Mostrando entradas con la etiqueta Videoconferencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Videoconferencia. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de abril de 2021

Mes do Libro 2021: Anímate a Ler na BiblioBN

Neste mes do libro non queremos perder o costume de ler contos na nosa biblioteca polo que queremos convidarvos a que o fagades dende a casa, a través de videochamada ou enviando o voso vídeo.
Anímate!!


E neste mes do libro renderemos especial homenaxe ao cómic infantil, polo que... 
E ler un cómic??

lunes, 30 de noviembre de 2020

PECHE MES DA CIENCIA

 Hoxe pechamos o mes da ciencia da BiblioBn cunha entrevista, ao redor do coronavirus, dos nen@s da Aula Laranxa a Doutora Patricia Mosquera, médico de urxencias.

Con ela resolvemos moitas dúbidas e soubemos de primeira man cómo se traballa nas urxencias dun hospital.

Moi interesante!!

Grazas!!






sábado, 14 de diciembre de 2019

Encontro "Mes da Ciencia" Biblioteca EPB-BiblioBN

Estes días tivemos un marabilloso Encontro por Videoconferencia cos nen@s da biblioteca EPB do CEIP Emilia Pardo Bazán para compartir os nosos experimentos do Mes da Ciencia.
Aquí deixámosvos o video do Encontro realizado pola biblioteca EPB.


Grazas!! Repetiremos!!


martes, 18 de diciembre de 2018

Encontro #somosdemonte "As familias contan": Videoconferencia co tío de Artai

Este luns tivemos a sorte de falar por videoconferencia co tío e padriño de Artai, que ten unha profesión moi de monte, coma o noso proxecto. É Enxeñeiro Forestal polo que nos falou da súa profesión, en que consiste, como nos benefician os montes, como os debemos coidar e que cousas podemos facer para contribuír a sostenibilidade dos mesmos e do planeta.
Tamén preguntámoslle algunha cousa e máis falamos doutras que aprenderamos co noso proxecto.
Moitas grazas por participar, aínda estando lonxe!!!
Grazas por aportar tanto ao noso proxecto e aprender en comunidade.
E aínda que esteamos lonxe...faremos chegar o agasallo da Bibliobn.

miércoles, 10 de mayo de 2017

Encargo ·3D

Hoxe recibimos un encargo por videoconferencia. O alumnado de Educación Infantil do CEIP Canosa Rus pediunos que lle imprimisemos en 3D os premios que deseñaron para o seu Festival dos Soñadores.



jueves, 26 de enero de 2017

Onde se Encontran os Escornabots?


Queremos saber ...

Queremos saber onde viven os escornabots...

Quermos saber que están a facer outros coles...

E arrancamos cun fantástico Encontro cos nenos e nenas de 5º de EP do CEIP Canosa-Rus.
Desde a Leotecae coa axuda de Diego, amosáronnos un fermoso traballo co Guernica para o Día da Paz. Tamén vimos o proveitoso que resulta facer cousas en grupo ... orixinais plantillas e disfraces para o Escornabot...

Estupendo traballo !!!
GRAZAS por compartilo!!!