Mostrando entradas con la etiqueta reciclar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reciclar. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de mayo de 2022

Encontros BN: Encontro pola reciclaxe


Este Venres visitóunos Santi, o pai de Aria, da aula rosa.
Contóunos en que consiste o seu traballo e como se leva a cabo a reciclaxe, así coma os novos productos que se poden obter.
Por último estivemos a clasificar a basura que levamos da casa e máis a depositamos no seu contedor correspondente.
Grazas Familia por ser parte da nosa escola!!!

viernes, 1 de mayo de 2020

martes, 10 de marzo de 2020

Reducción de plásticos e arte

O símbolo da reciclaxe representa un proceso sinxelo, cada frecha é un paso: 

- recollida dos residuos,
- tratamento,
- compra de produtos reciclados,

de maneira que podamos repetir este proceso unha e outra vez.

Da mesma forma Romuald Hazoumé, critica a situación do seu país (República de Benín) coma unha serpe que se morde a cola, xa que traballa co lixo que envían doutros países e el devolve ás galerías de arte coa cultura africana dentro delas.



Este artista africano expón fotografías, esculturas, vestimentas, instalacións e máscaras nas que reflicte a vida real Beninesa.

Coa nosa profe Mayte, dende o noso taller de arte e co compromiso que temos na actualidade coa redución dos plásticos, sumámonos a esta protesta elaborando as nosas propias máscaras con material de refugallo, dando unha segunda oportunidade a aqueles materiais que atopamos nas nosas casas e na escola e que xa non utilizamos.

Así foi o proceso:








Cando @s nos@s artistas remataron as súas creacións, organizamos no Espazo Fedelleiro unha exposición para que tod@s @s compañeir@s puidesen gozar da nosa creación.









jueves, 30 de enero de 2020

EncontXos BN: Día da Paz e da Ilustración


HOXE A PROFE LARA ILUSTROU O DÍA DA PAZ CO CONTO PORQUE? DE KALANDRAKA.
LEMOS AS ILUSTRACIÓNS E PENSAMOS QUE COUSAS PODERIAMOS FACER PARA NON CHEGAR A UNHA GUERRA.
REMATAMOS FALANDO DAS MALAS NOTICIAS DIARIAS DOS XORNAIS, NOTICIAS QUE NON NOS GUSTAN POLO QUE DECIDIMOS ROMPER CON ELAS E FACER UN BARCO, COMA O VELEIRO VERDE, E POÑER NEL UNHA PALABRA DE PAZ.

FINALMENTE FIXEMOS UNHA INSTALACIÓN DE PAZ CON TÓDOLOS VELEIROS QUE PODEREDES VER NA ENCURTA DE MAÑÁ.



viernes, 24 de enero de 2020

#mesturarte: Exipto en stopmotion

Seguindo co proxecto anual @s nen@s de 5 anos elaboraron unha fantástica maqueta de Exipto coa que despois no taller tic elaboraron este stopmotion.
Para ver máis información pincha aquí

jueves, 19 de diciembre de 2019

Atelier de costura: Nadal de refugallo

No atelier de costura deste mes, do noso Espazo Fedelleiro estamos a realizar os adornos de Nadal con materiais de refugallo, cartón, goma eva, tapóns....
E ahí tedes... Bo Nadal!



jueves, 14 de marzo de 2019

Encontros BN: Plan de xestión de residuos

Hoxe tivo lugar no centro un obradoiro no que aprendimos un pouco máis da xestión de residuos.
Dende o concello viñeron a contarnos en qué consiste o seu plan de xestión, e a presentarnos os novos contedores instalados en todo Arteixo.

Falamos da necesidade de reciclar e cómo debemos facelo.

Por último puxemos en marcha o aprendido botando cada cousa no colector correspondente.
Despois, xa nas aulas, aproveitaremos para traballar unha recente noticia do xornal que fai referencia a instalación deste novo sistema de xestión e que foi a noticia destacada no noso novo recuncho da Hemeroteca.