viernes, 30 de enero de 2026

Encontxo: Día da paz e non violencia

 Aínda que en Barrionovo falamos todos os días da importancia da resolución dos conflictos e da non violencia, hoxe aproveitamos a conmemoración do día da paz para a lectura dramatizada do conto "Un pouco de mal humor" da autora Isabelle Carrier. 

Con el aprendemos que basta un pouco de vontade e responsabilidade individual para desfacer os nós que nós mesm@s creamos e ás veces enlean a convivencia. 











Venres de EnCurtas: "Outdoors"

martes, 27 de enero de 2026

ENTROIDO : A MÁQUINA DO TEMPO

 O VENRES 13 DE FEBREIRO, VIAXAREMOS AO PASADO. 


CADA AULA RECREARÁ A VESTIMENTA DUNHA ÉPOCA MOI CARACTERÍSTICA DO PASADO.


AULA ROSA: ANO 1900



AULA LARANXA: ANOS 1960 


AULA AZUL: ANOS 1980 






lunes, 26 de enero de 2026

Tardes de Biblio en Familia: Os inicios do cine

Hoxe, nas tardes de Biblio en Familia, contamos coa presenza da familia de Andrea grandes expertos no mundo do cine.

Primeiro, a nai e o pai de Andrea fixéronnos unha presentación sobre os inicios do cine.


E, a continuación, o seu avó proxectounos dúas pequenas películas en formato Super8. Encantounos!


Moitas grazas pola vosa colaboración e implicación, familia!

jueves, 22 de enero de 2026

#ENCONTXO: TRANSMISORAS NO TEMPO

 Durante este segundo trimestre, daremos visibilidade á transmisión oral das persoas maiores. 

Para non esquecer como era todo antes. 

Para que o seu "legado" non se perda.




Escoitamos o pasado da avoa Nenuca coa lectura do conto.
Agora vos invitamos a falar  e preguntar coas nosas maiores a través da proposta:

TRANSMISORAS DO TEMPO




Unha vez máis necesitamos da vosa colaboración, elexindo unha MULLER próxima con anos de experiencia para poder coñecer como foi a súa infantil e a que se adicou. Entregade as biografías antes do 26 de febreiro.


Unha pequena biografía dunha muller, unha ollada ao pasado, unha homenaxe aos nosos maiores.

As biografías formarán parte dunha exposición para conmemorar o 8M.

lunes, 19 de enero de 2026

Tardes de Biblio en Familia: EncontXo baixo a luz negra

Baixo a misteriosa luz negra escoitamos este marabilloso conto de Emocións, con versos de María Leach, ilustrado por Olga De Dios, e editado por Baobab

A continuación poidemos ilustralo en familia con témperas sólidas neon 


 

sábado, 17 de enero de 2026

ÁMBITOS DE APRENDIZAXE 2º TRIMESTRE

 Segundo trimestre no ámbito de arte e letras


Experimentamos coas misturas de cores do PANTONE do inverno e facemos unha nova colección, creamos un escenario aprendendo vocabulario en lingua galega sobre a nova estación do ano.

Engadimos a mesa de luz para o xogo de minimundos, onde crear historias en INVERNALIA.

A zona de modelaxe, transformase nun espazo de "escritura" onde trazar con materiais do día a día.

A través do conto "Os mil brancos dos esquimós", collemos destreza coa tesoira para crear con collage os MIL BRANCOS dos esquimós.

A imprenta creada durante o primeiro trimestre, integrase na aula para o seu uso autónomo.
#amaquinadotempo, tamén propón debuxar a tras luz edificios do pasado de Pastoriza : UN HORREO E A CAMPÁ DA IGREXA DE PASTORIZA.

A caixa das cores do PANTONÉ invita a xogar coas tonalidades do inverno, e aprendemos vocabulario asociado ao mesmo.




Segundo trimestre no ámbito de Vida Práctica
Neste ámbito o espazo de xogo simbólico mudou cara unha Clínica Veterinaria, Clínica Barrionovo



Cada doutora ou doctor terá que levar o rexistro do seu paciente e anotar os seus coidados 


Por outra banda reforzaremos con actividades da vida práctica que ademáis requiren de motricidade fina, precisión, atención, conteo…





Segundo trimestre no ámbito de Arquitectura e Lóxica

A zona dos imanix deu paso ás pezas korbo cun montón de engrenaxes cun sinfín de posibilidades de creación tanto en plano como en altura.


Cambiamos os materiais do espazo de grandes construcións con animais introducindo as pezas gigi, teas, paus e insectos.


Renovamos os crebacabezas e introducimos novas bandexas con diferentes propostas relacionadas coa lóxica, a orientación espacial, a concentración ou a resolución de problemas.


A nova proposta guiada de miniarquitectos consiste na libre creación con cartón e ferramentas makedo. Como punto de partida, estamos iniciándonos no uso do punzón e do desparafusador.