Mostrando entradas con la etiqueta misterios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta misterios. Mostrar todas las entradas

jueves, 9 de febrero de 2012

O CAMIÑO QUE NON ÍA A NINGURES

Por fin chegou o día e a hora de desvelar o enigma en forma de espiral que rondou Barrionovo estes días.
O misterio viña envolto en forma de relato da maxistral man de Gianni Rodari  e coa magnifica ilustración de Xavier Salomó.
Esta presentación só é apta para aqueles, que como nós, non teñen medo a percorrer un camiño por primeira vez, porque saben que ao final sempre agarda a recompensa.

                                 "El Camino que no iba a ninguna parte"

martes, 7 de febrero de 2012

Buscando respostas

Outro misterio agardábanos hoxe, un camiño formado por cintas de cores e sinalado por frechas que nos guiou ata a Biblioteca. Alí agardaba a famosa espiral co neno , pero cando abrimos a porta non atopamos nada. Teremos que agarda a mañá, casi non o podemos resistir !!!


                        

lunes, 6 de febrero de 2012

Sorpresa en Espiral

Estes misterios que andan rondando o noso cole deixaron hoxe un agasallo para cada un en forma de espiral.

                            


O que queira facer máis espirais que  PINCHE AQUÍ

viernes, 3 de febrero de 2012

Camiño

Un misterio cun laciño agardaba por nós. Cando o abrimos atopamos un enorme laberinto igual ao da entrada.
Unhas letras vermellas indicaban: CAMINO  ,xunto a elas unha frecha e un interrogante.
A onde levará o camiño ? Percorrímolo cos nosos dedos, pés, por riba e por baixo. Pero non chegamos a ningures.


                         

jueves, 2 de febrero de 2012

Novos Sinais

Un novo sinal apareceu no poste da entrada. Garda unha extraña semellanza cunha das flechas indicadoras. Que significará ?????


              

miércoles, 1 de febrero de 2012

Novo misterio

Un novo misterio ronda Barrionovo. Esta vez en forma de sinais indicativas que non temos moi claro o que indican...
Seguiremos informando