Lectura do cartaz de Bea Lema en familia e elaboración dunha pancarta onde, xogando coa pintura invisible, quixemos resaltar a importacia de pedir axuda e non quedar en silencio.
#NONCALES
Lectura do cartaz de Bea Lema en familia e elaboración dunha pancarta onde, xogando coa pintura invisible, quixemos resaltar a importacia de pedir axuda e non quedar en silencio.
#NONCALES
Este curso queremos conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero cunha intervención artística na entrada da nosa escola para o que necesitamos a axuda e colaboración das familias.
O vindeiro luns ao chegar, vos invitamos a escribir nos cristais da entrada unha palabra que fomente o respecto e o cariño nas relacións entre persoas.
Porque a importancia do respecto e a loita contra a violencia é cousa de todos/as e cada un/ha de nós.
Mulleres en acetato de cores cortadas coa Impresora de corte.
Este mércores, grazas a ANPA de BARRIONOVO, visitounos Zeltia, da Xanela do maxín, coa súa obra “Lúa quere viaxar a Marte”
Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.
Solo sí es sí. 25 N from biblio BN on Vimeo.
Aquí tedes o resultado dun proxecto colaborativo das Anpas de Arteixo no que a nosa escola participou co seu traballo ao redor de contos de igualdade, da nosa biblioteca escolar, a BiblioBN
Podedes ver o resultado neste enlace
Hoxe festexamos este día tan importante tendendo fíos e signando coa canción "Chea de Vida" de Guadi Galego.
Estes días estamos a preparar o 25N a través da canción "Chea de Vida" de Guadi Galego, que despois representaremos signando. Ademáis tenderemos fíos entre nós "sembrando" palabras de respecto e tolerancia.
Polo 25N e grazas a unha subvención do ANPA desfrutamos de 3 sesións de monicreques para o alumnado (unha por clase) a cargo de Garabato Xogos.
Pasámolo de medo!!
