Mostrando entradas con la etiqueta Producto Final PDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Producto Final PDI. Mostrar todas las entradas

sábado, 27 de junio de 2026

PRODUTO FINAL PDI: A CÁPSULA DO TEMPO

 Rematamos o curso cunha xornada no Monticaño, onde pechamos a nosa cápsula do tempo.

-Espiral do aprendido no curso 25-26

-Alumnos e alumnas do curso 25-26

-Foto de alumnas de 1972

-Conto ilustrado no curos 25-26

- Xornal do 19 de Xuño de 2026.








miércoles, 10 de diciembre de 2025

CARTAZ NADAL

 

 Despois de aprender moito da escritura e os inventos relacionados, poñemos en marcha o deseño do cartel da festa de Nadal, onde queremos escribir utilizando diferentes inventos

- IMPRENTA

-LÁPIS/ROTUS

-MÁQUINA DE ESCRIBIR.

Eleximos a información, o tipo de escritura para cada parte do texto, e quen fará cada parte...







jueves, 22 de mayo de 2025

PRODUCTO FINAL PDI: INTERVENCIÓN ARTÍSTICA NA COMUNIDADE


 A través desta escultura de refugallo queremos visibilizar a cantidade de plásticos que xeneramos a diario, principalmente nas merendas. Asímesmo concienciarnos da necesidade se reciclalos e fundamentalmente non tirar ao chan, xa que estes poden rematar finalmente no Mar.

O traballo da saúde ambiental é un dos obxectivos finais  do noso proxecto e a cal repercutirá no benestar da nosa saúde xeral

martes, 18 de junio de 2024

Rematando Perigo!Natureza

 

 REMATAMOS O PROXECTO DO CURSO 23-24 FACENDO UNHA ACCIÓN DIRECTA NO BARRIO. 

PARA QUE A NATUREZA PERDURE, HAI QUE COIDALA. 

OS NOSOS CARTEIS XA SON VISIBLES NO BARRIO.










miércoles, 12 de junio de 2024

EncontRos BN: Ce orquestra Pantasma


 E para rematar o noso proxecto convidamos á escola a César de Orquestra Pantasma co seu espectáculo “A voar” o cal recolle canción traballadas este curso e coas que fumos ilustrando e dando forma ao noso PDI.

E coma non podía ser doutra maneira convidamos ás familias a desfrutar desta actividade coma peche do noso Proxecto



Romaría “Perigo Natureza”

 Cunha romería das canción traballadas este curso, a gran estrea do noso novo hit “Perigo!…Natureza” (interpretado por David, Alejandro e Triny e dirixido pola mestra Lara) e presentación dos carteis de concienciación medioambiental (que colgaremos estes días pola parroquia) pechamos o noso PDI 

Perigo!…Natureza!”

Grazas familias pola colaboración ao longo de todo o proxecto!

En especial ao noso grupo “Lacón con grelos” que interpretou a canción “Perigo!…Natureza” 

(de edición propia)

Guitarra principal: David González

Guitarra Rítmica: Alejandro Tobío

Voz principal: Triny Alvarado

Dirixidos por: Lara Fernández


GRAZAS!!

miércoles, 5 de junio de 2024

Preparando o Producto Final “Perigo!…Natureza”

Os nenos  e nenas da aula laranxa levamos todo o terceiro trimestre falando e reflexionando sobre a importancia da concienciación medioambiental e consideramos que o mellor  xeito de plasmar todo o aprendido era facendo unha acción medioambiental que impactara na vida do noso barrio.

Despois de pensar naquelas cousas que poderiamos mellorar nas nosas rúas, dispuxémonos a facer os carteis empregando o papel dos xornais que levamos lendo ao longo de todo o curso.



E hoxe fixemos a pegada destes carteis elixindo entre tod@s os sitios máis significativos onde colocalos.

"Poñer unha pedra nas papeleiras para que non saian voando as bolsas e o lixo"

"Non tires aquí o lixo, bótao na papeleira"


"Recolle as cacas do teu can"


"Pon cada cousa no seu contedor"

"Usa as papeleiras", "Non tires chicles ao chan", "Usa menos auga e luz"


Agora ás familias quédavos a misión de atopar estes 7 carteis coa axuda dos vosos peques e seguir as nosas recomendacións para coidar o barrio.

martes, 6 de junio de 2023

Producto final: Elaborando as nosas bolsas de refugallo

Estes días estamos a elaborar bolsas de refugallo a partires das lonas dos nosos proxectos.
Nestas bolsas levaremos os nosos traballos deste curso





Reciclando as lonas from biblio BN on Vimeo.

miércoles, 22 de junio de 2022

Expo #barrionautasEastronovos

Queres ver a exposición?

Adiante!! 

MERGÚLLATE!

 

E así o desfrutaron as familias!




Grazas familias por facer ESCOLA!!




domingo, 19 de junio de 2022

Expo #barrionautasEastronovos: Invitación

Este Martes estades tod@s convidados a Expo #barrionautasEastronovos que terá lugar no Espazo Fedelleiro nas seguintes quendas:
-10:00h Familias Aula de 3 Anos
-11:00h Familias Aula de 4 anos
-12:30h Familias Aula de 5 anos
Esperámosvos!!


Así a preparamos!