Mostrando entradas con la etiqueta #quedanacasafamilias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #quedanacasafamilias. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2020

#QUEDANACASA LX: DESPEDIDA FINAL

Case sen darnos conta chega o final deste curso excepcional.
Pasamos momentos difíciles pero pouco a pouco estamos a superalo.

Antes de nada darvos as grazas a tod@s polo gran esforzo e a colaboración nas actividades que vos fumos plantexando.
Sabemos que non foi fácil, pos iso, dende o equipo de barrionovo

GRAZAS!!!!

Pasade un feliz verán, desfrutade, descansade... 
Pero non podíamos marchar sen deixarvos unhas tarefas para este verán... estade ben atentos ao video!!!


Pero o curso que ven recibiremos a novos compañeir@s.
 Por iso queremos deixarlles aquí un video de benvida para que vaian coñecendo o noso cole.

BENVID@S!!


FELIZ VERÁN!
UN BICO ENORME PARA TOD@S!!!


jueves, 18 de junio de 2020

#QUEDANACASA LIX: DESPEDIDA DE 5 ANOS

A semana continúa e seguimos coas despedidas.
Hoxe despedimos aos nosos compañeir@s da aula azul, as nenas e nenos de 5 anos. Remata para eles unha aventura para comezar unha nova, xa no "cole de maiores".
Quen diría que levan 3 anos no cole, parece que fai dous días que chegaban e xa son os maiores, dos que tantas cousas aprendimos e tantas veces fixeron de anfitrións.
Pero esta non será unha despedida, só un ata sempre, esta será sempre a vosa escola e esperamos vervos de novo, na biblioteca, no espazo fedelleiro vindo a ler contos...
Ademáis temos algo pendente... unha despedida!!!
sabemos que este foi un ano difícil para tod@s, pero seguro que nos fixo máis valentes!!!
Un bico enorme para todos, e por favor, non olvidedes a vosa escola de barrionovo!!!
💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙
Esperamos que desfrutedes do video!!!


E para que sempre os recordedes aquí tedes a súa orla
E recordades o desfile exipcio?
Pasámolo de medo!!!



Ata sempre!!!!

miércoles, 17 de junio de 2020

#QUEDANACASA LVIII: DESPEDIDA DE 4 ANOS

A semana vai avanzando e seguimos coas despedidas deste curso tan singular. 
Hoxe tócalle aos nen@s de 4 anos, hoxe será o seu día, onde recordaremos o seu paso polo cole neste segundo ano para eles.
Bravo polas nenas e nenos de 4 anos!!!
Vémonos en setembro!!

 E os de 4 tamén teñen a súa orla
E recordades cando os masais de 4 anos invadiron a escola?
Foi ben divertido!!


Seguide ben atentos ás sorpresas desta semana!

martes, 16 de junio de 2020

#QUEDANACASA LVII: DESPEDIDA 3 ANOS

Chegan as despedidas e hoxe tócalles aos nen@s de 3 anos.
Recordaremos o seu paso pola escola neste curso tan peculiar.

Fai 9 meses que chegaban a escola, cos seus medos, inquedanzas...
non coñecían a escola, as profes, a clase, @s nen@s... pero pouco a pouco foron facendo amig@s, collendo confianza e...
 comezou a diversión!!! 
Pasando a formar parte da familia de barrionovo

Esperamos que o desfrutedes!!

E coma hoxe vai de recordos... aquí tedes a vosa primeira orla da escola.


lunes, 15 de junio de 2020

#QUEDANACASA LVI: ENCONTRO DESPEDIDA DO NOSO PROXECTO

Bo día familias!!

A nosa viaxe está chegando ao seu fin. unha viaxe que comezamos fai xa 9 meses!!! alá polo mes de setembro chegábamos a escola, e  comezábamos a nosa viaxe polo mundo.

Esta semana estará adicada as despedidas, hoxe despediremos o noso proxecto anual #mesturarte, que comezaba cunha viaxe virtual ao redor do mundo, buscando e coñecendo novas civilizacións e culturas.

Para esta investigación acudimos a nosa biblioteca, a axuda das familias, pescudas na rede, os compañeir@s...

Coñecimos os masais, exipcios, korowais, inuits... e compartimos as nosas investigacións
(preme na imaxe para recordalas)

E hoxe queremos compartir convosco un resumo de tódalas pescudas, que comezaron no cole, e seguiron na casa, coa vosa gran axuda.

Esperamos que o defrutedes!!!




Grazas a tod@s polo esforzo neste trimestre!!!

domingo, 31 de mayo de 2020

domingo, 24 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: GRAZAS FAMILIAS

GRAZAS FAMILIAS POLOS VOSOS TRABALLOS:

CONTOS



 EXPERIMENTOS

POESÍAS


 CELEBRACIÓNS

 ARTE

MÚSICA
RECEITAS

PSICOMOTRICIDADE
 MATES

REFUGALLO




jueves, 14 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: RETO MUSEO BELAS ARTES

"Imitando un cadro do museo de belas artes"

Xa temos as primeiras obras de arte!!


SE TE ANIMAS TES QUE:
1.ESCOLLER UNHA DAS OBRAS DO VIDEO
2. REPRODUCILA CON IMAXINACIÓN
3. ENVIALA COS TEUS DATOS A: 
mu.belas.artes.difusión@xunta.gal

sábado, 9 de mayo de 2020

viernes, 1 de mayo de 2020

jueves, 30 de abril de 2020

#QUEDANACASA: #mesturarte

Xa sabedes a canción de Ani Kuni?
Pois agora a  india sisika vaivos dar un truco para facer a vosa frauta (un dos instrumentos que tocaban os indios)


Se queredes facer unha frauta máis profesional, mirade este vídeo.


Ademáis, podedes viaxar a través deste mapa a outros países e descubrir os seus instrumentos musicais máis representativos!