miércoles, 30 de marzo de 2022

Okupación escornabótica: Aria


 

Reto #barrionautasEastronovos: A Estación espacial Internacional

 DESPOIS DA VISITA DA PRIMEIRA ASTRONAUTA Á BIBLIOBN, COMEZAMOS A FALAR DOS ASTRONAUTAS, COMO VIAXABAN AO ESPAZO, COMO VIVÍAN ALÍ, PARA QUE... E COMEZAMOS A INVESTIGAR

DESCUBRIMOS A ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL E COMEZAMOS A PESCUDAR SOBRE ELA E A VIDA DOS ASTRONAUTAS NA MESMA


PREMENDO AQUÍ (OU NA IMAXE) PODEDES ACCEDER A TÓDOLOS NOVOS RECURSOS QUE APARECERON NO BLOGUE DA NOSA BIBLIO


DESCUBRIMOS COMO DURMEN, COMEN, LAVAN OS DENTES... E A QUE ADICAN O TEMPO

DESPOIS DE PESCUDAR DEBUXAMOS E ESCRIBIMOS O QUE ALÍ FAN PRINCIPALMENTE, QUE É LEVAR A CABO EXPERIMENTOS DE DIFERENTES TIPOS.



Por último decidimos imprimila en 3D para decorar o noso sistema solar e máis o minimundo do Espazo da aula

 

Encontros BN: Obradoiro Creativo




O luns visitóunos Julia de la Cal, artista, deseñadora e artesá do vimbio, a cal descubriunos este marabilloso oficio, ademáis de propoñernos esta actividade creativa, crear o noso propio refuxio de vimbio no que poderemos ler, descansar, reflexionar...

Pola mañá...


E pola tarde... continuamos en familia!


Grazas Julia por descubrirnos e facernos desfrutar deste Arte!


Semana da Poesía

A semana comezou cun poema extraído de "Poeta eres tú" de Creotz Ediciones.


Pouco a pouco a profe Aida nomeaba a poetas recoñecid@s, a través de tarxetas impresas coa cricut.




Ao finalizar a poesía, recordando o título, "Poeta eres tú" pensamos que nós tamén poderiamos ser poetas, facer o noso nome e incluílo na lista.





E para rematar...



martes, 29 de marzo de 2022

jueves, 24 de marzo de 2022

Reto #barrionautasEastronovos: Os tornados de Xúpiter

 Despois de visitar Marte, a nosa nave espacial aterrou en Xúpiter. Primeiro estivemos a investigar e recollendo información deste gran planeta, que se caracteriza fundamentalmente por ser o máis grande do sistema solar. 

Ademais descubrimos que neste planeta hai unha gran mancha vermella, que está chea de tormentas e que é case tan grande como o tamaño da terra.

Para isto Barri propuxo un novo experimento...



Bits 6: #barrionautasEastronovos

 

domingo, 20 de marzo de 2022

Novidades na BilioBN

Achégate a nosa biblio e desfruta das nosas novidades que podes levar en préstamo


 

Xogos e impresión 3D

Xogo lóxico matemático no que temos que levar o noso cohete á lúa. Tira o teu dado e despega!

 

sábado, 19 de marzo de 2022

Reto "Misión Gaia": Pescudando infornación na BiblioBN


Neste mes a BiblioBN, xunto ao equipo de normalización lingüística, lanza o reto de pescudar acerca da misión da Sonda espacial Gaia e Minia Manteiga. Pois puxémonos mans a obra e acudimos a BiblioBN a pescudar

Ademáis aproveitamos para imprimir os logos da ESA e da NASA que tamén estamos a traballar

 

martes, 15 de marzo de 2022

Poesía Express: Rimas de Luna

A poesía express deste martes "Rimas de Luna" de Antonio Rodenas e Asun Balzola versaba sobre un elemento que estivemos traballando dentro no noso proxecto #BarrionautaseAstronovos: a lúa. 

jueves, 10 de marzo de 2022

Venres de EnCurtas: Soy Mujer

 Adaptación do libro "Soy Mujer" de BaoBab, creado a partir de citas de mulleres que abriron camiño e transformaron a sociedade

EncontXo 8M: "Soy Mujer"


 Este Xoves, no espazo Fedelleiro, desfrutamos do libro "Soy Mujer" da editorial BaoBab, creado a partir de citas de mulleres que abriron camiño e transformaron a sociedade. 
Escoitamos o conto mentres desfrutábamos da música de fondo e imaxes en movemento relacionadas co texto.
Preme aquí para ver a proxección. 


miércoles, 9 de marzo de 2022

Poesía Express 8M: Pioneiras no espazo

Este martes aterrou na BiblioBn nada máis que Valentina... a primeira muller astronauta! 
Para contarnos da súa fazaña e máis doutras mulleres que coma ela fixeron historia na conquista do espazo

A través dunha poesía adaptada (A astronauta Analía), de Carmen Gil, A astronauta Valentina falou do seu paseo sideral, polo espazo exterior, coma a primeira muller en conseguilo.
Ademáis plantexou un reto, investigar outras mulleres relacionadas coa conquista do espazo coma Sally Ride, Ellen Ochoa, Katherine Johnson, Ana Bru, Minia Manteiga...
Seguiremos en contacto!

E se queres ver máis deste Encontro...