Mostrando entradas con la etiqueta #somosdemonte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #somosdemonte. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de junio de 2019

EXPO #somosdemonte




Como remate de curso invitamos ás familias á Exposición #somosdemonte para mostrarlles todo o que aprendemos con este Proxecto.






martes, 4 de junio de 2019

Encontros BN: Anxo Moure

Hoxe visitounos Anxo Moure, escritor, contacontos e defensor do medio ambiente, para celebrar este día cunha chea de contos que defenden os nosos bosques e o seu coidado.
Pasámolo en grande!!
E de remate...un agasallo, o seu libro "O paraugas dame aguas" de Urco Editora.
Moitas Grazas Anxo!!!






Martes Poesía-Express: Chambra de Choiva

Este martes un poema de Antonio García Teijeiro levou a maxia da natureza á BiblioBN.




 Extraído de @LeiaPoesiaGz.

Nas aulas realizamos producións artísticas empregando os fentos dos que nos falaba o poema e outros elementos naturais como as piñas.


miércoles, 8 de mayo de 2019

Encontro: Seprona

Esta mañá a escola recibiu a Manuel, membro da Guardia Civil, máis concretamente de SEPRONA.

Manuel falounos sobre o traballo que realiza xunto aos seus compañeir@s, os riscos mediambientais derivados das malas prácticas humanas e como podemos nós previr que ocorran.

Centrouse ademais na prevención de incendios forestais. Nós contámoslle as nosas experiencias relacionadas con este tema e mantivemos un diálogo agradable reflexionando sobre o medioambiente cunha persoa experta.
Moitas grazas por todo!



 

viernes, 26 de abril de 2019

Encontro: Árbores de Cinza


Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de Benito, representante da asociación Galicia ambiental.
Benito presentounos o proxecto Árbores de Cinza a través do cal puidemos coñecer de primeira man os desastres producidos nos últimos anos por mor do lume no territorio galego (Chandebrito entre outros).


Durante a visita, ademais de ver un vídeo e unha presentación, puidemos aprender máis cousas sobre a deforestación, as especies invasoras e as prácticas nocivas que levan á destrución do medio.
Ademais, reflexionamos sobre diferentes medidas que podemos levar a cabo nós para evitar e revertir este proceso.

Para finalizar, como de costume, sinatura no noso libro de visitas e agasallo 3D.


Moitas grazas!
E despois da visita...
Saída a monticaño para levar a cabo a nosa pequena reforestación

jueves, 25 de abril de 2019

Encontro: Reforestación

Hoxe Armando, agasallounos coa súa presenza na BiblioBn cun encontro sobre reforestación.

Contounos que era bombeiro forestal e explicounos os riscos dos incendios, as súas causas e as accións que nós podemos levar a cabo para evitalos. 
Tamén como podemos reparar o dano unha vez xa este feito, a través da reforestación.

É costume, polo día do libro, agasallar cun libro e unha flor.
Armando, nesta semana do libro, agasallounos coa lectura do conto “A pequena árbore”, de Ánxeles Ferrer, e con algo máis especial que unha flor cortada, dúas árbores vivas (pradairos vermellos, loureiros e carballos) para que cada nen@ leve a cabo a súa acción de reforestación coa súa familia.

A cambio, coma sempre, un agasallo en 3D, a árbore da vida máis un mapa de Galiza imantado.
 Ademáis deixou algún máis na escola para levar a cabo unha pequena reforestación no Monticaño nestes días.
Mil grazas por todo!

miércoles, 10 de abril de 2019

Escornaviaxe polos Montes Galegos

No mapa físico de Galicia, no que levamos todo o curso a traballar, e situar os montes investigados, xogamos con dous dados, un de letras e outro de números.
 Tiramos e buscamos a coordenada, a onde teremos que levar o noso escornabot, e ver que monte se atopa máis preto.

Martes Poesía-Express: Korokoro

Hoxe a profe Mayte presentóunos esta poesía musical a partires do conto visual Korokoro,  
de Émilie Vast.





domingo, 31 de marzo de 2019

Ecopatrullas BN


Descubre as novas ecopatrullas do noso HortoBN
Preme na imaxe

jueves, 28 de marzo de 2019

Atelier Creativo IV: Minimundos

Durante estas dúas semanas no Espazo Fedelleiro temos diferentes propostas relacionadas co xogo libre e coa creación de minimundos.


En cada espazo hai preparados diversos materiais relacionados coa natureza, coa terra, animais, diseños de impresión 3D, etc.
Así, as nenas e nenos poder imaxinar e construir a través deles os seus propios mundos.





Encontro Hortícola: Tío Ainara Souto

Hoxe o tío de Ainara Souto visitounos para axudarnos a controlar a praga de pulgón do noso limoeiro.
Como queremos evitar o uso de produtos químicos na escola ensinounos a elaborar un preparado a base de leite e auga que crea unha película que asfixia ao pulgón.

 Con este preparado todas e todos puidemos participar na fumigación da árbore.

 Finalmente como todas as visitas que recibimos no centro, Ramón asinou o noso libro de visitas e recibiu un agasallo da Biblio BN. Moitas grazas Ramón polo túa colaboración!


miércoles, 20 de marzo de 2019

Encontro #somosdemonte: Iago e a súa Nai


Hoxe visitounos Raquel, a nai de Iago, e xuntos contáronnos que é o Plumacho, unha planta invasora que é difícil de erradicar e interfire no crecemento doutras plantas autóctonas.
Tamén nos falaron da súa procedencia, nome científico...

Moitas grazas Familia por vir a Nosa biblioteca a compartir información!

jueves, 7 de marzo de 2019

Atelier III: Carautas de entroido

Estes días no Espazo Fedelleiro tivemos un novo atelier no que fixemos caratuas para o entroido.
Cada unha levaba un led que acendíamos cun pequeno circuito e máis un clip.
No seguinte video podedes ver o proceso