Mostrando entradas con la etiqueta Ecoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ecoloxía. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de abril de 2019

Encontro: Reforestación

Hoxe Armando, agasallounos coa súa presenza na BiblioBn cun encontro sobre reforestación.

Contounos que era bombeiro forestal e explicounos os riscos dos incendios, as súas causas e as accións que nós podemos levar a cabo para evitalos. 
Tamén como podemos reparar o dano unha vez xa este feito, a través da reforestación.

É costume, polo día do libro, agasallar cun libro e unha flor.
Armando, nesta semana do libro, agasallounos coa lectura do conto “A pequena árbore”, de Ánxeles Ferrer, e con algo máis especial que unha flor cortada, dúas árbores vivas (pradairos vermellos, loureiros e carballos) para que cada nen@ leve a cabo a súa acción de reforestación coa súa familia.

A cambio, coma sempre, un agasallo en 3D, a árbore da vida máis un mapa de Galiza imantado.
 Ademáis deixou algún máis na escola para levar a cabo unha pequena reforestación no Monticaño nestes días.
Mil grazas por todo!

domingo, 19 de noviembre de 2017

Mensaxe nunha Botella

Este venres, ao entrar do recreo, descubrimos que unha botella arribou ao Espazo Fedelleiro:



Tod@s xunt@s tentamos averiguar: "por que hai unha praia coa Torre de Hércules?, que leva dentro a botella?, un mapa dun tesouro?, unha carta que alguén nos envía?..."


Iago atrévese a desvelar o misterio:


Efectivamente!!! unha carta chega da ruta do Cantábrico Leste para covidarnos a asumir un reto que axude a mellorar a vida dos nosos océanos. Unha carta que comezou a súa ruta no País Vasco e entrou a Galicia por Viveiro, seguiu por As Pontes, Ortigueira e Oleiros ata arribar en Barrionovo:


Escaneamos o código QR da carta para acceder a páxina deste evento: Mensaje en una botella.


Asumimos o retp de limpar unha praia e crear esculturas mariñas co lixo recollido:




viernes, 26 de mayo de 2017

PARTICIPANTES NO CONCURSO "ROBOTS EN 3R"

Ver aquí
A través desta entrada e na barra lateral do blog podedes acceder aos vídeos explicativos dos Robots presentados ao concurso.

Noraboa a tod@s!!!

martes, 23 de mayo de 2017

EncontXos polo Planeta VII: Vandana Shiva


A lectura achéganos ata a India, país de Vandana Shiva. Esta científica, filósofa e escritora acompáñanos coa súa acción: COMPARTIR.
Unha muller que abraza a vida coa súa conciencia ecolóxica e preservación ambiental.
Escribimos a acción e buscamos o seu país:



jueves, 11 de mayo de 2017

EncontXos polo Planeta VI: John Muir


Descubrimos ao naturalista John Muir e a súa historia en defensa da Natureza.


Localizamos Estados Unidos, escribimos a súa acción en defensa do Planeta e completamos o noso panel. 







Coñecemos a uns osos que viven nun deses espazos naturais que defendeu Muir:

miércoles, 22 de marzo de 2017

EncontXos polo Planeta V: Wangari Maathai

Escoitamos a historia da Muller Árbore:







Localizamos Kenia, escribimos o nome da súa acción en defensa do planeta e completamos o noso taboleiro:



martes, 7 de marzo de 2017

EncontXos polo Planeta IV: Severn Suzuki


Lemos a historia desta nena que durante 6 minutos silenciou aos representantes das Nacións Unidas cun discurso en defensa do medio no que vivimos:


Escoitamos o seu discurso:



Escribimos a acción en defensa do planeta e buscamos Brasil:


Unha nova acción para o noso panel:


Posteriormente, o alumnado de 3 anos elabora o QR que enlaza con esta información, pégao no panel e comproba que funcione.
Xa na aula, rexistramos a actividade:



lunes, 9 de enero de 2017

EncontXo polo Planeta III : Berta Cáceres


Resultado de imagen de berta cáceres frases

PROTEXER: Berta Cáceres

Coñecemos o seu traballo, xunto co pobo lenca, na defensa dos ríos:


Localizamos o seu país: Honduras


Escribimos a acción:




Ampliamos o mapa coas accións en defensa do planeta:


miércoles, 30 de noviembre de 2016

EncontXos polo Planeta II : Peter Wilcox



Seguimos a traballar accións en defensa do planeta: 


Coñecemos ao que foi, durante 40 anos, capitán do Rainbow Warrior. Navegando en defensa de focas, baleas e os nosos mares ...


Buscamos o seu lugar de nacemento e escribimos a acción:



Visionamos un vídeo de alumnos da República Dominicana en defensa das baleas:



7