miércoles, 30 de abril de 2025
Mes das Artes Galegas
viernes, 25 de abril de 2025
As familias contan: Familia de Manu
YA VOOOOY!
jueves, 24 de abril de 2025
As familias contan: Familia de Bruno
“EL VIEJO Y LA MARGARITA”
Todas as mañás o vello senta a mirar e a conversar coa súa margarida, si, como o Principiño, pero unha mañá a nota moi seria. Cando lle pregunta que a pasa case non a oe e ten que achegarse moito para conseguir entendela, é entón cando o descobre, a súa querida margarida ten pulgón! Non tarda nin un segundo en coller a súa bicicleta para ir á biblioteca onde atopará remedios e problemas a partes iguais, creedes que conseguirá dar coa solución ao seu problema?
GRAZAS FAMILIA!
miércoles, 23 de abril de 2025
As familias contan: Familia de Estefanía
viernes, 11 de abril de 2025
As familias contan: Familia de Ían
“MARCELINA EN LA COCINA”
A xirafa Marcelina, que non sabe de cociña, quere facer unha gran cea que lle guste á súa sobriña. Xa podedes imaxinarvos a lea que se vai a armar. Os seus amigos aconséllanlle mil cosas disparatadas e a cea convértese nunha festa aloucada. Ai, querida Marcelina. Que desastre de cociña. Como o vas a arranxar? E que imos cear?
GRAZAS FAMILIA!
jueves, 10 de abril de 2025
As familias contan: Familia de Xalo
“VOY A COMEDTE!”
Un lobo malo, famento e que fala dunha forma rarísima espera no bosque a que apareza un delicioso bocado. Con tan mala sorte que se topa cun par de coelliños listos que lle quitarán un pelo que ten na lingua e, sobre todo… as ganas para comer carne! O primeiro coello descobre que o lobo fala raro porque ten un pelo na lingua. Promételle extraerllo e, con esa artimaña, escapa. Outro coello engánao “ensinándolle” a cazar ben. O lobo finalmente equivócase, ataca a un oso e na fuxida dáse un trastazo e perde os dentes. E faise vexetariano!
viernes, 4 de abril de 2025
jueves, 3 de abril de 2025
Impresión 3D: Deseñando o noso logo
ESTA SEMANA RECIBIMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL
ALUMN@S DA USC ACUDIRON A NOSA ESCOLA PARA VER O NOSO TRABALLO
EN AGRADECEMENTO DECIDIMOS CREAR UN NOVO AGASALLO
DESEÑAMOS, VOTAMOS E IMPRIMIMOS
Xoves de Ambientes
TÓDOLOS XOVES SEGUIMOS A TRABALLAR POR AMBIENTES DE APRENDIZAXE
ROTAMOS POLAS 3 AULAS E MÁIS POLO ESPAZO FEDELLEIRO
miércoles, 2 de abril de 2025
EncontXo polo Día do libro infantil e xuvenil
Hoxe conmemoramos o Día do libro infantil e xuvenil dramatizando “Alguien se ha tragado a Lola” de Sarah Roberts y editado por Bruño.
Lola é una bolsa de plástico que flota desorientada no mar. Varios animais tentan tragala , pensando que é unha medusa, ata que unha tartaruga o consegue. Lola queda atascada na súa gorxa, e nada asustada ata alcanzar a praia.
Un conto que reflexiona sobre a necesidade de coidar o mar