Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de abril de 2026

Día do libro: Cando esteas aburrido…

 “Cando esteas aburrido e non saibas que facer, colle un libro meu amigo, todo pode suceder…”

Así comeza a canción “IMAXINA” de Migallas, e con esta canción de fondo e moitas portadas de contos comezamos o día creando en familia a nosa exposición particular nun tendal de libros.


E baixo esta marabillosa exposición comezou a nosa lectura “Si yo fuese un libro” para conmemorar este día tan sinalado 
 

martes, 23 de abril de 2024

Guía de lectura: Mes do libro


 

Día do libro: “A Miña árbore secreta”


 Hoxe conmemoramos o día do libro cunha representación ao aire libre do conto “A miña árbore secreta” de David Pintor.
Cando rematou o conto recordamos a frase do seu avó polo que decidimos que coña él poderiamos plantar unha árbore, a nosa árbore, que nos de acubillo, descubramos aventuras, onde un monstruo veña a vernos, leamos contos…
A NOSA ÁRBORE SECRETA!

Xa nas aulas deseñamos un marcapáxinas reciclando follas de xornal e debuxando a Nosa árbore preferida, que xa estabamos a traballar no proxecto.




domingo, 23 de abril de 2023

Día do libro 2023: “Dar de Ler”

 Este ano, apoiándonos no marabilloso texto de Montse Pena Presas “Dar de Ler”, elaboramos este vídeo, que recolle o traballo ao redor dos libros ao longo de todo o curso, porque na BiblioBN

 “TODOS OS DÍAS SON O DÍA DO LIBRO”


E Despois, para traballar ao redor do texto...



domingo, 19 de abril de 2020

Preparando o "Día do Libro"

Polo día do libro infantil presentamos este conto "Si yo fuese un libro", de Jose Jorge Letria e André Letria, da Ed.Juventud e propuxemos esta actividade para o mes do libro.

E se ti foras un libro... 

Anímate a pensar que farías se ti foses un libro, escríbeo e fai o teu debuxo inspirándote nas imaxes do conto.
Podería quedar algo así:


Manda un audio dicindo o que che gustaría ser ademáis da foto do teu debuxo ao noso correo abibliobn@gmail.com
(Con todos faremos unha montaxe final)
Animádevos que xa queda menos!
Manda o teu debuxo!

lunes, 22 de abril de 2019

Día do Libro 2019: Mariña Surrealista

Hoxe, no Espazo Fedelleiro da BiblioBn, celebramos o Día do Libro cun Encontxo Poético. 
Un conto de Yolanda Castaño da colección "Unha historia para un cadro", baseado no cadro de Urbano Lugrís e ilustracións de Xosé Cobas.
Conto que recibimos coma agasallo das Bibliotecas Escolares, en colaboración co Museo de Belas Artes, polo traballo do Día das Artes Galegas. 
Coa axuda do retroproxector e diferentes materiais (translúcidos e opacos) fumos recreando as  diferentes esceas do conto, intentando xerar un ambiente de soño e misterio, ao igual que os cadros de Urbano Lugrís.
"Regala un conto... regala un soño"
Feliz Día do Libro!!




Guía de lectura: Día do libro 2019

 


miércoles, 3 de abril de 2019

Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil

Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil creamos un vídeo no noso Espazo de Acougo do Espazo Fedelleiro. O cartel deste ano levaba o lema "Os libros fannos acougar" e aproveitamos este recuncho onde temos un tipi con libros e xogos que incitan a gozar deles en calma , para visibilzar que nos tamén acougamos cos libros.


Ademáis,visitamos a Biblioteca Municipal Miguel Sande, en Pastoriza, para ver un contacontos moi divertido.

martes, 24 de abril de 2018

Semana do Libro: Martes, alumnado de 4 anos

Os nenos e nenas seguen a aproveitar os recursos do Espazo Fedelleiro para contar os contos.
O alumnado de 4 anos empregou o retroproxector e os seus debuxos para interpretar Diez patitos de goma


 
10 Patitos de goma from biblio BN on Vimeo.

Os libros éncheno todo

Nesta semana os libros que falan de libro ocupan o expositor da entrada e a imaxe do día tamén fala de libros.

 

lunes, 23 de abril de 2018

viernes, 20 de abril de 2018

Día do Libro 2018: Non leas !!!


Facemos noso o texto co que Fran Alonso agasalla as nosas bibliotecas escolares.


Así o fixemos: