Mostrando entradas con la etiqueta #pationovoenBarrionovo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #pationovoenBarrionovo. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de enero de 2025

Tardes de Biblio en familia: Taller de Costura

O uso de petos para o noso novo patio require un mantemento dos mesmos no que as nosas familias están moi implicadas.
Grazas pola axuda!



 

jueves, 24 de octubre de 2024

Día das Bibliotecas 24: "Por un futuro sostible"



O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

Para conmemorar esta data tan importante reunímonos na biblioBN para analizar o cartel deste ano e coñecer diferentes bibliotecas en entornos naturais. 



Despois fixemos unha nova intervención no noso patio reutilizando materiais cos que construímos un recuncho para lectura no exterior.


Como remate fixemos entrega dos carnés da nosa biblioteca aos novos usuarios.


lunes, 21 de octubre de 2024

Poesía Express: Xirimiri

Poema extraído do libro "Érase una Pez" de Miki Naranja, B de Blok (Ediciones B).




Despois da escoita do poema fixemos unha intervención para preservar o noso patio, cubrindo os charcos e lameiras con cortizas e unha alfombra de follas que foron aportadas polas familias.






viernes, 3 de mayo de 2024

Etiquetando o noso novo horto

Aproveitamos as ferramentas do noso Espazo Fedelleiro para elaborar os nosos carteis para a nova horta



 

martes, 23 de abril de 2024

Día do libro: “A Miña árbore secreta”


 Hoxe conmemoramos o día do libro cunha representación ao aire libre do conto “A miña árbore secreta” de David Pintor.
Cando rematou o conto recordamos a frase do seu avó polo que decidimos que coña él poderiamos plantar unha árbore, a nosa árbore, que nos de acubillo, descubramos aventuras, onde un monstruo veña a vernos, leamos contos…
A NOSA ÁRBORE SECRETA!

Xa nas aulas deseñamos un marcapáxinas reciclando follas de xornal e debuxando a Nosa árbore preferida, que xa estabamos a traballar no proxecto.




lunes, 25 de abril de 2022

EncontrosBN: Encontro cun Arquitecto #barrionovoquerepationovo

Hoxe tivo lugar o segundo Encontro de Familias c@s Arquitect@s de Lupo para pechar o proxecto final da nosa reforma de patio, a cal pretende crear un patio acorde coa pedagoxía do noso centro, e que éste sexa unha continuación e prolongación do mesmo.

Neste proceso tanto @s nen@s coma as familias foron parte activa deseñando e participando

 
Incluso elaboraron os seus cadernos de arquitect@s onde recollían o refuxio, vexetación...




Este proxecto será presentado nos próximos días no concello co beneplácito, colaboración e participación de toda a comunidade educativa.
Pincha aquí para ver todo o proceso

Grazas familias pola vosa colaboración!!

jueves, 3 de junio de 2021

Barrionovo quere patio novo

Estamos inmers@s nun proceso participativo de renaturalización do patio da escola, pero isto xa o sabedes porque sodes parte del.

Este cambio é preciso para ser coherentes co noso ideario e a nosa pedagoxía.

Os nenos e nenas son @s protagonistas deste cambio e o resto de axentes participantes (mestras, arquitect@s, familias, administración) somos facilitadoras. O noso cometido é facer que se sintan acompañad@s neste proceso de toma de decisións e empoderamento persoal.

O fin da educación é o desenvolvemento integral do alumnado mais se queremos chegar a adult@s responsables capaces de participar nas esferas de decisión da propia comunidade, debemos promover dende a infancia dita participación, decisión e interese polo común.

Compartimos con moito agarimo o seguinte vídeo onde resumimos a experiencia deste curso que, malia ser atípico, conseguimos pintar de cores e avanzar cara un Barrionovo máis auténtico, máis noso.

Grazas a tod@s @s que o facedes posible cada día.
#Barrionovoquerepationovo


#Barrionovoquerepationovo from biblio BN on Vimeo.