martes, 10 de marzo de 2026

Lectura e Familias: English with Mr. Nibbles

Este luns á tarde, lectura e familias adicouse ao inglés. 

Lemos o conto rimado Feminist Baby ás nosas familias e despois xogamos con Mr. Nibbles, unha simpática rata que nos acompaña moitas veces durante as sesións de inglés. Ademais de alimentalo e deixar que nos fixera cóxegas, lemos algún que outro conto e xogamos ao xogo Unicorn Party.




lunes, 9 de marzo de 2026

Poesía Express 8M: Feminist Baby

  Esta semana, con motivo do 8M a profe Lucía leunos o libro en verso Feminist Baby, sobre a importancia de que os nenos e nenas sexamos libres para decidir os nosos xogos e vestiario, alén dos estereotipos de xénero prefixados. 

Para rematar bailamos e puidemos xogar con coches, bonecas, instrumentos e disfraces libremente.



viernes, 6 de marzo de 2026

TRANSMISORAS NO TEMPO especial 8M

 


Esta mañá a BiblioBN foi testemuña dun encontro interxeracional. Avoas e netas/os, compartiron un faladoiro moi interesante sobre a infancia no pasado. Unha entrevista feita polos máis pequenos onde houbo lembranzas, xogos, música e un autentico legado para non esquecer!

Un 8M adicado á mulleres moi significativas no día a día dos nosos nenos/as.

MOITAS GRAZAS AVOAS






PODEDES DESFRUTAR DA CONVERSA NOS SEGUINTES VÍDEOS

Venres de EnCURTAS: HAMPUY Amta Haru

viernes, 27 de febrero de 2026

Obradoiro Biblioteca Creativa 26: Olería con Pablo Risco

Hoxe recibimos no noso Espazo Fedelleiro a Pablo Risco, artesán especializado en cerámica.



Ensinounos o proceso de produción de diversas pezas empregando as nosas mans e tamén o 
torno cerámico, coa técnica que xa dominaban os mestres oleiros en Buño no século XVII.










Obradoiro realizado grazas ao programa Biblioteca Creativa.




martes, 24 de febrero de 2026

POESÍA EXPRESS: CALDO DE GLORIA

Hoxe celebramos o día de Rosalía coa poesía "Caldo de Gloria", para honrar a poetisa e novelista Rosalía de Castro. 

A Fundación Rosalía de Castro puxo en marcha a iniciativa "Caldo de Gloria", inspirada no poema "Miña casiña, meu lar", na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a supervivencia a que se tiña que afrontar acotío.



Así na BiblioBn fixemos tamén un caldo de gloria, cos ingredientes do poema. Logo, nas aulas, rematouse a xornada cun traballo de escritura de palabras significativas.



lunes, 23 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA 2026

 Este luns de biblio en familia conmemoramos o 189 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Fixémolo falando da súa biografía e escribindo palabras que nos evocan as nosas casas. Ademais, lemos e comentamos o poema "Miña casiña, meu lar".


Por último, construimos casiñas con palitroques cubertos con teas e creamos uns marcapáxinas ben orixinais.



lunes, 16 de febrero de 2026

#amáquinadotempo: A CORRESPONDENCIA

 Na aula azul estamos descubrindo a correspondecia! 

Eleximos a quen queremos escribir, traballamos os lugares no mapa, o enderezo, o remite e o remitente, o saúdo, a despedida e a sinatura. A carta como tipo de texto, e a aprendizaxe da lectoescritura de xeito significativo.



martes, 3 de febrero de 2026

Lectura e familias: NANA DE TELA

 


A familia de Estefanía compartiu unha lectura e propuxo un obradoiro de costura ben divertido. GRAZAS



viernes, 30 de enero de 2026

Encontxo: Día da paz e non violencia

 Aínda que en Barrionovo falamos todos os días da importancia da resolución dos conflictos e da non violencia, hoxe aproveitamos a conmemoración do día da paz para a lectura dramatizada do conto "Un pouco de mal humor" da autora Isabelle Carrier. 

Con el aprendemos que basta un pouco de vontade e responsabilidade individual para desfacer os nós que nós mesm@s creamos e ás veces enlean a convivencia. 











Venres de EnCurtas: "Outdoors"

martes, 27 de enero de 2026

ENTROIDO : A MÁQUINA DO TEMPO

 O VENRES 13 DE FEBREIRO, VIAXAREMOS AO PASADO. 


CADA AULA RECREARÁ A VESTIMENTA DUNHA ÉPOCA MOI CARACTERÍSTICA DO PASADO.


AULA ROSA: ANO 1900



AULA LARANXA: ANOS 1960 


AULA AZUL: ANOS 1980 






lunes, 26 de enero de 2026

Tardes de Biblio en Familia: Os inicios do cine

Hoxe, nas tardes de Biblio en Familia, contamos coa presenza da familia de Andrea grandes expertos no mundo do cine.

Primeiro, a nai e o pai de Andrea fixéronnos unha presentación sobre os inicios do cine.


E, a continuación, o seu avó proxectounos dúas pequenas películas en formato Super8. Encantounos!


Moitas grazas pola vosa colaboración e implicación, familia!

jueves, 22 de enero de 2026

#ENCONTXO: TRANSMISORAS NO TEMPO

 Durante este segundo trimestre, daremos visibilidade á transmisión oral das persoas maiores. 

Para non esquecer como era todo antes. 

Para que o seu "legado" non se perda.




Escoitamos o pasado da avoa Nenuca coa lectura do conto.
Agora vos invitamos a falar  e preguntar coas nosas maiores a través da proposta:

TRANSMISORAS DO TEMPO




Unha vez máis necesitamos da vosa colaboración, elexindo unha MULLER próxima con anos de experiencia para poder coñecer como foi a súa infantil e a que se adicou. Entregade as biografías antes do 26 de febreiro.


Unha pequena biografía dunha muller, unha ollada ao pasado, unha homenaxe aos nosos maiores.

As biografías formarán parte dunha exposición para conmemorar o 8M.