Mostrando entradas con la etiqueta Prehistoria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Prehistoria. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de junio de 2023

EncontRos BN: Pakolas

 Hoxe desfrutamos en familia do espectáculo “Ramona pequena” de Pakolas e coma non da Canción “Churrasco de Mamut” que tanto cantamos este curso investigando a prehistoria




martes, 25 de abril de 2023

Atelier creativo: pigmentos naturais

 Como estamos na prehistoria esta semana seguimos a experimentar cos pigmentos naturais, que poderían utilizar nesta época para as pinturas rupestres


 O primeiro foi recoller remolacha que tiñamos plantada en macetas

E tamén... Cenorias, flores, follas...

Trituramos  coma na prehistoria e obtemos  diferentes cores 

lunes, 17 de abril de 2023

Atelier creativo: Pinturas rupestres “Sangue de Mamut”

Imitando a Croniñón, no conto, pintamos coa “Sangue de Mamut” a cal conseguimos con pigmento natural vermello mesturado con agua.
Velaiquí o magnífico resultado que case parece real.

 



viernes, 14 de abril de 2023

martes, 11 de abril de 2023

ENCONTROS BN: COMPARTINDO INFORMACIÓN: O LUME

A pasada semana a profe María trouxo ao cole a súa investigación sobre o lume: como o descubriron na prehistoria, que elementos naturais empregaban para poder facelo, os diferentes usos que tiña... 

lunes, 10 de abril de 2023

Atelier creativo: pinturas rupestres “Barro”

 Coas nosas investigacións chegamos á prehistoria e con ela descubrimos as pinturas rupestres

Comezamos pintando con barro coma os primeiros prehistóricos

martes, 4 de abril de 2023

ENCONTROS BN: COMPARTINDO INFORMACIÓN: AS FERRAMENTAS NA PREHISTORIA

Esta semana o Espazo Fedelleiro encheuse de elementos prehistóricos. A profe Silvia trouxo a súa investigación sobre as ferramentas ao longo da Prehistoria, e como estas foron evolucionando. Descubrimos que elementos empregaban para recolectar, cazar, sobrevivir... como os utilizaban e quen. 

miércoles, 29 de marzo de 2023

Encontros BN: Chegou O Paleolítico “Croniñon”

 Celebramos o día do teatro cunha adaptación teatral do conto Croniñon, de Gay Michel, da editorial Corimbo

A través dela tentamos achegar aos máis pequenos a este momento da historia, dun xeito máis divertido, motivador e visual, que seguramente recordarán e interiorizarán

De seguido o conto completo

E por último, a canción máis de moda neste días no cole, “Churrasco de Mamut” de Pakolas 

viernes, 19 de enero de 2018

Bestiario de Galicia: Cabalos

A vaga de incendios do mes de outubro deixou ao descuberto un petroglifo en As Neves.
Os cabalos que nel aparecen poñen en valor esta figura representada, casi de xeito exclusivo, no sur de Galicia e norte de Portugal.


Entre todos descubrimos as figuras representadas:


Despois traballámolo no Taller de Arte:

martes, 14 de noviembre de 2017

Martes-Poesía Express: Os Castrexos


Neste mes, no que temos de protagonista a Xosé Neira Vilas, aprendemos, grazas aos nenos e nenas de 5 anos, un pouco máis dos Castrexos co seu libro : Galicia, nosa ledicia.

Anxo e Iria fan a presentación amosando os libros dos que se axudaron:


Versos con Historia:

 
  

viernes, 10 de noviembre de 2017

EncontXo do Magosto: Os pequenos Barbanzóns

Aproveitamos a festa do Magosto para coñecer un pouco máis da vida castrexa da man de Os Pequenos Barbanzóns :



Os protagonistas da historia toman o seu nome da Comarca do Barbanza,alí viven no Castro de Baroña.
Localizámolo no mapa e vemos a marabillosa fotografía do libro "Galicia,todo un mundo".


E despois seguimos coa festa do Magosto 2017.

miércoles, 25 de octubre de 2017

A Liña do Tempo da Nosa Historia

Agora que xa coñecemos os nomes de dous dos primeiros pobos que habitaron a nosa terra oestrymnios e castrexos, editamos a liña do tempo:



 

jueves, 24 de octubre de 2013

Día da Biblioteca

Hoxe, 24 de Outubro, celebramos o día grande das Bibliotecas . Neste día de reivindicación para o mundo do ensino, queremos tamén reivindicar a importancia da Biblioteca Escolar na vida do noso centro. A biblioBN é o motor xerador dos nosos proxectos de traballo e o lugar de participación colectiva da comunidade educativa da nosa escola.
Que mellor xeito de celebralo que con este fermoso vídeo que o Ministerio de Educación e a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia gravaron na nosa biblioBN o curso pasado.


       

Na páxina das Bibliotecas Escolares de Galicia podedes ver oito experiencias de boas prácticas doutros centros galegos .



Ver Aquí



lunes, 8 de julio de 2013

A Sociedade na Arte Rupestre

Aprendemos da sociedade prehistórica a través da Arte RupesTrIC.

                 

jueves, 27 de junio de 2013

Videoclip: "El hombre de CROMAñón"

Esta foi a sorpresa que BIBLIOTICS preparou para a festa de fin de curso.
Dous videoclips elaborados coa técnica do CROMA