosa axuda!