Mostrando entradas con la etiqueta Familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Familias. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de mayo de 2026

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA

 Onte puidemos desfrutar da recompensa obtida no Escape Room das Letras Galegas: unha xornada de xogos en familia no pavillón de Galán.

A empresa galega Velaísca encargouse de organizalo todo para que crianzas e familias só tiveran que preocuparse de gozar xogando xuntas.

Xogos tradicionais galegos elaborados por artesáns de Chantada como: os birlos, os ovos, a ponte, os sacos... cos que puxemos a proba as nosas habilidades e pasamos unha mañá moi divertida.






Moitísimas grazas pola vosa participación, familias!

jueves, 23 de abril de 2026

Día do libro: Cando esteas aburrido…

 “Cando esteas aburrido e non saibas que facer, colle un libro meu amigo, todo pode suceder…”

Así comeza a canción “IMAXINA” de Migallas, e con esta canción de fondo e moitas portadas de contos comezamos o día creando en familia a nosa exposición particular nun tendal de libros.


E baixo esta marabillosa exposición comezou a nosa lectura “Si yo fuese un libro” para conmemorar este día tan sinalado 
 

domingo, 19 de abril de 2026

Mes do libro 2026: As familias contan

Esta semana, con motivo do Mes do libro, as familias acudiron a nosa Biblio para compartir lecturas con todo o alumnado da escola.


Coma agradecemento un agasallo 3D da nosa biblio, e unha sinatura no noso libro de firmas.
Grazas familias!



 

miércoles, 8 de abril de 2026

EncontXo para inaugurar o Mes do libro

 Na BiblioBN arrinca o mes do libro cun EncontXo moi especial, unha lebre ladroa de libros está a roubar na vila, pero un intrépido Arturo a descubrirá!

¡Se busca!Lili la liebre ladrona de libros, de Emily Makensie, acabará descubrindo a biblioteca onde poderá coller todos os libros que queira, pero eso sí, en préstamo!


E con este EncontXo inauguramos as lecturas en Familia.

Animádevos a vir!




lunes, 23 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA 2026

 Este luns de biblio en familia conmemoramos o 189 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Fixémolo falando da súa biografía e escribindo palabras que nos evocan as nosas casas. Ademais, lemos e comentamos o poema "Miña casiña, meu lar".


Por último, construimos casiñas con palitroques cubertos con teas e creamos uns marcapáxinas ben orixinais.



lunes, 26 de enero de 2026

Tardes de Biblio en Familia: Os inicios do cine

Hoxe, nas tardes de Biblio en Familia, contamos coa presenza da familia de Andrea grandes expertos no mundo do cine.

Primeiro, a nai e o pai de Andrea fixéronnos unha presentación sobre os inicios do cine.


E, a continuación, o seu avó proxectounos dúas pequenas películas en formato Super8. Encantounos!


Moitas grazas pola vosa colaboración e implicación, familia!

lunes, 19 de enero de 2026

Tardes de Biblio en Familia: EncontXo baixo a luz negra

Baixo a misteriosa luz negra escoitamos este marabilloso conto de Emocións, con versos de María Leach, ilustrado por Olga De Dios, e editado por Baobab

A continuación poidemos ilustralo en familia con témperas sólidas neon 


 

miércoles, 17 de diciembre de 2025

Entrega Cartaces de Nadal

Hoxe as aulas de 4 e 5 anos saliron ás rúas de Pastoriza para entregar á veciñanza e establecementos os cartaces de Nadal " Unha panxoliña, un alimento".






Agardámosvos o vindeiro venres 19 de decembro para intercambiar panxoliñas por alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Rías Altas.

martes, 2 de diciembre de 2025

Tardes en Familia: ENAPA

Este luns pola tarde familias, alumnado e profesorado asistimos a unha sesión moi interesante da ENAPA.





lunes, 20 de octubre de 2025

Tarde de Biblio en familia: Os libros non son para os osos

Na semana da conmemoración do Día das Bibliotecas, lemos un conto que nos fala de que os libros e as bibliotecas son para todas e todos.







"A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS."





Despois da lectura proxectamos pequenos espazos lectores para todos os animais empregando materiais non estructurados.










jueves, 19 de junio de 2025

Despedida en familia no Monticaño

Este xoves desfrutamos en familia dunha Xornada no Monticaño
Música, actuacións e comida para festexar o remate deste curso escolar
A música correu a cargo de Pulpiño Viascón, grazas ao ANPA da escola que financiou a actividade 
GRAZAS FAMILIAS POR ESTE DÍA


 

lunes, 16 de junio de 2025

Tardes de Biblio en familia: Caramuxo Teatro


Este luns, grazas ao programa de Lectura e Familias de Bibliotecas escolares contamos no cole coa presenta de Caramuxo Teatro coa que fixemos un percorrido teatralizado por contos de temática mariña: piratas, baleas, contaminación…
Rematamos cun obradoiro en familia no que realizamos, en cartón, decoracións, con motivos mariños, con masa modelable de cores. Rematámola cun imán para poder colocala na neveira 



GRAZAS FAMILIAS!!


 

domingo, 1 de junio de 2025

Tardes de Biblio en familia: EncontXos con autor@s

Este mes de Xuño contaremos coa visita de Paco Nogueiras e Caramuxo Teatro grazas ao programa Lectura e familias, de Bibliotecas Escolares, do cal formamos parte.

Se queredes vir, avisa a titora por abalar, ou as mestras nas entradas e saídas da escola

Non o perdas!


 

martes, 27 de mayo de 2025

As familias contan: Familia de Luana

 “Bailar nas nubes”


 A través do soño dunha nena que desexa bailar coas nubes, este libro reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural e do respecto entre persoas de diferentes procedencias. As súas páxinas, nas que se aprecia unha presenza constante do folclore latinoamericano, contan a historia dun pobo que vai crecendo co paso do tempo, con novos habitantes que constrúen fogares e comparten experiencias colectivamente.

Este foi o precioso conto que trouxo Luana e o seu Pai 


Grazas Familia!