Mostrando entradas con la etiqueta Semana da Prensa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana da Prensa. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de marzo de 2020

Poesía-Express: Once Damas atrevidas

Esta semana a poesía express versa sobre mulleres, mulleres atrevidas como as do conto de kalandraka, de Oli e Helle Thomassen.
Unha conta atrás divertida a deste conto rimado, estades preparad@s!...

Despois recordamos que estamos na semana da prensa e aproveitamos para ver diferentes seccións do xornal e máis recordar onde temos o noso recuncho da Hemeroteca.




jueves, 14 de marzo de 2019

Encontros BN: Plan de xestión de residuos

Hoxe tivo lugar no centro un obradoiro no que aprendimos un pouco máis da xestión de residuos.
Dende o concello viñeron a contarnos en qué consiste o seu plan de xestión, e a presentarnos os novos contedores instalados en todo Arteixo.

Falamos da necesidade de reciclar e cómo debemos facelo.

Por último puxemos en marcha o aprendido botando cada cousa no colector correspondente.
Despois, xa nas aulas, aproveitaremos para traballar unha recente noticia do xornal que fai referencia a instalación deste novo sistema de xestión e que foi a noticia destacada no noso novo recuncho da Hemeroteca.

lunes, 11 de marzo de 2019

Celebrando o 8M na BiblioBn

Hoxe celebramos o día da Muller na BiblioBn visionando o video realizado polos nen@s, a semana pasada, das nosas mulleres traballadoras.
Depois tivemos un Encontxo 
"La vida secreta de las mamás"
Para este encontxo tivemos a visita dunha detective que nos descubriu unha morea de cousas das que fan as nosas mamás traballadoras.

Por último, aproveitando que comeza a semana da prensa, e tiñamos prensa que falaba do 8M, inauguramos o novo recuncho da BiblioBN, a HEMEROTECA.
Este recuncho contará cun espazo para noticias destacadas

Nel iremos colocando os xornais que a diario chegan a escola, e xa estamos a utilizar nas aulas no traballo diario.
Por último botamos unha ollada aos xornais destes días, e descubrimos, que o do día 8, trae moita de información do Día da Muller Traballadora, polo que o aproveitaremos para seguir traballando estes días.

viernes, 18 de marzo de 2016

Xa somos Xornalistas Deportivos





E traballamos tanto que o conseguimos !!!
Hoxe, na biblioBN, cada aula presentou o seu traballo na Semana da Prensa e despois entregáronse os carnés:












miércoles, 16 de marzo de 2016

Encontro Semana da Prensa






O noso agradecemento a Alex Centeno , xornalista deportivo de La Voz de Galicia , por compartir o seu tempo con nós para coñecer como se escribe un xornal.
Con él elaboramos unhas primeiras páxinas que en breve editaremos .