Mostrando entradas con la etiqueta Plurilingüe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plurilingüe. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de marzo de 2026

Lectura e Familias: English with Mr. Nibbles

Este luns á tarde, lectura e familias adicouse ao inglés. 

Lemos o conto rimado Feminist Baby ás nosas familias e despois xogamos con Mr. Nibbles, unha simpática rata que nos acompaña moitas veces durante as sesións de inglés. Ademais de alimentalo e deixar que nos fixera cóxegas, lemos algún que outro conto e xogamos ao xogo Unicorn Party.




lunes, 9 de marzo de 2026

Poesía Express 8M: Feminist Baby

  Esta semana, con motivo do 8M a profe Lucía leunos o libro en verso Feminist Baby, sobre a importancia de que os nenos e nenas sexamos libres para decidir os nosos xogos e vestiario, alén dos estereotipos de xénero prefixados. 

Para rematar bailamos e puidemos xogar con coches, bonecas, instrumentos e disfraces libremente.



martes, 8 de junio de 2021

ENCONTROS BN: AGACS

 


Onte visitábannos Manuel e Begoña, presidente e vicepresidenta da AGACS (Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago), quenes ademais son hospitaleiros.

Contáronnos en que consiste o seu traballo, onde están os seus albergues e déronnos valiosa información que nos servirá para culminar a última etapa do noso proxecto.

Agasalláronnos con varios libros e cunha bolsa que empregan os peregríns e peregrinas para manter limpo o Camiño.

Por último fixémoslles entrega duns cartaces plurilingües feitos por nós mesm@s en papel reciclado nos que damos indicacións aos peregríns sobre como coidar o Camiño.

Agardamos fotos deles colgados nos seus albergues!
Grazas por compartir a vosa grande experiencia connosco!





sábado, 29 de mayo de 2021

Tributo a Eric Carle

Esta semana deixábanos o afamado escritor e ilustrador Eric Carle, un referente da literatura infantil, moi presente na nosa Biblio BN. 

Quixemos rendirlle unha pequena homenaxe adicando este venres de Online Storytelling á lectura do seu conto máis icónico, traducido a 66 idiomas, The very hungry caterpillar. A nosa auxiliar de conversa Jenny foi quen levou a cabo a lectura.

Ate sempre, amigo!

viernes, 12 de febrero de 2021

MADRIÑAS E PADRIÑOS

Queremos dar as gracias ás persoas e entidades que, desinteresadamente, están a colaborar con nós e nos proporciónan valiosa información para o noso proxecto.

A Asociación Galega de Amigos do Camiño facilitounos o acceso a credenciais, panfletos informativos e agasallounos as súas marabillosas revistas e un libro.


Por outra banda Jennifer, a nosa auxiliar de conversa irlandesa vén de agasallarnos un libro informativo sobre o Camiño de Santiago explicado aos nenos e nenas en inglés.

Grazas pola vosa axuda!

martes, 2 de febrero de 2021

Martes Poesía-Express: Imagine

Esta semana seguimos celebrando a Paz a través deste magnífico conto basado na canción de John Lennon e que nos interpreta Katrina

 

Tamén podedes desfrutalo en lingua de signos

lunes, 1 de febrero de 2021

Día da Paz 2021: Pedras no camiño

Este Venres celebramos simbólicamente o Día da paz  a través das pedras do camiño, camiño que procura o equilibrio a pesar das pedras que nos poidamos atopar.

Así no Espazo Fedelleiro a través dun Atelier, ao longo de toda a semana, cada grupo e foi construíndo o seu camiño, continuando o traballo dos compañeir@s.

 

Despois, xa no patio, puidemos desfrutar da nova creación das "Pink and Blue Teachers", O Rock do camiño titulado "Peace is the PATH"


E para os que queirades cantar... aquí tedes a letra