martes, 27 de mayo de 2025

As familias contan: Familia de Luana

 “Bailar nas nubes”


 A través do soño dunha nena que desexa bailar coas nubes, este libro reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural e do respecto entre persoas de diferentes procedencias. As súas páxinas, nas que se aprecia unha presenza constante do folclore latinoamericano, contan a historia dun pobo que vai crecendo co paso do tempo, con novos habitantes que constrúen fogares e comparten experiencias colectivamente.

Este foi o precioso conto que trouxo Luana e o seu Pai 


Grazas Familia!



jueves, 22 de mayo de 2025

PRODUCTO FINAL PDI: INTERVENCIÓN ARTÍSTICA NA COMUNIDADE


 A través desta escultura de refugallo queremos visibilizar a cantidade de plásticos que xeneramos a diario, principalmente nas merendas. Asímesmo concienciarnos da necesidade se reciclalos e fundamentalmente non tirar ao chan, xa que estes poden rematar finalmente no Mar.

O traballo da saúde ambiental é un dos obxectivos finais  do noso proxecto e a cal repercutirá no benestar da nosa saúde xeral

domingo, 18 de mayo de 2025

Encontros BN: Celebrando as letras con Ana Edreira

Hoxe na biblioBN conmemoramos o Día das Letras Galegas co obradoiro "As cantareiras" a cargo de Ana Edreira, directora das pandereteiras de Xacarandaina e nai dun antiguo alumno da nosa escola.



 

Grazas a ela puidemos coñecer un pouquiño máis sobre as homenaxeadas nas Letras Galegas 2025 e compartimos algunhas tradicións galegas (coplas, instrumentos, bailes...).


Moitas grazas Ana!  

viernes, 16 de mayo de 2025

Xogando e aprendendo con Robots

Nos ambientes estamos a coñecer e aprender a manexar os novos Robots do centro, aportados polo Programa Polos Creativos.


MATATALAB





VINCIBOT






INTELINO


martes, 13 de mayo de 2025

Poesía Express: Caderno de Fume

Poesía Express apoiada no libro de Hervé Tullet “Flores”e poesía extraída de Caderno de Fume, con poemas de Antonio García Teijeiro

lunes, 12 de mayo de 2025

As familias contan: Familia de Erea

 “TRES OSOS”




Nunha cabana do bosque vivían tres osos. Un día os osos saíron dar un paseo antes de almorzaren; entón Riciños de Ouro atopou a casa baleira e entrou…


GRAZAS FAMILIA!

Tardes de Luns en familia: Flores

 Este luns desfrutamos dunha poesía de flores extraída do Libro “Caderno de Fume” de Antonio García Teijeiro e despois realizamos un obradoiro de flores no cal fixemos o noso propio marco de flores.



miércoles, 7 de mayo de 2025

Obradoiro Biblioteca Creativa 25: BorranchoBot

Hoxe recibimos a Elena, de CompetenciaDixital.org, no noso Espazo Fedelleiro para descubrir os fundamentos da electricidade a través da arte.
No obradoiro aprendemos a realizar en equipo un circuíto eléctrico simple para crear BorranchoBots, robots pintores.






Obradoiro realizado grazas ao programa Biblioteca Creativa.