Mostrando entradas con la etiqueta #mesturarte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #mesturarte. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2020

#QUEDANACASA LIX: DESPEDIDA DE 5 ANOS

A semana continúa e seguimos coas despedidas.
Hoxe despedimos aos nosos compañeir@s da aula azul, as nenas e nenos de 5 anos. Remata para eles unha aventura para comezar unha nova, xa no "cole de maiores".
Quen diría que levan 3 anos no cole, parece que fai dous días que chegaban e xa son os maiores, dos que tantas cousas aprendimos e tantas veces fixeron de anfitrións.
Pero esta non será unha despedida, só un ata sempre, esta será sempre a vosa escola e esperamos vervos de novo, na biblioteca, no espazo fedelleiro vindo a ler contos...
Ademáis temos algo pendente... unha despedida!!!
sabemos que este foi un ano difícil para tod@s, pero seguro que nos fixo máis valentes!!!
Un bico enorme para todos, e por favor, non olvidedes a vosa escola de barrionovo!!!
💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙
Esperamos que desfrutedes do video!!!


E para que sempre os recordedes aquí tedes a súa orla
E recordades o desfile exipcio?
Pasámolo de medo!!!



Ata sempre!!!!

miércoles, 17 de junio de 2020

#QUEDANACASA LVIII: DESPEDIDA DE 4 ANOS

A semana vai avanzando e seguimos coas despedidas deste curso tan singular. 
Hoxe tócalle aos nen@s de 4 anos, hoxe será o seu día, onde recordaremos o seu paso polo cole neste segundo ano para eles.
Bravo polas nenas e nenos de 4 anos!!!
Vémonos en setembro!!

 E os de 4 tamén teñen a súa orla
E recordades cando os masais de 4 anos invadiron a escola?
Foi ben divertido!!


Seguide ben atentos ás sorpresas desta semana!

martes, 16 de junio de 2020

#QUEDANACASA LVII: DESPEDIDA 3 ANOS

Chegan as despedidas e hoxe tócalles aos nen@s de 3 anos.
Recordaremos o seu paso pola escola neste curso tan peculiar.

Fai 9 meses que chegaban a escola, cos seus medos, inquedanzas...
non coñecían a escola, as profes, a clase, @s nen@s... pero pouco a pouco foron facendo amig@s, collendo confianza e...
 comezou a diversión!!! 
Pasando a formar parte da familia de barrionovo

Esperamos que o desfrutedes!!

E coma hoxe vai de recordos... aquí tedes a vosa primeira orla da escola.


lunes, 15 de junio de 2020

#QUEDANACASA LVI: ENCONTRO DESPEDIDA DO NOSO PROXECTO

Bo día familias!!

A nosa viaxe está chegando ao seu fin. unha viaxe que comezamos fai xa 9 meses!!! alá polo mes de setembro chegábamos a escola, e  comezábamos a nosa viaxe polo mundo.

Esta semana estará adicada as despedidas, hoxe despediremos o noso proxecto anual #mesturarte, que comezaba cunha viaxe virtual ao redor do mundo, buscando e coñecendo novas civilizacións e culturas.

Para esta investigación acudimos a nosa biblioteca, a axuda das familias, pescudas na rede, os compañeir@s...

Coñecimos os masais, exipcios, korowais, inuits... e compartimos as nosas investigacións
(preme na imaxe para recordalas)

E hoxe queremos compartir convosco un resumo de tódalas pescudas, que comezaron no cole, e seguiron na casa, coa vosa gran axuda.

Esperamos que o defrutedes!!!




Grazas a tod@s polo esforzo neste trimestre!!!

domingo, 24 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: Tribu india #mesturarte II

O noso proxecto non para! Investigamos...Os indios americanos
Cultura, vivenda, costumes...
E a tribu de barrionovo... segue crecendo







martes, 19 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: ARTE E ARQUITECTURA

Hoxe coñeceremos a rinus roelofs, matemático e escultor.
Traballa con figuras xeométricas, coas que crea esculturas incríbles en metal, madeira, papel, impresión 3d...
Algunhas das súas esculturas lémbrannos a xogos de construción en 3d con pezas encaixables.
Con un pouco de imaxinación poderemos elaboralo na casa


 Anímate e constrúe o teu propio xogo!


jueves, 14 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: RETO MUSEO BELAS ARTES

"Imitando un cadro do museo de belas artes"

Xa temos as primeiras obras de arte!!


SE TE ANIMAS TES QUE:
1.ESCOLLER UNHA DAS OBRAS DO VIDEO
2. REPRODUCILA CON IMAXINACIÓN
3. ENVIALA COS TEUS DATOS A: 
mu.belas.artes.difusión@xunta.gal

sábado, 9 de mayo de 2020

sábado, 2 de mayo de 2020

viernes, 1 de mayo de 2020

jueves, 30 de abril de 2020

#QUEDANACASA: #mesturarte

Xa sabedes a canción de Ani Kuni?
Pois agora a  india sisika vaivos dar un truco para facer a vosa frauta (un dos instrumentos que tocaban os indios)


Se queredes facer unha frauta máis profesional, mirade este vídeo.


