A pasada semana a profe María trouxo ao cole a súa investigación sobre o lume: como o descubriron na prehistoria, que elementos naturais empregaban para poder facelo, os diferentes usos que tiña...
Mostrando entradas con la etiqueta Alfin. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alfin. Mostrar todas las entradas
martes, 11 de abril de 2023
martes, 4 de abril de 2023
ENCONTROS BN: COMPARTINDO INFORMACIÓN: AS FERRAMENTAS NA PREHISTORIA
Esta semana o Espazo Fedelleiro encheuse de elementos prehistóricos. A profe Silvia trouxo a súa investigación sobre as ferramentas ao longo da Prehistoria, e como estas foron evolucionando. Descubrimos que elementos empregaban para recolectar, cazar, sobrevivir... como os utilizaban e quen.
Etiquetas:
#pegadasocultas,
Alfin,
Encontros,
información,
Prehistoria
miércoles, 29 de marzo de 2023
Encontros BN: Chegou O Paleolítico “Croniñon”
Celebramos o día do teatro cunha adaptación teatral do conto Croniñon, de Gay Michel, da editorial Corimbo
A través dela tentamos achegar aos máis pequenos a este momento da historia, dun xeito máis divertido, motivador e visual, que seguramente recordarán e interiorizarán
De seguido o conto completo
E por último, a canción máis de moda neste días no cole, “Churrasco de Mamut” de Pakolas
Etiquetas:
#pegadasocultas,
Alfin,
Encontros,
Espazo Fedelleiro,
Prehistoria,
Teatro
domingo, 26 de marzo de 2023
viernes, 3 de marzo de 2023
A evolución continúa: chegou a extinción!!
Esta semana chega un novo reto da man da BiblioBN, chega a extinción dos Dinosaurios e con ela a evolución doutros mamíferos que pouco a pouco darían nos primeiros humáns.
Pero cómo foi este tránsito?
Etiquetas:
#pegadasocultas,
Alfin,
biblio,
EncontXos,
investigación,
Proxecto,
Reto
martes, 18 de diciembre de 2018
Encontro #somosdemonte "As familias contan": Videoconferencia co tío de Artai
Este luns tivemos a sorte de falar por videoconferencia co tío e padriño de Artai, que ten unha profesión moi de monte, coma o noso proxecto. É Enxeñeiro Forestal polo que nos falou da súa profesión, en que consiste, como nos benefician os montes, como os debemos coidar e que cousas podemos facer para contribuír a sostenibilidade dos mesmos e do planeta.
Tamén preguntámoslle algunha cousa e máis falamos doutras que aprenderamos co noso proxecto.
Moitas grazas por participar, aínda estando lonxe!!!
Grazas por aportar tanto ao noso proxecto e aprender en comunidade.
E aínda que esteamos lonxe...faremos chegar o agasallo da Bibliobn.
Etiquetas:
#somosdemonte,
Alfin,
Encontros,
Proxecto,
Videoconferencia
viernes, 14 de diciembre de 2018
Encontro #somosdemonte "As familias contan": Artai e o seu pai
O pai de Artai visitou a nosa biblioteca para falarnos sobre os cogomelos. Moitas veces van o monte a recollelos. Contounos onde os adoitan atopar, cales se poden coller e algunha curiosidade de cada un deles. Ademáis tróuxonos algunhas mostras dalgúns que recolleran estes días.
Moitísimas grazas por participar!
Cada día aprendemos un montón de cousas novas.
Etiquetas:
#somosdemonte,
Alfin,
Encontros,
Familias,
información,
Proxecto
martes, 11 de diciembre de 2018
Encontro #somosdemonte "As familias contan": Miguel e a súa Nai
Miguel presentóunos, coa súa familia, a información do proxecto #somosdemonte.
Tróuxonos unha representación do Monte Breamo, en Pontedeume. Falounos das especies de flora e fauna que alí podemos atopar. Tamén contaron unha lenda que envolve o monte.
Magnífica presentación coa que aprendimos un montón máis dos nosos montes.
Grazas familia!
Etiquetas:
#somosdemonte,
Alfin,
Familias,
información,
Proxecto
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





