viernes, 25 de septiembre de 2020

Venres de EnCurtas: Outono en Barrionovo

Estreamos os Venres de EnCurtas con esta pequena curta na que os nosos nen@s son os protagonistas.

Emulando o conto de Ramón, de Jesús Cisneros, que estivemos a traballar esta semana, sacamos os paraugas para recibir o Outono en Barrionovo.

lunes, 21 de septiembre de 2020

Martes Poesía-Express: Ramón

 Na biblioBn queremos dar a benvida o Outono con este marabilloso álbum ilustrado onde "Ramón" sal un día sen choiva a pasear co seu paraguas aberto. Todo o que topa no seu camiño ten unha delicada maxia, a xente, o bosque, o outono... e finalmente a choiva.

Un libro de Jesús Cisneros e editado por Libros do Zorro Rojo, que foi premio Lazarillo de Ilustración no 2007.


Despois un pequeno Atelier espera na biblioteca para dar a benvida o Outono.
Acudiremos en parellas (equipos de convivencia estables e seguindo as medidas de seguridade da biblioteca)



Preparando o noso "videoprotocolo"


 

domingo, 20 de septiembre de 2020

A aula azul coñece o noso escornabot

 Nestes días @s nen@s de 3 anos, en pequeno equipo, coñeceron o noso escornabot, co que tentaban coñecer un pouco máis aos seus compañeir@s.

Respectando os equipos de convivencia estable e as medidas de hixiénicas, todo é posible!

viernes, 11 de septiembre de 2020

lunes, 7 de septiembre de 2020

Creando o noso camiño...con SENTIDIÑO

 

Rotulamos o cole coa axuda das nosas ferramentas creativas e coa ambientación propia do noso proxecto #camiñanteSIhaicamiño
E ti? Queres coñecer o noso camiño??


miércoles, 2 de septiembre de 2020