Ademáis, podedes viaxar a través deste mapa a outros países e descubrir os seus instrumentos musicais máis representativos! 


sábado, 25 de abril de 2020

#QUEDANACASA: Novo reto #mesturarte

MÚSICA


A nosa caravana da música non para de viaxar!!! esta vez clave de sol e clave de fa invitaron a un amigo moi coñecido a súa próxima viaxe... cal será o seu destino?




Queredes ser uns auténticos indi@s coma sisika e tiwa? vestidevos de indi@s, bailade a súa canción e pensade o voso nome indio! Podedes mandar un vídeo presentándovos nos dous idiomas ou unha foto co voso nome indio!

E ti!... Queres ser un auténtico indi@?
Anímate!!!

viernes, 17 de abril de 2020

#QUEDANACASA XVII: Cada día un conto e os Venres...EnCurta

Este venres coñecemos algo máis a cultura India, que estamos a investigar, a través deste fragmento de Disney 


E para coñecer máis cousas dos indios preme na imaxe para desfrutar deste magnífico conto da man de Paco Nogueiras

martes, 14 de abril de 2020

Proposta artística desta semana: WE MAKE CARPETS

"UNHA FESTA PARA OS OLLOS E UN DESAFÍO PARA A MENTE", así presentan a súa obra
Bob Waardenburg, Stijn Van der Vleuten e Marcia Nolte pasaron os últimos anos transformando obxectos e materiais do noso día a día en auténticas obras de arte.
Reivindican que estamos a perder o gusto por gozar do que nos rodea, por iso queren revalorizar a súa calidade, deseño, natureza, ensejo, cores... xa que están a perder a súa belleza debido ao descuido con que o usamos e a facilidad con que os tiramos.
Estes tres artistas holandeses primeiro pensan no material e no espazo e aí empeza... A obra de arte, unha alfombra con elementos coma esponxas de fregar, pinzas da roupa, parafusos, botóns...
Son alfombras construídas a man con materiais cotiáns, cunhas combinacións extraordinarias. O máis curioso é a súa capacidade de ofrecer nas súas obras elementos sorpresa unha e outra vez, transformando objetosAdo día a día en absolutas obras de arte.
Atrevédesvos a adiviñar de que están feitas?







E agora... eres quen de facer a túa alfombra con materiais de refugallo que atopes pola casa?
Saca unha foto e envía a túa obra de arte ao noso correo 
abibliobn@gmail.com

viernes, 3 de abril de 2020

#QUEDANACASA XIII: Cada día un conto...ou Curta "Bat Time"

Hoxe, coma tódolos venres na bibliobn temos encurta,
no mundo existen millóns de especies e tipos de animais diferentes pero hoxe imos descubrir cales fan vida nocturna, dormen de día e durante a noite saen dos seus agochos aproveitando que os seus depredadores descansan, ou para cazar máis fácilmente ás súas presas.

Queredes coñecelos?
Preme nos enlaces do mapamundi
Se queres seguir investigando e coñecer máis cousas do teu animal favorito podedes completar esta ficha

Aí vai un exemplo:

lunes, 30 de marzo de 2020

#QUEDANACASA: Proxecto #mesturarte

A SEMANA PASADA PUBLICAMOS O RESULTADO DA ENQUISA DO NOSO PROXECTO #MESTURARTE, NA QUE SAIU GAÑADORA "O TIPI"

AGORA TOCA COMEZAR AS PESCUDAS, A PRIMEIRA PREGUNTA QUE NOS PODERÍAMOS FACER É "QUE É UN TIPI?"
  1. BUSCAR E VER IMAXES DE TIPIS E AVERIGÜAR QUE SON, FALAR DELES...
  2. DEBUXAR UN TIPI (QUE FORMA TEN? A QUE SE PARECE?), ESCRIBIR A PALABRA "TIPI" (INSISTINDO NOS SONS DE CADA LETRA). PERFILAR CON ROTU O DEBUXO E COLOREAR. POÑER O NOSO NOME POR DETRÁS.
  3. ENVÍANOS O DEBUXO DO TEU TIPI PARA COMPARTIR COS COMPAÑEIR@S

viernes, 27 de marzo de 2020

#QUEDANACASA: Proxecto #mesturarte

NESTES DÍAS ESTIVEMOS A FACER UNHA ENQUISA PARA SABER QUE VOS GUSTARÍA INVESTIGAR E VELAIQUÍ O RESULTADO....

ESTIVO BEN AXUSTADO PERO GAÑA... O TIPI INDIO!
DE SEGUIDA COMEZAREMOS A PEDIRVOS INFORMACIÓN, ESTADE BEN ATENTOS!!

jueves, 26 de marzo de 2020

#QUEDANACASA VII: Cada día un conto "Rato de campo e rato de cidade"

De viaxes vai a nosa historia...pero ás veces volver a casa é necesario. De iso vai este conto...

Proposta: falar do que mais nos gusta da casa, do que mais nos gusta da escola, do que mais nos gusta de estar fóra....