Mostrando entradas con la etiqueta Impresión 3D. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Impresión 3D. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de marzo de 2026

Engrenaxes con impresión manual

No ámbito do Fedelleiro estamos a empregar os lápices de impresión 3D (dotación do programa "Polos Creativos") para imprimir engrenaxes da Máquina do Tempo de xeito manual. 




Comparando os engraxes feitos na impresora 3D cos que fixemos nós, podemos apreciar ás diferencias entre os productos artesanais, feitos á man e os producidos por unha máquina.



miércoles, 19 de noviembre de 2025

CUÑAS 3D

Fixemos cuñas coa impresora 3D para replicar a escritura cuneiforme en tabliñas de arxila.








lunes, 22 de septiembre de 2025

Engrenaxe

Comeza o movemento no Espazo Fedelleiro cun engrenaxe, a primeira peza de impresión 3D do proxecto deste curso: A máquina do tempo.


ENGRENAXE






Peza extraída do repositorio Thingiverse: 

https://www.thingiverse.com/thing:6637069/files

lunes, 16 de junio de 2025

Agasallo 3D Despedida

 Para despedir ao alumnado de sexto de infantil estamos a preparar as litofanías das súas fotos nunca aplicación on-line






martes, 10 de junio de 2025

Minimundos 3D: Animais mariños

  Os nenos e nenas de 4º de E.I. realizaron as súas propias creacións de animais mariños na App Doodle 3D e, posteriormente, estes foron impresos na impresora 3D do espazo fedelleiro.

Con eles crearemos minimundos do mundo mariño. 



viernes, 30 de mayo de 2025

Agasallo 3D: Despedimos ao noso Auxiliar de Conversa

 Despedimos a Matt con este chaveiro 3D realizado por un alumno da aula de sexto de infantil coa app Doodle 3D



jueves, 3 de abril de 2025

Impresión 3D: Deseñando o noso logo

 ESTA SEMANA RECIBIMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL

ALUMN@S DA USC ACUDIRON A NOSA ESCOLA PARA VER O NOSO TRABALLO

EN AGRADECEMENTO DECIDIMOS CREAR UN NOVO AGASALLO

DESEÑAMOS, VOTAMOS E IMPRIMIMOS



lunes, 16 de diciembre de 2024

Chaveiros coas nosas iniciais

Iniciamos aos pequenos da aula laranxa no uso da impresora 3D a través da súa inicial.
Seleccionamos e imprimimos letras que despois convertiremos en chaveiros.



jueves, 10 de octubre de 2024

Encontros BN: Nai e Pai de Xoel

Hoxe Emilio e Adriana, pais de Xoel, visitáronnos no Espazo Fedelleiro para falarnos do embarazo, dos cambios de bebé e da maxia de poder escoitar dous corazóns latexando nun memo corpo.







jueves, 3 de octubre de 2024

Encontros BN: Miriam, nai de Sabela.

Hoxe Miriam, sanitaria de profesión, explicounos moitas cousas relacionadas co seu traballo e coa nosa saúde.


Despois experimentamos coa importancia do lavado de mans con auga e xabrón para eliminar os virus e bacterias.



De agasallo entregámoslle un corazón feito na nosa impresora 3D.






Moitas grazas Miriam!!!!!!

viernes, 21 de junio de 2024

Agasallo 3D: Litofanías do alumnado da aula laranxa

 As nenas e nenos da aula Laranxa rematan no noso cole e como agasallo estamos a preparar estas Litografías coas súas fotos








domingo, 19 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS 24: ALMA DE VIOLINO

O xoves día 16 conmemoramos o Día das Letras Galegas con diferentes actividades.

Recibimos na biblioBN  a Alma, compañeira de Luísa Villalta, quen saíu do violino para contarnos moitas cousiñas da vida da autora homenaxeada.

Como despedida, despois de meterse no violino de novo, Alma deixounos unha nube de pompas de xabrón.

Baseámonos no libro "Alma de violino" de Beatriz Maceda e Eli Ríos.

Despois empregamos a nosas palabras favoritas en lingua galega, elixidas na casa coas nosas familias, para completar o mural co skyline da cidade de A Coruña e os seus monumentos máis relevantes.


Por outra banda, nas aulas tamén traballamos con estas palabras para facer creacións poéticas como a que podedes ver no seguinte vídeo.

Para finalizar o día, levamos para casa unha lingua feita coa impresora 3D e un código QR que enlaza á páxina do blogue do EDLG na que se atopa o repositorio de todas as cantigas en lingua galega empregadas nos calendarios deste curso. 

http://barrionovofalagalego.blogspot.com/p/barrionovo-canta-en-galego.html

viernes, 17 de mayo de 2024

Fedellando: Agasallo 3D En galego!


 Un QR que nos leva as cancións en galego que estamos traballando este curso para que poidan escoitar e desfrutar en casa