Mostrando entradas con la etiqueta PLAN LÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLAN LÍA. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de octubre de 2025

BIBLIOTECA ESCOLAR + DESEÑO = VIAXE Á CREATIVIDADE

 Desde bibliotecas escolares lanzan unha proposta creativa a través do deseño que acompaña desde o inicio a comunicación escrita, que é orixe de tipografías, logotipos e páxinas, que consegue achegar a información da maneira máis impactante ou máis sutil.


Por iso no ámbito de aprendizaxe adicado á arte e a lectoescritura acabamos de inaugurar o "ABC lab". Onde experimentaremos cos carteis propostos de diferentes tipografías de letras para despois crear as nosas propias..




jueves, 29 de octubre de 2020

English Spot

Grazas á participación da escola no Programa Pluriinfantil e ao Plambe, a nosa biblioteca de inglés está cada vez máis nutrida. 

 Este curso inauguramos o ENGLISH SPOT, un punto no noso Espazo Fedelleiro onde podedes atopar diversidade de contos, xogos e música en lingua inglesa. 

 Este material visita regularmente as aulas da man de Katrina e Jose para que todas e todos gocedes do seu uso.



viernes, 13 de marzo de 2020

Atelier Creativo VIII: Atelier Sonoro

Unha viaxe sonora a través de instrumentos de todo o mundo

Atelier realizado grazas a adquisición de novos materiais musicais para o noso Espazo Fedelleiro

sábado, 26 de octubre de 2019

Lecturas no Canmiño IV

E chegou o día da despedida. O programa Lecturas no Canmiño remata por este curso. Foi un mes cheo de sorpresas, descubrimento, aceptación, tolerancia, agarimos, escoita...e como non de lecturas!






Grazas Marta e Brus!!!
Agardámosvos no vindeiro curso!

domingo, 20 de octubre de 2019

Lecturas no Canmiño III

De novo este venres gozamos da lectura coa axuda, apoio e agarimo de Marta e Brus. Grazas a eles logramos estar cada vez máis tranquilos, interesados, atentos e comunicativos.





Un pracer!!!

lunes, 14 de octubre de 2019

Lecturas no Canmiño II

Despois da primeira sesión de toma de contacto, este venres voltaron Marta e Brus para comezar coas lecturas apoiadas para practicar e mellorar as habilidades lectoras e de comunicación do alumnado.





sábado, 5 de octubre de 2019

Lecturas no Canmiño

Este venres comezamos coas sesións de lectura apoiada por cans da man e patas de Marta e Brus.
Este novo proxecto que comezamos grazas a Bibliotecas Escolares, Xacobeo 2021 e Golfo e Dama, desenvolverase ao longo do mes de outubro en cinco centros PLAMBE.




viernes, 12 de abril de 2019

EncontXo in english: Katarsis



Para despedirnos ata a volta das vacacións, recibimos un contacontos moi especial, un Storytelling!
Estiveron no noso Espazo Fedelleiro Katarsis, Educación e Teatro, contándonos dous contos do autor Robert Munsch: "Up,up,down" e "mmm, cookies!


Encantounos este contacontas tan teatral! E a nosa mestra Katrina emocionouse moito!
Moitas grazas pola visita.

viernes, 8 de febrero de 2019

Atelier creativo II: Luz Negra

A BiblioBN no seu Espazo Fedelleiro preparou  un novo Atelier creativo: “Experimentando con luz negra”









viernes, 7 de diciembre de 2018

Atelier Creativo no Espazo Fedelleiro

Este mes preparamos, dentro do noso Espazo Fedelleiro, un "Atelier creativo" cos materiais de refugallo que alí temos.
Cada aula poderá ir pasando polo mesmo, en pequenos grupos, para crear o seu adorno de nadal, que despois colgaremos da nosa estrutura de madeira a modo de instalación navideña.

Incluso antig@s alumn@s participaron o martes pola tarde coas súas familias.
Aquí tedes as primeiras creacións!

domingo, 11 de noviembre de 2018

A BiblioBn nas IX Xornadas de Bibliotecas Escolares

A biblioBn participa nas xornadas de bibliotecas escolares coma un dos primeiros centros do Proxecto LÍA.2
 
E da man de Mª José coas experiencias no museo de Belas Artes.
 E máis aprendendo doutras experiencias




domingo, 21 de octubre de 2018

Biblioteca Creativa

O venres 19 reunímonos en Compostela (EGAP) mestres dos centros integrados no programa BIBLIOTECA CREATIVA, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, nunha xornada formativa intensa en relación cos contidos deste programa: escornabots, impresión 3D, espazo creativo (espazo maker) na biblioteca escolar.


Alí estivo presente a biblioBN co seu Espazo Fedelleiro para formar a outros mestres coa nosa experiencia e formarnos nós coas experiencias e materiais doutros centros.






Unha xornada de intercambio que resultou moi motivante e inspiradora.

martes, 24 de julio de 2018

PLAN LÍA.2: EEI BARRIONOVO

 VIDEO GRAVADO POLA CONSELLERÍA NA NOSA ESCOLA, NO ÚLTIMO TRIMESTRE DO CURSO 17/18, NO QUE SE DAN A COÑECER AS PRIMEIRAS EXPERIENCIAS NO PLAN LÍA.2.

Bibliotecas LÍA.2, entrega 1: EEI Barrionovo (Arteixo)