Mostrando entradas con la etiqueta PLAMBE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLAMBE. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de octubre de 2020

English Spot

Grazas á participación da escola no Programa Pluriinfantil e ao Plambe, a nosa biblioteca de inglés está cada vez máis nutrida. 

 Este curso inauguramos o ENGLISH SPOT, un punto no noso Espazo Fedelleiro onde podedes atopar diversidade de contos, xogos e música en lingua inglesa. 

 Este material visita regularmente as aulas da man de Katrina e Jose para que todas e todos gocedes do seu uso.



viernes, 11 de septiembre de 2020

#CamiñanteSIhaicamiño: A BiblioBn

 Estades todos listos para comenzar o noso camiño!! Seguide ben atentos!!

sábado, 26 de octubre de 2019

Lecturas no Canmiño IV

E chegou o día da despedida. O programa Lecturas no Canmiño remata por este curso. Foi un mes cheo de sorpresas, descubrimento, aceptación, tolerancia, agarimos, escoita...e como non de lecturas!






Grazas Marta e Brus!!!
Agardámosvos no vindeiro curso!

domingo, 20 de octubre de 2019

Lecturas no Canmiño III

De novo este venres gozamos da lectura coa axuda, apoio e agarimo de Marta e Brus. Grazas a eles logramos estar cada vez máis tranquilos, interesados, atentos e comunicativos.





Un pracer!!!

lunes, 14 de octubre de 2019

Lecturas no Canmiño II

Despois da primeira sesión de toma de contacto, este venres voltaron Marta e Brus para comezar coas lecturas apoiadas para practicar e mellorar as habilidades lectoras e de comunicación do alumnado.





sábado, 5 de octubre de 2019

Lecturas no Canmiño

Este venres comezamos coas sesións de lectura apoiada por cans da man e patas de Marta e Brus.
Este novo proxecto que comezamos grazas a Bibliotecas Escolares, Xacobeo 2021 e Golfo e Dama, desenvolverase ao longo do mes de outubro en cinco centros PLAMBE.




domingo, 21 de octubre de 2018

Biblioteca Creativa

O venres 19 reunímonos en Compostela (EGAP) mestres dos centros integrados no programa BIBLIOTECA CREATIVA, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, nunha xornada formativa intensa en relación cos contidos deste programa: escornabots, impresión 3D, espazo creativo (espazo maker) na biblioteca escolar.


Alí estivo presente a biblioBN co seu Espazo Fedelleiro para formar a outros mestres coa nosa experiencia e formarnos nós coas experiencias e materiais doutros centros.






Unha xornada de intercambio que resultou moi motivante e inspiradora.

martes, 24 de julio de 2018

PLAN LÍA.2: EEI BARRIONOVO

 VIDEO GRAVADO POLA CONSELLERÍA NA NOSA ESCOLA, NO ÚLTIMO TRIMESTRE DO CURSO 17/18, NO QUE SE DAN A COÑECER AS PRIMEIRAS EXPERIENCIAS NO PLAN LÍA.2.

Bibliotecas LÍA.2, entrega 1: EEI Barrionovo (Arteixo)