sábado, 30 de octubre de 2021

Compartindo Información: Martina, Galicia e Antón

MARTINA, ANTÓN E GALICIA TROUXERON A AULA LIBROS INFORMATIVOS, E VOCABULARIO RELACIONADO CO PROXECTO, QUE NOS AXUDA A SEGUIR AVANZANDO CO MESMO. A MEDIDA QUE COÑECEMOS UN NOVO ASTRO OU PLANETA ACUDIMOS O LIBRO DE ANTÓN PARA AMPLIAR INFORMACIÓN.
OUTRAS VECES, A PARTIR DUNHA NOTICIA QUE CHEGA A AULA, DESCUBRIMOS QUE A COÑECEMOS PORQUE A VIMOS NUN LIBRO COMO FOI NO CASO DE MARTINA E O SATÉLITE HUBBLE.

OUTRAS VECES CHEGAN CANCIÓNS, DA MAN DE ARIA E O SEU PAPÁ, RELACIONADAS CO UNIVERSO. NESTE CASO BUSCAMOS NO GOOGLE E ESCOITAMOS

GRAZAS FAMILIAS POR COMPARTIR!!




 

Planetario no Espazo Fedelleiro

 Estes días @s nen@s de 5 anos están a construír unha pequena cúpula que será o noso "planetario" para o atelier do mes da ciencia

Coa axuda dos "Palitroques" convertíronse en pequen@s arquitect@s









jueves, 28 de octubre de 2021

ARTE, CABAZAS E LITERATURA: YAYOI KUSAMA

Este Samaín decidimos traballalo a través do arte, neste caso eliximos a artista xaponesa Yayoi Kusama.
A partires do conto "De aquí al infinito" coñecímos a súa obra, a cal nos deu pé a facer unha intervención artística no patio e máis a decorar as nosas cabazas seguindo o seu estilo.
Velaiquí o fabuloso resultado










miércoles, 27 de octubre de 2021

Martes Poesía Express: O Noso Samaín

Este martes a poesía veu da man da profe Xeila convertida en bruxa e que foi visitando as aulas dun xeito.... tenebroso!!

 

martes, 26 de octubre de 2021

Bits 2: #barrionautasEastronovos

EncontXo "Día das Bibliotecas": Lili la ladrona de libros

Para seguir celebrando o Día das Bibliotecas "Barri", a nosa mascota, convidounos a este EncontXo con agasallo, para celebrar este día, que coincide co seu aniversario.
Despois, xa na clase debuxamos e representamos


 Feliz aniversario!!

lunes, 25 de octubre de 2021

Celebrando O Día das Bibliotecas

De que mellor maneira podiamos celebrar este día que a través da nosa biblioteca, na que coma di o cartel: LEMOS, APRENDEMOS E DESCUBRIMOS!


E ahí vai o noso mellor agasallo para este Día das Bibliotecas, o noso logo en 3D do proxecto deste curso co enlace aos recursos e entradas do mesmo.




miércoles, 20 de octubre de 2021

Instalación artística: O Sistema Solar

Este curso estamos inmersos no proxecto do espazo, e coma non podía ser doutro xeito, a profe Lucía, que está a facer as prácticas na nosa escola, preparounos esta fabulosa instalación, que nos lembrou ao Sistema Solar. Nela puidemos experimentar, explorar, transformar... a través do xogo libre e simbólico.




lunes, 18 de octubre de 2021

Día das escritoras 2021: "Ler as idades da vida"

 Hoxe conmemoramos o Día das Escritoras falando da súa labor, importancia, e o seu traballo, ademáis de convertirnos por un momento en escritoras, e inmortalizalo nunha foto

(emulando o cartel)






Mañá veredes o resultado
Estade ben atentos!


domingo, 17 de octubre de 2021

EncontXos BN: Y el Universo

Esta semana o Espazo Fedelleiro albergou un espectacular Encontxo no que tratamos de coñecer un pouco máis sobre a formación do Universo. A través do conto "El zorro curioso y el universo" e a axuda dunha "pequena pirotecnia" simulamos o Big Bang e a formación dos planetas a partires do mesmo

Depois puidemos experimentar co material da pequena "explosión"
En quendas tódolos cursos puideron desfrutar deste precioso conto
E agora...a seguir investigando nas aulas





sábado, 16 de octubre de 2021

Compartindo Información: Enma e as Galaxias

NA CASA ENMA INVESTIGOU AO REDOR DAS GALAXIAS E ASÍ DE BEN O COMPARTIU COS COMPAÑEIR@S NA AULA A TRAVÉS DESTE FANTÁSTICO VIDEO.

APRENDIMOS UN MONTÓN DE COUSAS NOVAS A PARTIR DAS CALES FIXEMOS UN PEQUENO TRABALLO NA AULA

TAMÉN NOS LEVOU A SEGUIR INVESTIGANDO E TRABALLANDO AO REDOR DAS GALAXIAS NO RECUNCHO DE ARTE

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA AXUDA!!!


miércoles, 13 de octubre de 2021

Os libros informativos: un gran recurso

Este curso contamos cunha gran variedade de libros informativos que achegan moitísimas curiosidades relacionadas co proxecto: libros con sorpresa, realidade aumentada...
Con eles estamos a descubrir o sistema solar, o Sol e a súa composición, planetas con volcáns...
Coa súa axuda recrearemos o noso propio Sistema Solar e as súas características.

 

Atelier musical

 

martes, 12 de octubre de 2021

Órbitas e Ozobot

Investigando o sistema solar, e o seu funcionamento, botamos man do "ozobot" para comprender mellor cómo orbitan os planetas ao redor do Sol

 

domingo, 10 de octubre de 2021

MATEMÁTICAS SIGNIFICATIVAS

Despois da impresión dos nosos logos do proxecto necesitábamos saber cantos precisamos en total e por aula para poder repartilos.
Pero coma poderíamos facer?Pois sí, preguntando cantos eramos por aula e desoís só quedaba contar e repartir.
Por último representamos gráficamente.

 

martes, 5 de octubre de 2021

Realidade aumentada: O volcán en 3D

Seguindo coa noticia do volcán pintamos o noso propio volcán e reproducimos en 3D coa axuda da APP QUIVER