jueves, 25 de abril de 2024

As familias contan: El monstruo encapuchado

Coidado! Un monstruo encapuchado anda pola barrio!

Armando Ardilla, Eric Erizo e Ramón Ratón Orión falan del, pero queren velo cos seus propios ollos. A ver qué cara pon o monstruo cando se atope con estes tres valentes! E a ver se son tan valentes cando estén cara a cara co monstruo!

Este conto nos trouxo Carolina para descubrirnos finalmente que o monstruo só quería…

AMIGOS!

GRAZAS FAMILIA!!




miércoles, 24 de abril de 2024

As familias contan: O pedo máis grande do mundo


O mono foi o que tivo a idea deste gran concurso.
Un concurso de peidos na xungla, onde participarán o elefante, o león, a cebra, o hipopótamo, o rinoceronte. Quen será o gañador?
Este simpático conto o que nos trouxo a mamá de Bruno para comezar o día cun sorriso.
GRAZAS FAMILIA!!


 

martes, 23 de abril de 2024

Día do libro: “A Miña árbore secreta”


 Hoxe conmemoramos o día do libro cunha representación ao aire libre do conto “A miña árbore secreta” de David Pintor.
Cando rematou o conto recordamos a frase do seu avó polo que decidimos que coña él poderiamos plantar unha árbore, a nosa árbore, que nos de acubillo, descubramos aventuras, onde un monstruo veña a vernos, leamos contos…
A NOSA ÁRBORE SECRETA!

Xa nas aulas deseñamos un marcapáxinas reciclando follas de xornal e debuxando a Nosa árbore preferida, que xa estabamos a traballar no proxecto.




lunes, 22 de abril de 2024

As familias contan: La luna Inés se va de vacaciones

 La luna Inés y su amigo, el cohete Manolete, vuelan hasta una pequeña isla en medio del mar para escapar de la lluvia. Juntos se bañan y se relajan, porque las lunas también necesitan unas vacaciones de vez en cuando!

Así o contou a mamá de Youssra a través deste conto rimado.

GRAZAS FAMILIA!




Tardes de Biblio en Familia: Contamos e cantamos

 Hoxe na biblio contos para contar números, imaxinar, representar, xogar e facer percusión 



domingo, 21 de abril de 2024

As familias contan: O pallaso Mariano

 Pois imos contar un conto… e hoxe foi un conto de Creación propia, O pallaso Mariano escrito por Pablo o papá de Mario. Un conto que parece inspirado nunha escola e protagonistas que ben coñecemos.

GRAZAS FAMILIA!


jueves, 18 de abril de 2024

As familias contan: Unha cea monstruosa

Un menú monstruoso o que nos trouxo o papá de Ale.
Un chef de primeira con tres estrellas negras: croquetas da avóa, caracois na súa baba, xeado con merengue encantado… estades preparados para degustalo?
GRAZAS FAMILIA!







 

ENAPA: “Uso saudable da tecnoloxía” Antonio Rial

 


Hoxe tivo lugar na Nosa escola un encontro no que puidemos compartir a necesidade do uso responsable das tecnoloxías e os perigos que estas poden significar nun futuro non moi lonxano para @s nos@s pequen@s.


Quedou claro que esta é unha labor conxunta da comunidade educativa, de ahí a necesidade un traballo conxunto, común e consensuado no que familia e escola traballen xuntas. 
Non tentamos de denostar as novas tecnoloxías senón de saber utilizalas con sentido e finalidade, seleccionando contidos, tempos, con control, seguridade…

miércoles, 17 de abril de 2024

As familias contan: El fantasma de las bragas rotas

En Castrelo Pesadelo todo o mundo vivía aterrecido. Porque alí vivía... a Pantasma das bragas rotas! Conseguiran os seus veciños que deixe de asustalos?
Mila e Adri interpretaron magníficamente este divertido conto.
GRAZAS FAMILIA!

 


martes, 16 de abril de 2024

As familias contan: Antón Piñón

Miriam e Sábela contáronnos un divertido conto, Antón Piñón, que se colou na pastelería da avoa coa intención de axudar pero… como era de esperar, a aventura rematou algo pringosa.
GRAZAS FAMILIA!

E de agasallo…marcapáxinas 3d







 

lunes, 15 de abril de 2024

Mes do libro: Caracol e vermiño

 Caracol e vermiño desputaban unha sabrosa folla verde e no medio da súa disputa a pomba fíxose co sea manxar. Un conto que destaca a importancia de compartir que tan ben nos contaron Estefanía e a súa nai.

GRAZAS FAMILIA!





Tardes de biblio en familia: Por 4 esquinitas de nada

Un conto sobre a amizade, diferencias e a inclusión cunha proposta gráfica moi orixinal.
 Despois de ver o conto no retro puidemos experimentar en familia con este e máis coa mesa de luz 

viernes, 12 de abril de 2024

As familias contan: El ladrón de Hojas

Nesta ocasión Romina contóunos a historia do “Ladrón de hojas” na que o esquío descubre o inevitable cambio das estacións.
GRAZAS FAMILIA!

 

#Perigo!Natureza: a CAMELIA

- A cor das camelias. Estampamos co martelo e elaboramos o recuncho das flores (se atopades flores polo camiño á escola, son benvidas.

-Xa que co aceite das camelias se elabora xabrón, a nosa mesa de experimentación convertiuse nun laboratorio de pompas










Venres de EnCurtas: Los fantásticos libros voladores

 

miércoles, 10 de abril de 2024

As familias contan: Esta fruta es mìa

Hoxe o papá de Erik inaugurou o mes do libro con esta magnífica lectura que falta da importancia de traballar en equipo.
GRAZAS FAMILIA!

 

jueves, 4 de abril de 2024

Taller de Collage con Carlos Gallego

Hoxe visitounos Carlos Gallego, ilustrador e deseñador gráfico, que realizou uns Talleres de Collage para o alumnado dentro do programa Biblioteca Creativa.








 

martes, 2 de abril de 2024

Día Internacional do libro Infantil

 


Conmemoramos este día facendo voar os contos, en forma de avións de papel, contos que viaxan voando, tal e coma difunde a mensaxe de Eiko Kadono para o Día do libro infantil.