Mostrando entradas con la etiqueta skype. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta skype. Mostrar todas las entradas

sábado, 24 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021

Este venres celebramos o Día do Libro cun EncontXo moi especial, un EncontXo dende o novo recuncho de lectura do noso patio, o "Recuncho de Contar"
A aula laranxa foi a encargada de facernos unha videochamada dende alí e lernos o conto "No tengas miedo Cangrejita", de Nube Ocho.
Cada semana unha clase recomendará un conto para este recuncho, que poderemos ver en días alternos debido as corentenas precisas.






 

jueves, 15 de abril de 2021

As familias Contan: Familia de Alejandra "Nicolasa ¿y tu casa?"

En Barrionovo "As Familias Contan" por iso neste Mes do libro convidámolas a participar lendo contos dende a casa (a través de Skype, vídeos...)

A familia de Alejandra, da clase de 3 anos, inaugura estas lecturas con esta historia tan divertida de Mar Benegas que nos achega moitos tipos de vivendas.





Grazas Familia por participar!!!

jueves, 1 de abril de 2021

Mes do Libro 2021: Anímate a Ler na BiblioBN

Neste mes do libro non queremos perder o costume de ler contos na nosa biblioteca polo que queremos convidarvos a que o fagades dende a casa, a través de videochamada ou enviando o voso vídeo.
Anímate!!


E neste mes do libro renderemos especial homenaxe ao cómic infantil, polo que... 
E ler un cómic??

jueves, 3 de diciembre de 2020

Encontros BN na rede: Día da diversidade

No día de hoxe cobra moito sentido a mensaxe do conto que levamos a traballar toda a semana.

Non todos somos iguais


Pero iso é o divertido

E por iso, hoxe falamos con Lúa, falamos da artrogriposis e falamos das súas moitas capacidades.
 
Unha charla con moitos valores de fondo onde damos visibilidade á súa diversidade.

Grazas familia!




jueves, 12 de noviembre de 2020

Martes Poesía-Express "na rede": Chove en Santiago

 Este martes a profe Raquel foi a encargada da Poesía Express e sorprendeunos coa poesía de Federico García Lorca "Chove en Santiago" musicada por Luar na Lubre.


martes, 20 de octubre de 2020

Martes Poesía-Express: Y el domingo?

 Este Martes, na Poesía Express, desfrutamos da poesía e a música do conto "Y el domingo?" de Teresa Portela, da Editorial Combel.




miércoles, 14 de octubre de 2020

lunes, 5 de octubre de 2020

Encontros BN na rede: Reto 1


Este luns retomamos os Encontros na BiblioBn, pero coma non podemos xuntarnos todos decidimos facelos a través da rede.
O encargado de inauguralos foi o encontro de motivación do noso proxecto #camiñanteSIhaicamiño.
Dúas peregrinas moi especiais, Katrina e Lara, lanzaban un reto dende a Biblio, descubrir cal é o primeiro camiño que vamos a coñecer. Para isto deixaron unha pista relacionada coa Torre de Hércules, xa que aquí  parte este camiño.
Sabedes que camiño é?
Tedes un resumo do que aconteceu neste video:

 
Nesta chamada as dúas peregrinas móstrannos unha fermosa canción, de creación propia, e que podedes escoitar a continuación

E ti? Resolverás o reto? Vémonos nuns días!!